2 nov 2006

Primeira impresión
Aínda non tiven tempo de ler de vagar os xornais. As eleccións catalanas semella que non depararon grandes novidades, agás nesa irrupción sorpresiva de Ciudadanos por Cataluña con 3 escanos e 90.000 votos, cun discurso radicalmente antinacionalista (catalán). Tampouco é un fenómeno totalmente novo (lembremos o lerrouxismo de comezos do século XX), pero... Pensemos qué sucedería en Galicia se alguén lanzase unha iniciativa semellante: contaría, sen dúbida, con moitos sectores de esquerda moderada e discurso antigaleguista (Paco Vázquez, Pérez Mariño, etc.) e o afago dun sector "pijo" do PP. Semella que en Cataluña eses votos deberon arañar sobre todo á esquerda, ó PSC. En Galicia non hai aínda mobilizacións neste tipo, porque o ritmo de galeguización da sociedade é moito máis lento (e o PSdeG non é o PSC, claro). Pero cabe agardar algo así no futuro? Non é complicada a resposta.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Concordo con que en Galicia non hai un movemento dese tipo porque non lles é necesario, xa que teñen de sobra coa defensa que deles fan desde sectores do PSdeG e, en menor medida, do PP. Lembro, con todo, a época na que se temeu que o galego avanzase algúns pasos, e como axiña naceu AGLI (Asociación Gallega por la Libertad de Idioma), tan apoiada por algúns medios de comunicación, e que na Coruña chegou a ter unha presenza significativa. Logo xa viron que o do avance do galego nón ía en serio e que non era preciso cumprir as leis (véxase o caso do ensino), e ficaron tranquilos. Volverán a facerse ver cando haxa algún tímido avance real do galego, non o dubide. Eles defínense como antinacionalistas, mais quizais non habería que darlles polo pau e chamarlles como o que realmente son: nacionalistas españois partidarios da uniformidade lingüística.

Silvio Falcón dijo...

Ciutadans é un partido desconcertante e sobre todo, perigoso, de cara ao xa aconseguido nestes lares. Considero que a sociedade catalana (sobre todo barcelonesa) é o sector pijo do PSC, a chamada gauche divine, moi descontentos con Montilla e ZP.

En Galicia tería que empezar a articularse un nacionalismo forte de dereitas, xa que é o único que pode frenar a adhesión a uns "Ciutadans galegos" dos personaxes que ti mencionas.

Un saúdo

Anónimo dijo...

O que quizáis molesta máis é que ademáis de antinacionalistas son laicos, e socialdemócratas liberais. Xa se sabe que o nacionalismo sempre tivo o seu furor seminarista e trabucaire.