10 nov 2006


Axentes da causa do galego
(Andoliña 10 novembro)
Comezaron antonte, en Ourense e na Coruña, unha serie de Seminarios de Dinamización Lingüística no Ensino que organiza a Secretaría Xeral de Política Lingüística en todas as cidades galegas. Sempre é bo poñer en contacto as persoas que están a traballar pola galeguización do ensino dende os Equipos de Normalización e o interese destes Seminarios quedou referendado polas case seiscentas persoas matriculadas en todo o país. Os asistentes poderán conversar con xentes como Ferro Ruibal, Fernández Paz, Carlos Varela, Clodio González ou Afonso Monxardín, todos comprometidos de vello coa causa do idioma. E tamén cun amplo número de profesionais que cada día articulan valiosas estratexias e novas metodoloxías nas aulas
Debemos recoñecer que moitos dos asistentes xa están de seu empeñados nesa mesma causa: a galeguización do ensino, e que quizais o noso problema sexa como actuar sobre aqueles que non asisten a estes seminarios nin a outros semellantes. En calquera caso, ademais de facer cumprir as leis (tamén no que á lingua se refire), quero subliñar que a galeguización dos centros de ensino necesita destes axentes: sen eles, sería imposible sequera soñar un futuro máis noso.
(Imaxe: Maternità, de F.Murer)

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Preciosa maternidade a pastel: nai e fillo, a nosa lingua e nós. Unha nai nunca deixa a un fillo, e viceversa.

Anónimo dijo...

Cantas persoas non están matriculadas? seica son multitude. Se os que van xa están empeñados na mesma causa...por qué facer os Seminarios? Imos, pois, á misa?
Cuidado co nome de Axentes: lin a nova pensando que ían poñer comisarios para a normalización.