3 nov. 2006

Non todo vale. Indignante!!

Acaba de chegarme a nova dun novo blog que se anuncia dedicado a denigrar a figura do candidato nacionalista na cidade de Ourense.
Digo denigrar porque a presentación alude xa a unha serie de inxurias de carácter persoal que non caben, de ningún xeito, no debate político.
Isto é, xogo sucio, lixo puro da política máis ínfima e detestable. Indignante!!!

Con comportamentos coma este os cidadáns acabarán fuxindo da política como da peste. Xa o dicía Lamas CarvajaL: "a política como as vexigas...".
Non todo vale, dende logo. Argumentos e críticas políticas, todas as que se queiran. O resto é nauseabundo...
A miña solidariedade, dende aquí, con Alex, como a amosaría con calquera outro candidato sometido a un ataque tan burdo e miserable.

3 comentarios:

anónimo político-cultural dijo...

Este burdo intento de difamación cutre e barato ha ter o efecto contrario ao que pretenden os seus promotores. Supoño que se procederá xudialmente contra o mesmo e que será pechado ese blog.
Como di Valcárcel, non todo vale, non todo pode valer.
Críticas políticas, si, ironía política tamén, incluso "personalizadas" (enténdase ben o que quero dicir con isto!).
Pero entrar dese xeito nunha suposta vida privada dun modo tan infame e rastreiro só pode merecer a nosa máis rotunda reprobación.

Silvio Falcón dijo...

Este tipo de páxinas non son sempre pechadas.
www.josemontilla.cc

Esta tan só é de burla, pero...

Anónimo dijo...

Véxase, por exemplo, www.vieiros.com/aspontes.