20 oct 2006



Franco lexionario.

Di Paul Preston que Millán Astray foi a persoa que máis influencia exerceu na formación moral e ideolóxica de Franco: nomeouno o seu segundo xefe e comandante de campo e upouno a dirixir a Academia Militar de Zaragoza. De Franco soldado en África tamén quedan historias lóbregas: el mesmo lle contou ó seu curmán como ordenou fusilar a un lexionario por non gardar o respecto a un superior por un incidente insignificante arredor da comida.
Na Lexión adquiriu Franco a teoría nacional-militarista que logo impuxo dende o poder: odio ó liberalismo e o Exército, encarnación da patria.
En 1906, un ano antes de iniciar Franco a súa carreira militar, Millán Astray casaba con Elvira Gutiérrez de la Torre, filla dun xeneral. Ó rematar a voda, “Elvirita” díxolle que xurara castidade de por vida e así foi: converteuse en criada do seu marido para sempre xamais.
(Imaxe: "Franco, o asasino", de Luís Seoane, do álbum Trece estampas de la traición).

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Un poema dedicado a Franco de León Felipe


HAY DOS ESPAÑAS

Hay dos Españas: la del soldado y la del poeta. La de
la espada fraticida y la de la canción vagabunda. Hay
dos Españas y una sola canción. Y ésta es la canción
del poeta vagabundo:

Franco, tuya es la hacienda,
la casa
el caballo
y la pistola.
Mía es la voz antigua de la tierra.
Tu te quedas con todo y me dejas desnudo y errante por
el mundo…
Mas yo te dejo mudo… ¡mudo!
Y ¿cómo vas a recoger el trigo
y a alimentar el fuego
si yo me llevo la canción?


Luis Felipe, “Nueva Antología Rota”, México, Finisterre Editores, 1975, 2ª ed., p. 181. (mercada por 180 pesetas na “trastenda” de Tanco o mes de decembro de 1975 por consello do poeta Antón Tovar).

Marcos Valcárcel López dijo...

Algún día debería escribir vostede, señor APC, sobre o papel desa trastenda da Libraría Tanco e don Antón Tovar: que libros mercaban? como chegaban aló? como se informaban de cales eran os máis interesantes?