23 nov 2006


Imaxes.
Segue a súa andaina o Outono Fotográfico, cita cultural que leva 24 anos convocándonos, sempre co mesmo espírito de mocidade e descuberta. O mércores inaugurouse no Museo Municipal a mostra de Caja Madrid titulada “O papel da fotografía”, que xira arredor de tres das grandes revistas fotográficas: “Afal”, “Nueva Lente” e “Photovisión”, nun longo período que vai dende 1956 ata os nosos días. Están presentes os grandes da fotografía española do século XX: Joam Colom, Gabriel Cualladó, Carlos Pérez Siquier, Ricard Terré, Xavier Miserachs, Ramón Masats, Tony Catany, Javier Vallhonrat, Joan Fontcuberta, Alberto Schommer, etc. A min o que máis me gustou foron as portadas e varios exemplares de “Afal”, publicada en Almería, con aquel seu aire neorrealista dos anos 50, en tempos de censura, pero capaz de xerar unha gran riqueza evocadora nas súas imaxes. (Ilustra unha coñecida foto de Ricard Terré, "Sant Boi", 1958, cun detalle da mesma).
(PAN POR PAN venres 24 novembro)

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Nunca esquecerei como, cada verán, aos amigos fisterráns (Rafa, Alexandre, Miro...) nos traías cadanseu volume do outono fotográfico a modo de agasallo. En canto asomaba agosto a consigna era clara: aí nos vén o Marcos cos libros! Sempre os libros. Grazas, irmán.

Marcos Valcárcel López dijo...

Desta vaiche chegar por correo normal, amigo Modesto, creo. Unha aperta.

Silvio Falcón dijo...

O arte fotográfico sempre foi un reflexo da realidade dunha sociedade. É moi representantiva esa foto de Sant Boi, e importante que se tomen iniciativas culturais nese sentido.

Saúdos Marcos!

Anónimo dijo...

Agora que está tan de moda facer comparacións entre uns poetas e outros, poderiamos facer unha entre o que reflectía a poesía social-realista galega dos 60 e as fotografías "etnográficas" de Virxilio Vieitez. Quen aguantou mellor o paso do tempo?

Anónimo dijo...

Agora que está tan de moda facer comparacións entre uns poetas e outros, poderiamos facer unha entre o que reflectía a poesía social-realista galega dos 60 e as fotografías "etnográficas" de Virxilio Vieitez. Quen aguantou mellor o paso do tempo?

Marcos Valcárcel López dijo...

Pois, para M.Swann, non o teño moi claro: creo que sobrevivirán algúns poemas da poesía social-realista galega dos 60, algúns, os mellores poemas, moitos de Celso Emilio entre eles; dos seus imitadores xa ninguén se lembra. E das fotos "etnográficas" de Vieitez, xa sabe que se recuperaron case por casualidade: co tempo sobrevivirán algunhas, quizais non todas, e moitas non deixan de ter tamén un aquel de lectura sociolóxica do tempo no que foron sacadas (os "modelos" ó carón da radio ou do automóbil, por exemplo).