LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 6 días
Na vella Auria un recuncho para a reflexión, o lecer e o pensamento. Unha fiestra aberta ao mundo dende aquela vella sentenza de don Vicente Risco: "Ser diferente é ser existente".
15 comentarios:
Home, tampouco dramaticemos en exceso!
Quen desexe ler as cartas de Castelao sen gastar un peso pode acudir a calquera biblioteca pública. E, se non, que rasque un pouco o peto e que merque o libro, que tampouco é tan caro.
Por moitas edicións "baratas" que fagamos, non por iso a xente vai ler as cartas se non quere ou non lle interesa.
O Epistolario custa 27,80 euros. Non creo que sexa un prezo tan prohibitivo, digo eu.
Ollo coas cartas de Castelao.
Teñamos en conta que as cartas son comunicacións inmediatas e sen pretensións de pasar á posteridade. Un pode escribir A, para agradar a A se quere algo dese A e usa esa táctica de aproximación... ou expresar un exabrupto momentáneo sen máis... E temos todos a tendencia a usar as cartas dos defuntos como opinións irrefutables do seu pensamento permanente.
Dito isto, lembro dúas cartas perigosísimas de Castelao.
Unha na que falaba da guerrilla antifranquista alcumándoos de "lobos que andan no monte" e dicindo que se Franco non acababa con eles era porque lle conviña para xustificar a represións, etc. E que eles, os galeguistas, eran xente honrada que sempre dera mostras de sensatez e non "como eses como lobos, etc.". Vid. A nosa Terra no extra de Castelao desde América. Creo que é unha carta a Aguirre.
Outras cartas, as relacionadas co PG de despois da guerra, na que vemos a un Castelao moi afastado dos do interior e mesmo agresivo... "Quérenlle ensinar a un pai a ter fillos", etc. no libro que sacou o Xavier Castro.
Non creo que haxa que publicar m'ais. Polo menos non creo que a xente lea mais, se mais se publica.
Home, publicar si, pero con tino, non polo simple vicio de publicar por publicar. Por exemplo, non creo que, en principio, teñan moito interese as cartas de Otero a súa nai. Papel gastado, coido.
Agora ben, si hai que publicar todos os epistolarios posibles que teñan un razoable interese para a historia cultural ou política. Pero con criterio, acompañados dunha edición crítica, que explique o contexto das cartas. Claro que sempre haberá quen tire conclusións disparatadas e extravagantes, pero iso é inevitable, con ou sen epistolarios. O que temos que facer é non facerlles caso, e punto. Publicar si, pero con tino. Coido que Etxeokeai estará de acordo comigo, ou iso espero.
Pois si.
Xa mo parecía.
Efectivamente. Toda carta é comunicación que remite a un antes (unha carta anterior, unha conversa...) e un despois (a resposta via ora ou por carta). Como é moi difícil botar luz sobre ese contexto anterior e posterior, cómpre andar con moito tino na interpretación da correspondencia privada. Por examplo: as cartas de Castelao aos galeguistas. Sería fundamental, para a súa interpretación, poder ter acceso ás que os galeguistas lle enviaron a Castelao.
Con respecto á carta enviada a Aguirre sobre os guerrilleiros, pero penso que foi enviada nos intres nos que os aliados están a gañar a guerra mundial e se crean expectativas de recuperación da democracia en España. Supoño que o que Castelao lle quere transmitir a Aguirre é que había que gañarse a confianza dos aliados, e que iso non se ía facer defendendo a guerrilla.
27 euros non son moitos cartos para alguén que estea interesado nestes temas. Para o resto do público gastarse 27 euros é como para nós gastar tres ou catro veces máis.
Eu creo, de todos modos, que aínda que o epistolario custase menos de 27,80 euros, se non hai interese por el non se lería, incluso sendo de balde. Velaí a cerna do asunto.
Eu creo que está ben o de publicar os espìstolarios, aínda que tamén estou de acordo en que cousas como o intercambio de cartas e notas entre Otero e a súa nai non ten maior interese. Como tampouco o ten aquela correspondencia estrictamente profesional entre Piñeiro e Del Riego que publicou Galaxia.
Está ben publicar correspondencias non só polo que digan as cartas, senón porque, ao publicalas, os fantasmóns de sempre deixan de facer especulacións sobre o que dixo Xan ou o que pensaba realmente Pericán. ¿Ou é que ninguén se acorda xa das especulacións que en medios nacionalistas próximos á UPG se facían sobre o que dicía Castelao de Piñeiro nunhas "cartas" finalmente inexistentes? E non deixa de ser curioso: aquelas cartas polas que, segundo eses medios nacionalistas, suspiraba medio país... aí están, publicadas por Xavier Castro en Galaxia... Dende entón, silencio total. E mira que non hai aí tela que cortar. Pero como non se correspondían co que delas se esperaba, deixaron de ter interese, seica...
Este país é medio de coña.
Se cadra as cartas máis reveladoras, despois de todo, aínda están por coñecer. Refíronme, precisamente, ás que os do interior (Piñeiro) lle enviaron a Castelao.
Por outra banda, pode haber máis cartas de Castelao que aínda non apareceron...
Creo que iso que di, señor Swann, tampouco lle é así. Dubido que haxa correspondencia entre Castelao e Piñeiro, agás a que puidera darse -moi improbable- antes do ano 45. Do "interior" hai cartas e informes -algúns ben duros- recollidos no libro citado de Xavier Castro. Pero, aínda que non aparecen asinadas individualmente, todo fai pensar que o redactor desas cartas non era Piñeiro -daquela na cadea, tras a súa misión en París para apoiar o ingreso de Castelao no goberno da República no exilio-, senón Fermín Penzol, que foi quen susbitituíu ao encarcerado Piñeiro como secretario político do Partido Galeguista. Nese cruce epistolar entre Castelao e os do interior hai materia para un estudio desas relacións políticas tan traídas e levadas que ata agora ninguén iniciou. Que eu saiba, claro.
Estiven a reler as cartas de Castelao. Non teño acceso ao libro de Xavier Castro: supoño que contén xusto as cartas que eu botaba de menos; refírome as que os "galeguistas do interior" lle remesaron a Castelao.
Sr Leituga: hai 7 cartas de Castelao dirixidas aos do interior antes de 1946.
O que vou dicir pode resultar polémico, pero, aínda coa miña enorme falta de información creo que Castelao sabía ou intuía que Piñeiro non era un home válido para os seus plans en Galicia. Que non transmitiría o seu legado, como así foi: "Non sei quenes son os homes que agora dirixen o PG..." "Que vostedes cheguen a tan vellos como cheguei eu é o que moito lles desexo".
Teño un coñecemento moi superficial e incompleto desa polémica.
Con todo, estimado amigo Marcel, que Castelao tivese esa opinión non quere dicir, necesariamente, que Castelao estivese na "razón". Pode ser que os seus plans para Galicia non fosen os axeitados... uu se cadra si. Non o sei ben, pois tería que dedicarlle moitas horas para formarme unha opinión acaída. Pero parto do axioma de que ninguén, nin sequera Castelao, é infalible sempre e en todo momento.
É posible que sexa como di o señor Swann, pois Piñeiro asumiu a secretaría política, se non me engaño, no ano 1941 ou 1942, case inmediatamente despois das primeiras reunións de reconstrución do PG, en Coruxo, en Vigo. As actas desas reunións figuran tamén nese libro de Xavier Castro, que lin hai anos e que agora mesmo non teño a man, polo que tampouco podo ser excesivamente preciso. En todo caso, as cartas que se cruzaban Castelao e os interiores non estaban personalizadas. E creo recordar que a polémica empeza máis ben cara aos anos finais da Guerra Mundial, cando xa se albisca o triunfo aliado e se agarda -pouco menos que se dá por feita- a caída de Franco.
Por suposto, concordo, como case sempre, co que di Don Anónimo Político-Cultural. O que dixo Castelao non é a palabra de Deus revelada. Pero eu vou un pouco máis alá e digo que, na miña opinión, Castelao non tiña razón na súa polémica cos do interior. Castelao empeñábase en dirixir o PG dende Buenos Aires e os de dentro empezaron a revirarse. Ademais, Castelao soñaba coa restauración da República de 1931, cando os galeguistas de aquí xa andaban en conspiracións cos vascos, os cataláns, os socialistas e certos monárquicos antifranquistas de cara a unha hipotética alternativa democrática, auspiciada por Gran Bretaña, consistente na restauración dunha monarquía parlamentaria.
A cousa foise avinagrando, ao que tamén contribuíu o ton do que eu supoño Penzol, que non era demasiado diplomático. E Castelao, pola súa parte, tampouco deixaba a un lado unha mordaz acritude ao debater cos "irmáns". Había tamén, creo recordar, problemas de cartos, pois os do interior queixábanse de que, habendo tanto emigrado millonetis por alá, non mandaban un can. Pero xa digo que non teño o libro a man e non lembro con precisión todo o que alí pon.
Imos ver.
Castelao en Bos Aires rodeouse do máis mediocre da colectividade. Os Luís Seoane, Arturo Cuadrado, Lorenzo Varela, Rafael Dieste, Eduardo Blanco Amor, etc. andaban en relación coa intelectualidade arxentina e coa colectividade galega, pero noutra onda. Os do centro ourensán, nomeadamente Manuel Puente, Bieto Abraira, ou outros, non eran ninguén intelectualmetne falando. Xente xenerosa, aberta e voluntariosa, pero ata que punto se aproveitaron da súa proximidade a Castelao para facerse un oco de prestixio na colectividade? Non o sei, pero pode ser. O que si sei é que os que marcaban a pulsión política do PG no interior antes da guerra, sobre todo Bóveda, non estaban ao redor de Castelao. E Castelao estaba só en medio dunha pequena garda pretoriana de aduladores. O propio Consello de Galicia, no que participan 4 dos trinta e pico deputados, non foi asusmido máis que pola fracción exiliada do PG nucleada ao redor de Castelao. As varias cartas dos galeguistas bonaerenses non próximos a Castelao (Seoane, etc.) que se dirixiron ao PG do interior, das que fala FCo. del Riego tamén nas súas memorias para poñérense ás ordes do partido do Interior, dicindo que eran estes os que debían marcar a liña política, son expoñentes de que en Bos Aires hai unha pluralidade máis alá da imaxe pública dos galegos que se nucleaban sentimentalmetne ao redor do "presidente" xa enfermo dun país que non existía.
Castelao foi un tipo sumamente útil ao país, pero non é palabra de dios te alabamos señor. Moitas, moitas das súas opinións son equivocadas... ¿Lemos o diario de Paris e o que di das mulleres que fuman e non van a misa? ¿Lemos a incomprensión da cultura extremeña "aquí se muere de asco hasta el obispo"? ¿O insulto á guerrilla antifranquista? Se o Sempre en Galiza é a biblia do Galeguismo, eu son ateo. A construción da nación vítima, sobre a historiografía do s.XIX se cadra era o único que podía facer daquela. Pero non nós hoxe.
Ademais na súa relación co interior, absolutamente equivocado. Os galegusitas do interior eran uns señoritos profesionais de xestión non afeitos á barricada nin á clandestinidade. Non podían facer máis do que fixeron e fixeron moito, moito.Movendose no marco que había. Promovendo que escribisen ACunqueiro, Fole, etc.educando en vías paralelas a unha mocidade intelectual, de onde, fixate ti, acaba asíndo Beiras, por exemplo. E facendo país. Por iso estamos hoxe aquí falando disto.
Publicar un comentario