12 oct. 2006


E. Wilson, a creación e a ciencia
(Andoliña xoves 12 outubro)
Edgard O. Wilson é un coñecido biólogo e entomólogo norteamericano, introdutor do concepto de Biodiversidade na linguaxe científica. Foi premio Pulitzer dúas veces e asinou estudos como A Natureza Humana e O futuro da vida. Nacido en Birmimgham (Alabama, 1929), chamárono o novo Darwin e é especialista nos sistemas de comunicación das formigas, das que dixo nunha ocasión: "Se os seres humanos desaparecesen mañá, o mundo continuaría; pero se desaparecesen os invertebrados dubido que a especie humana durara máis de dous ou tres meses". Seica non somos tan importantes...
Agora publicou un libro titulado A Creación no que volve chamar a atención sobre o ritmo de desaparición das especies (a metade delas podería extinguirse neste século) e sobre un posible cataclismo no planeta Terra, provocado polo home, semellante ó que foi a extinción dos dinosauros hai 65 millóns de anos. Para evitar ese desastre final, propón unha alianza entre a relixión e a ciencia, "as dúas forzas máis poderosas que existen no mundo", que sexa quen de mobilizar logo a sociedade e os políticos. Só falta que sexa escoitado polos que de verdade teñen poder para conducir (e así nos vai) este mundiño...
(Imaxe do pintor Hashimoto)

4 comentarios:

anómimo político-cultural dijo...

Quen sabe moito do sociobiólogo Wilson é Daniel Soutullo, ao que recentemente lle deron un merecido premio en Barcelona.
Un gran tipo este Daniel, o mesmo que a súa dona e o seu irmán Xosé Manuel.

Jim Morrison dijo...

Wilson é un grande científico, pero, como case todos os intelectuais americáns, un pouco inxenuo e un moito progresista de máis. E, como moitos americáns, moi crente. Compre recordar que el foi o que trasladou o concepto de "xen egoista" de Dawkins, ao estudio dos animais, especialmente dos insectos, cerando a "sociobioloxía", nova "ciencia" que pretende explicar a conducta animal e humana en función da prevalencia do xen. Anque no seu momento foi moi criticado polo marxismo académico, Wilson ten moito interese. Pero as suas teses son discutibles, como discutible me parece, sen tela lido, esa unión de relixións que inxenuamente propón: a relixión tradicional e esa nova modalidade culto que é a ciencia.

marcos valcarcel dijo...

Para Jim Morrison: tamén eu vin con escepticismo esa alianza relixión-ciencias que propón Wilson: quizais peca de inxenuidade, pero cando menos ten ideas, que xa é moito, e vontade de sometelas a debate. Por desgraza, os temas científicos teñen escasa presenza nos medios e non provocarán un gran debate, no que sen dúbida Daniel Soutullo podería aportar moitos argumentos.

Un advertisement dijo...

Daniel Soutullo presentará proximamente en Vigo o libro polo que lle deron o premio en Barcelona. A cousa será na Fundación Carlos Casares e a presentadora vai ser a conselleira de Educación, que é tamén xenetista.