27 nov 2006


O SEG hobbit

Esta é a edición do Sempre en Galiza que leu a miña xeración, en formato diminuto, e que estudou, releu e subliñou (cando menos no meu caso). En Ourense mercabámola na librería Tanco, entre os fondos "prohibidos" que manexaba o Antón Tovar dende o seu despacho do fondo. Eu non lembro mercala persoalmente, quizais andaba xa por casa e a mercara o meu irmán maior, pero tampouco estou moi seguro. Por algún lugar esquecido da biblioteca andará. Logo usamos outras edicións para salvagardar un pouquiño a vista, que xa non está para excesos. E mesmo estudamos e manexamos a cotío a excelente e moi recomendable edición crítica que hai uns anos publicou, en gran formato, o Parlamento de Galicia e a Universidade de Compostela, coordenada por Ramón Maiz (1992) e con traballos de Beramendi, Monteagudo, Núñez Seixas, etc. (escribo de memoria, fóra de casa, espero non errar nos nomes...)

5 comentarios:

Silvio Falcón dijo...

A miña xeración leu a edición de Galaxia, do 60 aniversario... (Leu, ou lee).

Tiven escrito algo sobre Castelao ultimamente no meu blog, pero máis da relación que ten a obra de Castelao coa subxectividade de todos e cada un dos galegos.

Un saúdo

Anónimo dijo...

pois eu tiven unha pequena que roubara en librouro, no 76. Deixeina, como moitos libros daquela e, o peor foi ver un caixon cheo no Corteingles de Vigo, coa aquela edición. Aquela visión foi como un enterramento para poder pasar o felices oitenta sen complicacións(a miña xunvetú) ate que uns amigos regaláronme a edición do parlamento (moi boa) e volveu o vello sentimental que era Rodriguez C. o meu pensamento.

Anónimo dijo...

o caixon estaba de saldo, lembrome ben ainda pasádolos anos, a 100 pesetas. Toda unha declaración.

Anónimo dijo...

Eu tamén lera, prestada, esa edición minúscula. Logo mercara a primeira edición legal que se puidera facer aquí: unha de Akal que aínda viña censurada nalgunhas palabras ou frases. Mais axiña circulou unha "fe de erratas", onde aparecía o censurado. Lembro que as copiei a lápiz nos espazos en branco. Anos máis tarde, agasallaronme coa excelente edición crítica (dirixida por Ramón Máiz) cuxa edición patrocinara o Parlamento. Lembro a absurda polémica que se desatara, por parte de Paco Rodríguez e discípulos, porque non era unha edición venal. Algúns anos máis tarde, si se fixo unha edición para vender. Aínda que xa había outra edición de peto por parte de Galaxia. Daquela, volvín ler o SEG. Dende entón, a edición que consulto é a crítica, aínda que é pouco manexable pola súa voluminosidade.

torredebabel dijo...

pois eu, aca en Bos Aires e non fai mais de cinco anos, merquei a mesma, pequena, de letras imposibeis, que tamén está chea e papeliños, marcas e pegadas. Pagueina 5 pesos (algo mais que un euro). Moito mais que iso vale... claro que si!