22 nov 2006

FALEMOS DE FRAGA… POR QUÉ GOBERNOU DURANTE 16 ANOS?

Agora que xa non o temos que soportar tan perto, falemos de Fraga. Gobernou durante 16 anos e iso ten o seu mérito. Razóns hai moitas: vou dar algunhas e espero as vosas achegas. Podedes criticar as miñas, aportar outras novas ou debater o que queirades arredor desta liña xeral: por qué se mantivo Fraga 16 anos?

1. Porque elaborou un discurso galeguista-folclórico e populista que tivo asentamento fácil en grandes sectores da poboación
2. Porque dispuxo dunha máquina electoral e un aparato partidario potente (máis ou menos unido) que utilizou de forma totalitaria e sen discusións (quen se atrevía a levarlle a contraria, mesmo dende o goberno?)
3. Porque contou co apoio entusiasta, por diversas razóns, dos medios de comunicación privados (sobre todo prensa escrita) e coa manipulación dos públicos
4. Porque tivo fortes apoios económicos detrás, que apostaron forte pola súa alternativa en Galicia tralo seu fracaso como político no Estado (entre 1977 e 1989)
5. Porque era visto como unha figura de alta talla política (así o cualificaron moitos xornalistas) e soubo ocultar o seu pasado franquista e iso, en última instancia, só preocupaba a minorías ilustradas e máis concienciadas
6. Porque se fixo de inmediato coas rendas do sistema político galego: reformou a lei electoral e eliminou as forzas intermedias, sobre todo Coalición Galega (tamén o PSG-EG co famoso 5 por cento), acaparando todo o espazo político da dereita ó centro (co tempo isto sería un grave problema para o PP: a súa obriga de obter a maioría absoluta por non ter agora con quen pactar, que ben lle viría unha Coalición Galega descafeinada!)
7. Porque mesmo moitos críticos con Fraga non vían fronte del unha alternativa crible, que se entendía aínda como moi verde (goberno psoe-bng)


(Imaxe: Fraga na baralla do Prestige. Por certo, alguén sabe quen deseñou a famosa baralla?)

12 comentarios:

Anónimo dijo...

Estou seguro que todas as razóns que da o señor Valcarcel teñen algo de certo, a cuestión máis ben é valorar cal é o peso de cada unha delas.
Eu engadiría algunha máis:
A razón de estado que tiña interese en que Fraga afincase o seu poder nesta terra. O PSOE deixaba sen dar batalla un espazo de poder ao PP que non lle alteraba as maiorías nas Cortes das que gozaba naqueles anos, e colocaba á fronte do goberno galego a un personaxe que, máis aló do seu folclorismo galeguista, é un conspicuo nacionalista español que servía de freo as reivindicacións galegas.
Con respecto á baralla do Prestige non sei quen a deseñou, máis no último número d'A Nosa Terra escribe sobre ela Vitor Vaqueiro.

Anónimo dijo...

Supoño que a súa valía intelectual, persoal, como elaborador de discursos convincentes funcionaría. Supoño. Para mín non era así, pero teño que pensar, porque me consta, que Fraga era considerado como persoa capaz, preparada, adxectivos que oín con moita frecuencia. De paso, indirectamente, os seus adversarios pecaban do contrario: véxase Sánchez Presedo.

Anónimo dijo...

Pódese crer que foi así, pero con matices. O PSOE tiña a opinión dividida. FG preferíao así. U-la campaña electoral do lider socialista en Galicia? Cál a mesma campaña dos socilistas daquela? A. Guerra apoiara a monción de censura e quería a continuidade do tripartito. Laxe molestáballe a FG e Antolín era, dende había dous anos, o Gran Visir Isnogood que quería ser califa no lugar do califa. O problema xurdeu cando Fraga saeu rá: administración única, reforma do senado, augas territoriais galegas deica as catorce millas náuticas fóra de puntas... e solucionóuse cando Aznar ocupou a presidencia do governo central.A mágoa foi a mágoa...

Anónimo dijo...

Carretaxe de votos. eso tamén suma

Anónimo dijo...

Se mal no me lembro, creo que Fraga gobernou durante dezaseis anos porque gañou varias eleccións seguidas.

Outra pregunta sería ¿por que gañou as eleccións? e despois da obvia reposta,- Por que o votou a xente-, estaría a terceira pregunta:

¿Por que a xente -o pobo galego- confiou o seu voto maioritariamente a Fraga durante dezaseis anos?

Porque lle petou, sería a evidente reposta, dado que non falmamos de subnormais analfabetos. ¿Por que socioloxicamente o pobo galego se deixa seducir por figuras-forza cunha areixa de galeguidade cun discurso vago e indeterminado, pero que transmiten imaxe de fortaleza -sen dúbida máis que real-? Pois seguramente, por moitas das cousas que apuntas e por algunha outra que se podería dicir.
Saúde

Anónimo dijo...

Fraga non foi quen de reconciliar a sociedade galega, todo o contraio, foi despreciativo contra dos seus opoñentes reais. De ehí ese rechazo a que se lle poña seu nome a unha rua en Compostela.
Fraga, mantivo dividido o pais, as familias, postergando unha división que certamente carecía xa de sentido operativo. El deulle azos a unha Galicia reacionaria, prepolitica, folklorica e inculta, por outra parte maioritaria. Fraga alentou o clasismo, agochandoo nun populismo que só enganaba aos mais populares, e que maniña a prevalencia dos señoritos indiscutida. Por todo esto e mais, Fraga non merece unha rua senón a denostación da Galiza mais cidadán, porque el nunca puxo ao servicio dos galegos o meidos de que xa o dispuña o pais, senón que os utilizou caciquilmente.
Merce todo o meu desprecio, por moito votos que arrecadara. E os seus votantes merecen unha cultura de cidadania, a ver....a ver se este goberno lla fornece.
Un saudo
karlos

Anónimo dijo...

Cambiando de tema (e sen saír da política...)
Laxe, Presedo, Barreiro... que foi de toda esta xente, politicamente, despois da chegada de Fraga? [E por certo: que foi dos conselleiros de Fraga durante e despois de Fraga? Onde están? Fraga borrou do mapa a todoquisque...]

Os sucesivos candidatos do PSOE de entón nin daban a talla política e non tiñan unha imaxe clara de país, por moito que repetisen aquela ladaíña do "goberno de progreso". Liquidaran o famoso "galeguismo" e o partido estaba pouco implantado en moitos concellos (ao contrario que o PP). Era tamén a época na que se sentían os efectos da reconversión industrial en Ferrol e Vigo, e os da incorporación de España ao Mercado Común no rural. En Madrid ninguneaban a Laxe, moi bo no tema da pesca pero nefasto á hora de facer valer os nosos intereses.

Coalición galega era todo menos coalición e galega. Por aí andan os seus dirixentes, dedicados aos negocios, cultivando viños e concedendo entrevistas en español.

Con estes antecedentes, a chegada de Fraga foi motivo de ilusión para moitos galegos (gústenos ou non). Outros ilusionámonos con outras forzas emerxentes.

Anónimo dijo...

Tamén hai que considerar unha pulsión perversa de deixarse levar por unha persoa de brillante curriculum académico, opositor excelente, que tanto gusta nos pobos de Galicia. En Vilalba gustan de presentalo como o fillo do conserxe do instituto, feito a sí mesmo, gracias a esa teima das vilas galegas no franquismo de animar os máis listos e tamén ós fillos das familias acaudaladas a facer carreira en Madrid. Fraga conseguiu eso de xeito sobresaínte e, por tanto, os seus méritos académicos ós ollos de moita xente en Galicia eran suficientes para amosar preparación e eficacia.
Pensade en todos eses amigos (menos amigas) que foron xa de xoves (internos, incluso) estudar a Madrid carreiras fetén tipo dereito co fin de preparar notarías, xuíz ou abogacía do estado. A carreira xudicial en Madrid está chea de esta xente.

Moralla dijo...

Menuda gargallaga acabo de botar!!! Quen fixo esta carta tan seria, didáctica e interesantemente lúdica??

Anónimo dijo...

No fío "Un auténtico desastre" deixei clara a miña opinión sobre Fraga e a desazón que sempre me causaron as súas sucesivas eleccións como presidente da Xunta. Pero paréceme lóxica a inciativa de Bugallo de dedicarlle unha rúa en Santiago, como me parecerá ben que se lle dedique outra a Beiras dentro duns poucos anos. E, por suposto, a Fernández Albor, González Laxe e Pérez Touriño.

Anónimo dijo...

Esquecíame: tamén hai que dedicarlle rúas en Santiago a Xerardo Estévez e a Víctor Manuel Vázquez Portomeñe. Este último foi decisivo para que a Xunta de Galicia asumise o programa de revitalización do Camiño de Santiago ideado por Estévez, un proxecto no que, daquela, case ninguén cría.
E, por razóns parecidas, outro que merece rúa en Compostela é Marcelino Oreja.

Ra dijo...

...(cuanto usuario anónimo veo por aquí).Éso: por qué?.