skip to main |
skip to sidebar
Chema MadozNon tiven tempo para colgarvos aquí algunhas recomendacións do Outono Fotográfico deste ano. Entre as imprescindibles, dende logo, a serie "Una película de piel XII" que exhibe na Galería de Arte Marisa Marimón o fotógrafo conceptual Chema Madoz. Se acudides pedide o folleto que editou a galería con 20 magníficas fotografías e un limiar de Francisco Carpio titulado Ideas coleccionadas. Manual de ideas cazadas por un artista-taxidermista. CatálogoE, por certo, xa está editado o catálogo desta edición: unha excepcional colección de fotos e exposicións e artigos de Miguel Anxo Fernández (Fotografando o ser ido) e de María José Ruiz Vázquez (Seis imaxes do rito nupcial). Podedes consultar os textos (e fotos) na web do outono. (En calquera caso, dada a xenerosidade de Benito Losada, supoño que quen queira o catálogo en formato libro, pode pedirllo a el directamente e non será defraudado).
3 comentarios:
O outono fotográfico é unha das iniciativas máis didácticas e de coordinación en Galiza, non hai dúbida, ademais da súa calidade artística e da súa fermosura e orixinalidade. Hai exposicións por toda a provincia, por todo tipo de salas, dende cafeterías a expos. públicas e privadas, incluíndo fotógrafos de toda índole, idade e temática. Que nunca desapareza!! (mais non o creo)
Nunca desaparecerá porque cada ano vai acadando máis coñecemento e aceptación do público. Cecais sexa porque aporta imaxinación, fantasía, creatividade, así como crítica dun mundo que nos quere cegar. Todo en imaxes que falan coa verba da mirada.
Unha aperta
Chema Madoz es hirientemente bueno, me concedí el lujo de incluir una de sus joyas en mi blog.Me gustó, nuevamente,leerte.Saludo!
Publicar un comentario