20 nov 2006


Galegos nos campos nazis
Xosé Ramón Paz Antón, deputado do BNG no Parlamento Galego, escribe sobre os galegos nos campos de concentración nazis, un tema non demasiado coñecido polo gran público, creo.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

A asociación vai collendo corpo. Hora era de que a xinea xudea emerxera sen complexos no noso pais.
marcialg

Moralla dijo...

Esta foto é sobrecolledora. O que impacta aínda máis é que o ser humano non aprenda dos erros e que estas imaxes sexan numerosas todavía en tantas civilizacións actuais. Serei precisa, na nosa única civilización acribilladora.

Xosé Manuel Carreira dijo...

Un estraño blogue ese do Galiza-Israel.

Anónimo dijo...

Estraño, non sei...podes aclarar esa extrañeza
marcialg

Anónimo dijo...

Tan só unha cita tirada do libro de Joël Kotek e Pierre Rigoulot, "Los campos de la muerte. Cien años de deportación y exterminio" (Barcelona, Salvat, 2001):

"Podería explicarse o século XX escribindo a historia dos campos de concentración... Totalitarismo e réximes de campos de concentración relacionanse indisolublemente: forman, en efecto, unha familia monstruosa... mais coherente e, en certo senso, lóxica" (p. 15).

Colectivo GZ-Israel dijo...

Amigo Xosé Manuel, Onde ves a estrañeza?

Anónimo dijo...

Supoño que o amigo Mendinho referirase a estrañeza que constitúe ser de esquerdas e filoisraelí. A mín me parece estupendamente, porque estou farto desta película de bos (os palestinos, árabes, sirios e toda a pesca) e malos (os israelís). A ver cando miramos ese conflicto con ollos menos maniqueos. Sen que esto impida criticar radicalmente a política israelí cando esta non cumpla cos dereitos humanos como abofé está ocurrindo nestos últimos días.