
Roteiro irmandiño polos castelos de Galicia
Xabier Feixóo, do concello de Sandiás, está a traballar conxuntamente coa xente de Cultura Galega.org, na organización dunha especie de Tour irmandiño, isto é un
roteiro irmandiño polos castelos de Galicia, que revalorizaría lugares como o castelo de Moeche, a torre dos Andrade en Pontedeume, o castelo medieval da Rocha en Compostela, os de Soutomaior, Monforte de Lemos, Monterrei, etc : velaí o proxecto, que parece do maior interese.
2 comentarios:
Graciñas, Marcos. A parte mais interesante é a situación xeográfica dos escenarios da
revolta irmandiña no que calquera pode marcar os lugares relacionados cos
irmandiños, polo de agora hai 81 lugares relacionados ca revolta irmandiña, moitos destes lugares eran castelos que endexamais se voltaron a reconstruir despois de 1467.
http://www.culturagalega.org/extra_interactivo.php?titulo=A%20ruta%20dos%20Irmandiños%20&id=16495&id_nova=8481
Xavier traballa cunha paixon que moi ben farían en ter os funcionarios. A sua páxina, non oficial pero que teria que selo, de Sandiás é o mellor exemplo.
Publicar un comentario