15 oct 2006


O valor dun xesto:
Unamuno



O pasado venres cumpríronse 70 anos dun dos xestos máis notables da nosa historia: foi nese día, 12 de outubro de 1936, cando Unamuno pronunciou o seu memorable discurso no paraninfo da Universidade de Salamanca, onde era rector, reposto polo franquismo. Con aquelas palabras que seguen vivas: “La nuestra es una guerra incivil. Nací arrullado por una guerra y sé lo que digo. Vencer no es convencer y hay que convencer sobre todo, y no puede convencer el odio que no deja lugar para la compasión; el odio a la inteligencia, que es crítica y diferenciadora, inquisitiva, más no de inquisición”. En resposta ó discurso do señor Maldonado, Unamuno impugnaba con valentía todo o argumentario franquista: a AntiEspaña, o desprezo ós intelectuais, o ¡Viva la Muerte! de Millán Astray. Un momento único: o intelectual pon a verdade por diante da propia vida. NOTAS: Sobre este tema escriben na rede Iñaqui Anasagasti, Pilar Rahola e o Instituto Cervantes. Magnífico, asimesmo, o artigo de Patxo Unzueta o día 12 en El País: "La carta que quemaba las manos de Unamuno".Curiosamente, a foto de Unamuno e Millán Astray no Paraninfo saqueina dunha páxina da legión !!!(www.lalegion.com), que tamén conta o incidente ó seu xeito.As súas palabras dirixidas a Millán Astray: Todos estáis pendientes de mis palabras, comenza despacio Don Miguel.Todos me conocéis y me sabéis incapaz de callar. No aprendí hacerlo en los setenta y tres años (sic) de mi vida. Y ahora no quiero aprenderlo. Callar, a veces significa mentir porque el silencio puede interpretarse como aquiescencia. Yo no podría sobrevivir a un divorciado entre mi conciencia y mi palabra que siempre han formado una excelente pareja.Voy a ser breve. La verdad es más verdad cuando se manifiesta desnuda, libre de adornos y de palabrería. Quisiera comentar el discurso- por llamarlo de alguna forma- del general Millán Astray, quien se encuentra entre nosotros..Dejemos aparte el insulto personal que supone la repentina explosión de ofensas contra vascos y catalanes. Yo nací en Bilbao, en medio de los bombardeos de la segunda guerra carlista. Más adelante me casé con esta ciudad de Salamanca, tan querida, pero sin olvidar jamás mi ciudad natal. El obispo quiéralo o no, es catalán nacido en Barcelona (se refiere a Plá y Deniel).? Acabo de oir el grito necrófilo y sin sentido de ¡Viva la Muerte!, Esto me suena lo mismo que ¡Muera la Vida!. Y yo que he pasado toda la vida creando paradojas que provocaron el enojo de los que no las comprendieron, he de deciros, con la autoridad en la materia, que esta ridícula paradoja me parece repelente. Puesto que fue proclamada en homenaje al último orador, entiendo que fue dirigida a él, si bien de una forma excesiva y tortuosa, como testimonio de que él mismo es un símbolo de la muerte. ¡Y otra cosa!. El general Millán Astray es un inválido. No es preciso decirlo en un tono mas bajo. Es un inválido de guerra. También lo fue Cervantes. Pero los extremos no sirven como norma. Desgraciadamente hay hoy demasiados inválido en España. Y pronto habrá si Dios no nos ayuda... Me duele pensar que el general Millán Astray pueda dictar normas de psicología de las masas. Un inválico que carezca de la grandeza espiritual de Cervantes, que era un hombre ?no un superhombre- viril y completo a pesar de sus mutilaciones, un inválido como dije, que carezca de esa superioridad del espíritu, suele sentirse aliviado viendo como aumenta el número de mutilados alrededor de él.El general Millán Astray no es uno de los espíritus selectos, aunque sea impopular o, quizá por esta misma razón porque es impopular. El general Millán Astray quisiera crear una España nueva-creación negativa sin duda- según su propia imagen. Y por ello desearía ver España mutilada, como inconcientemente dio a entender.

14 comentarios:

Anónimo dijo...

No último libro de Alberto Reig Tapia ("La cruzada de 1936. Mito y memoria", Madrid, Alianza, 2006) hai un capítulo sobre este tema titulado "Inteligencia y política: el intelectual inorgánico"(pp. 289-335). Pero aínda non tiven ocasión de lelo.

Marcos Valcárcel López dijo...

Grazas pola súa aportación: serviume para preparar o artigo de mañá, que colgarei nesta bitácora.

bouzafria dijo...

No capítulo adicado a Millán Astray no libro de Paul Preston "Las tres Españas del 36" relátase con minuciosidade o incidente. Destácame a actitude covarde de Pemán.

Marcos Valcárcel López dijo...

En efecto, teño o libro de Preston na casa, e xa o lera, pero non me lembraba: no capítulo 2, Millán Astray, el novio de la muerte, fálase deste suceso. De todos os xeitos, mañá colgarei un novo artigo tras consultar, por consello de APC, o excelente libro de Reig Tapia, que lle dedica unhas 50 páxinas a Unamuno neses días.

Anónimo dijo...

Alégrome que, cando menos algunha vez, algún comentario meu lle valla para algo.
Un saúdo.

Anónimo dijo...

Aínda estes días tiven ocasión de ler nun destes foros de internet unha alusión despectiva a Unamuno, a quen un internauta, seguramente moi novo e pouco informado, aliñaba no bando fascista polo seu comportamento na Guerra Civil. Eu lembrei esta actuación no Paraninfo da Universidade de Salamanca, que é un exemplo imperecedeiro de vigor moral e tamén de valentía física, un dos episodios máis nobres, verdadeiros e inequívocos da Guerra Civil. Nunca me atraeu Unamuno como escritor, pero de haber alguén que en todo o século XX español mereza o calificativo de INTELECTUAL COMPROMETIDO (comprometido honestamente coa verdade) ese foi Unamuno. Talvez por iso mesmo viviu e morreu nun mar de dúbidas. Pero o 12 de outubro de 1936 non dubidou e dixo o que aquela xente tiña que oir.

Anónimo dijo...

Así é, Leituga 1, así é. Tal como vostede o di.

Xa me gustaría a min ver a algúns que hoxe se van riscando hipocritamente as vestiduras e que van de puros e castos cómo actuarían nun momento así.

Témome que, moitas veces, a botaratada é o encubrimento dunha profunda covardía.

Anónimo dijo...

Nesta liña, os artigos de Santos Juliá e J.C. Mainer, publicados este pasado sábado no suplemento de cultura de "El País", poñen o punto sobre moitos ís. Absolutamente recomendables, ao meu ver.

Marcos Valcárcel López dijo...

Para Bouzafría (e con retraso): veño de deixarche este comentario no teu blog, no teu post titulado "Ervedelo, Reza":
Non lin este texto no seu momento: canto o sinto! Xa quedei apampado ó verte falar de Ervedelo e Reza, temos raíces comúns, pensei (por parte da miña nai). Pero, ademais, na segunda parte do texto, falas dos meus avós, o sr.Benxamín e a sra. Carme, e das súas fillas Pura e Dora, as miñas tías (a terceira filla é miña nai, Carme). E, xa que logo, a Mónica dos teus amores preadolescentes é a miña prima e o seu pai chámase Carlos: non sei se Dyan 6 do que falas era del ou o do meu pai, de cor amarela; en calquera caso eu aprendín a conducir nun dous cabalos da citroen e logo nese dyan 6. En fin, que estás falando tamén da miña infancia e creo que non nos coñecemos en persoa (ou si?, eu son moi despistado para estas cousas, perdoa). Déchesme unha gran alegría con este post e non podo máis que mandarche unha gran aperta.

Ra dijo...

En casa tengo una foto(copia) preciosa colgada de esos días, con Unamuno como inconfundible protagonista, con el siguiente pie: LOS INTELECTUALES TOMAN POSICIONES. LLevaba unos días pensando hacer mención en mi humilde blog, a su figura y su repercusión. Me encantaría enlazar este artículo tuyo, si cuento con tu beneplácito.Hasta entonces, un saludo.

Marcos Valcárcel López dijo...

Para "ra": por suposto, contas co meu permiso para facer esa ligazón e, ademais, agradézocho vivamente. Un sáudo moi cordial dende Auria.

Anónimo dijo...

Se non me engano, creo terlle escoitado a Isaac Díaz Pardo que el estaba presente en Salamanca cando o besta parda este dixo aquilo de "Viva la Muerte" e o incidente posterior e non sei qué da muller de Franco. ¿Alguen sabe algo disto?

Anónimo dijo...

Paréceme imposible iso que comenta asian damos sobre Isaac, que daquela era un adolescente que non debía ter máis de trece anos. O que si é certo é que foi Carmen Polo, a muller de Franco, a que salvou a Unamuno aquel día dunha morte case segura, ou ben por un disparo dalgunha daquelas bestas exaltadas ou ben por un posible linchamento. Cando parecía que era isto último o que se ía producir, ela achegouse a el, colleuno do brazo e sacouno de alí.
O que pasa é que Isaac -cousas de Isaac- sempre lle tivo lei a Carmen Polo, da que dicía e di que era "unha auténtica señora".

Marcos Valcárcel López dijo...

Por suposto, é imposible que Isaac estivese en Salamanca, entre outras cousas porque pouco antes lle acababan de matar o seu pai, Camilo Díaz Baliño, e creo entender que el mesmo andaba medio escondido, polo Ferrol ou algo así...