18 nov 2006


Adrián Solovio…

O próximo venres terá lugar, no Paraningo da Facultade de Xeografía de Historia da Universidade de Santiago (ás 19 horas), a lectura do discurso de ingreso de Ramón Villares Paz na Real Academia Galega, co tema “Fuga e retorno de Adrián Solovio. Sobre a educación sentimental dun intelectual galeguista”, a quen responderá en nome da Academia o escritor Víctor Fernández Freixanes.

Os que nos consideramos os seus discípulos (con permiso) e, dende logo, si admiradores da súa obra e amigos da súa persoa, estamos de noraboa.
E estamos seguros de que este discurso será unha peza literaria moi coidada e dun altísimo rigor intelectual, porque ese é o estilo habitual do seu autor en todos os seus textos (orais e escritos).

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Tiven o privilexio de ler unha primeira versión ampliada deste discurso, e acredito que cumpre todas as características que enumera Marcos Valcárcel. Trataremos de estar en Compostela para arroupar a Ramón Villares na súa merecida cadeira na RAG. En todo caso, os nosos parabéns, mestre.

Anónimo dijo...

Sabe alguen si a sesión e aberta ou precisase invitación???

Marcos Valcárcel López dijo...

Eu recibín invitación, pero nos discursos de ingreso na RAG que asistín ou doutros que me contaron nunca houbo problemas a este respecto e a asistencia era aberta (p.ex. os de Alonso Montero ou Manuel María). O local non é moi grande (o Paraninfo) pero oxalá estea cheo.

Anónimo dijo...

Cheo vai estar, sen dúbida...
E se poñemos un bus desde Auria?
Así podemos beber en plan Lagarada e homenaxear ao noso don Ramón...

Anónimo dijo...

Eu non tiven a fortuna de ser o seu alumno, pero Ramón Villares sí que é un intelectual íntegro. Boa persoa, xeneroso, e sabio. Qué máis pode pedir Galicia da súa xente?