19 nov. 2006


Sesenta anos: un mestre de ilusións
PAN POR PAN domingo 19 novembro
Se as miñas fontes de documentación non están erradas, cumpre hoxe 60 anos o meu amigo Benito Losada, o director da Casa da Xuventude. E está neste curruncho porque o merece, non por ser o meu amigo, senón porque toda a súa vida está rodeada de amigos e amigas entre as xentes de Auria. Veu dende o seu Lugo natal e leva aquí trinta anos, nunha xa longa andaina construída a base de sementar amizades, abrir fiestras, tender pontes e dignificar a cultura e a mocidade na cidade. Hai días que temos a mala sorte de ter que soportar a algún mal bicho, pero o certo é que moitas das persoas que nos rodean son boas persoas e traballan xenerosamente por iso que chamamos ben común. Benito é desas persoas: un “mestre de ilusións”, como o definiu Roberto Verino na homenaxe que lle fixemos a Benito no 2001. Que non morran nunca esas ilusións. E feliz aniversario.

5 comentarios:

anónimo político-cultural dijo...

Reciba tamén os meus parabéns nun día tan sinalado. Sesenta anos? Non o podo crer. Se parece un mozo de trinta!

Benito Losada dijo...

Eu que pensaba disimular e non facer caso da data!
De todos os xeitos moitas gracias. A verdade é que só polos amigos xa compensaría deixar Lugo e virse para Ourense
Benito

Anónimo dijo...

noraboa e moitos mais
marcialg

Etxeokeai dijo...

Noraboa.
E se non poden ser sesenta veces sesenta, que o sexan só dúas.

Anónimo dijo...

Parabéns para Benito, non sei si é por estar na CASA DA XUVENTUDE pero o certo e que está como un rapaz. Unha aperta e que cumpla moitos máis.