PAISAXES CON MÚSICA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
Someday Soon (1977)
Firefall
Hace 5 días
Na vella Auria un recuncho para a reflexión, o lecer e o pensamento. Unha fiestra aberta ao mundo dende aquela vella sentenza de don Vicente Risco: "Ser diferente é ser existente".
10 comentarios:
Eu trateino moi pouco, pero produciume unha grata impresión a súa cordialidade e bonhomía. Unha gran perda, sen ningunha dúbida.
Era moi bo tipo, amable, atento e enormemente simpático. Podías pasar horas con el escoitándolle anécdotas, non só de Cunqueiro, senón do mundo periodístico, dos políticos, etc. Intelixente e discreto, tiña un algo de supervivinte, como se fose un deses personaxes de Bohumil Havral que van tirando nun mundo gobernado polo absurdo e a arbitrariedade caprichosa dos poderosos. Oía, vía, dicía que si ou calaba, e non se enfrontaba nunca directamente a ninguén. Pero el sempre foi el e nunca se lle esgotou a súa única e suficiente munición: a visión cómica das cousas e a risa.
Eu teño ese libro, mercoumo meu pai hai anos no día das letras galegas. O mellor son as anedotas entre Cunqueiro e Celso Emilio Ferreiro.
Tamén é curioso o enfrontamento con Cela, se mal non recordo. E moitas das opinións de Cunqueiro: por ex., non quería suprimir as acepcións negativas de "Gallego" no diccionario, porque eran parte da historia e da realidade, dicía el.
por certo quen é o que leva o contrabaixo.
A foto é ben simpática, dende logo: xa me gustaría a min saber quen levaba o contrabaixo... Outra de Cunqueiro: o domingo dicía Emilio Batallán na TVG que cando musicou algunha das súas cantigas, don Álvaro andaba por aí a queixarse porque non lle pedira permiso.
Sobre permisos: Contou hai pouco Xurxo Souto no magnífico Aberto por reformas que cando Fuxan os Ventos gravaran "Irmaus" de Celso Emilio esqueceran tamén pedir permiso, e despois, ao falar con el, o de Celanova dixo que lle parecía ben, que os poemas unha vez escritos xa deixan de pertencer ao poeta.
A propósito da cita de Bouzafría, Celso Emilio pensaba así, dende a esquerda daquel tempo, e era lóxico que pensase que a poesía era do pobo e cadaquén a usase ó seu dispor. Pero quizais non Cunqueiro. E lembro tamén, hai varios anos, un recital de Amancio Prada no Teatro Principal de Ourense, cando contou que el si fora ata Vigo a pedirlle permiso a Cunqueiro para musicar os seus poemas neotrobadorescos. E dicía que Cunqueiro quedara moi estrañado, e contento, porque pensaba que ninguén se lembraba deses poemas.
Non sabía nada da morte de Armesto Faginas. Síntoo ben, pois nalgún tramo das nosas biografías coincidimos e pareceume un home moi informado.
O do enfrontamento Cunqueiro Cela é ben simpático. Lembro ter oído a Cunqueiro, nunha entrevista de non sei quen, dicindo que entre o peor da literatura española estaba o Cela, interprete de desditas, etc. en vez de deixar voar a imaxinación, por iso, dicía Cunqueiro, será sempre un fracasado que non conseguirá un oco na historia da litearatura.
Futurologo non foi o mindoniense.
Publicar un comentario