29 nov. 2006

























Que marabilla!!
Acabo de consultar, para facer un pequeno artigo (mañá o colgarei), a colección dixitalizada de Triunfo (1962-1982), recentemente escaneada para meter na rede polo seu antigo director, J. A. Ezcurra: www.triunfodigital.com
Tamén está disponible a colección de Tiempo de Historia (1974-1982).
Eu gardaba unha pequena colección, incompleta, de varios anos de Triunfo, e outra máis completa de Tiempo de Historia.
Pero isto é un auténtico tesouro para todo tipo de historiadores, sociólogos, analistas da cultura, investigadores, etc... Moitas grazas a quen o fixo posible.

PAN POR PAN xoves 30 novembro
Triunfo. Gardo no meu arquivo unha pequena colección, incompleta, de “Triunfo”, a revista que dirixiu como semanario de información xeral José Ángel Ezcurra, co apoio decisivo de Haro Tecglen e as mellores firmas da literatura e o xornalismo da súa época. Foi unha voz decisiva na miña xeración e noutras anteriores á miña. Dende os seus números pódese seguir a recuperación da nosa historia: a memoria da República, as guerras de Corea e Vietnam, a revolución dos caraveis en Portugal, o pinochetazo en Chile, etc. A democracia é pouco agradecida: ignorou durante moitos anos ós que máis loitaron por ela. Por iso “Triunfo” morreu en 1982, ó chegar ó poder un partido de esquerdas, mira ti. Agora, di un xornal, “resucita en Internet”: xa está dixitalizada e calquera pode consultala na rede. Cando menos ninguén lles pode negar o seu testemuño na historia.

31 comentarios:

arume dos piñeiros dijo...

Para acompañar o artigo podería amosar a Sofía Loren censurada para compaxinar coa do calendario Pirelli: en 1966.
http://www.triunfodigital.com/mostradorg.php?año=1966&num=26&imagen=1

marcos valcarcel dijo...

Por esta páxina:
www.20minutos.es/.../0/Sofia/Loren/desnuda/
que informa das fotos do Calendario Pirelli, entérome disto, que non sabía (alí figura unha foto moi famosa da Loren):

En "Dos noches con Cleopatra", (1954), una película de bajísima calidad y alto voltaje, su compañero fue Alberto Sordi. En el filme, la actriz exhibía ese místico busto que aún desafía todas las leyes de la gravedad. Y muy grave se puso en el año 1999 cuando pretendió mediante el recurso a los tribunales que se clausuraran todas las páginas webs porno en las que se mostraran aquellas imágenes que son historia viva del cine.

La actriz es ahora una mujer respetable, que pretende hacer olvidar unos comienzos difícles en los que tuvo que transigir con muchas cosas. Pero aún ahora, y como demuestran las fotos que se ha hecho para el calendario Pirelli, la Loren sigue estando muy orgullosa de su cuerpo. Tiene razones sobradas para ello.

(P.S.: xuro que o de "místico busto" está no texto desa web; é unha desas erratas gloriosas (por "mítico", supoño), aínda que o de "místico" ó mellor tamén vale...

Etxeokeai dijo...

Que bos xubilados imos dar...
Con todas estas cousas nas que revolver e investir un tempo que arestora non temos...
Lástima Marcos da colección túa... Agora seguro que che é máis fácil furgar nesta.

arume dos piñeiros dijo...

Os místicos sempre desafiaron a lei da gravidade: debe de ser por iso que o busto da Loren está a altura de Miguel de Molinos ou a propia Teresa de Jesús. Ou sexa en pleno éxtase.

Anónimo dijo...

Sabe por que, na versión dixital, sae en branco un artigo de Ferrín publicado nun nº de Triunfo de 1972? Graciñas.

Ra dijo...

Que buena sorpresa y que buena noticia esa versión digital. La historia renace al alcance de todos.

marcel swann dijo...

Sobre Triunfo, resulta sorprende encontrar unha gran cantidade de artigos que versan sobre Galicia (economía, literatura, historia...) e entrevistas. Isto, hoxe, sería impensable nunha revista de tiraxe estatal.

marcos valcarcel dijo...

Algún día escribirei algo sobre o que indica M.Swan: as achegas de autores galegos nas revistas españolas.
En TRIUNFO escribiron, así, de memoria Méndez Ferrín, Alonso Montero, Basilio Losada, Eduardo Blanco Amor e algúns amigos de Galicia como Ricard Salvat. Sacaba a cotío reseñas dos artistas galegos (Quesada, De Dios, etc.).
Lembro tamén a firma de Víctor Freixanes na revista de esquerdas SAIDA e algúns outros autores en OZONO e nas revistas da órbita do PCE (Argumentos, etc.). Tamén houbo firmas galegas e artigos, uns cantos sobre autores galegos, na revista LA CALLE (sobre todo sobre os exiliados da República).

marcos valcarcel dijo...

Descoñezo ese tema do artigo de Ferrín: por que sae en branco? Si lembro o artigo, non sei se era algo de lingua, das falas dos xitanos ou algo así, ou non?

bouzafria dijo...

Pois o que eu teño son vellos exemplares de "Historia 16" e de "Nueva Historia". Semella que recén morto Franco os historiadores tiñan máis facilidades para ir publicando.

arume dos piñeiros dijo...

Esto que di Bouzafría no seu derradeiro comentario, que eu comparto completamente, vai en contra desa especie de tópico extendido sobre a tardía recuperación da memoria da República, da Guerra Civil ou do franquismo.
Eu lembro nos anos inmediatamente posteriores á morte de Franco a edición frecuentísima de obras e traballos sobre estes periodos. Houbo unha auténtica febre ó respecto. Despois puido haber unha certa fartura ou unha omisión interesada, pero non é certo que os primeiros anos do século XXI sexan os da verdadeira recuperación da memoria. Os que van do 75 ata os primeiros oitenta coñeceron moitos títulos con estos asuntos.

marcel swann dijo...

Estou d'acordo coa tese da fartura de traballos que aparecen sobre a guerra civil xusto despois de 1976. Aí está tamén a cantidade enorme de cine español e catalán dedicadao ao tema naqueles anos. Por algún motivo, este "boom" durou ata que os socialistas chegaron ao poder...
Nos xornais galegos, en xeral, a información sobre temas culturais e de historia de Galicia era moito máis abondosa ca hoxe, aínda nos anos previos a 1976. Hoxe, na Voz de Galicia, existe unha sección chamada "Cultura-TV". Con estes antecedentes, non resulta sorprendente atopar hoxe en moitas librarías que todo o que se escribe en galego o poñan nunha sección chamada "Gallego", mentres o resto as outras seccións son "Literatura", "Historia", "Turismo", etc.

marcos valcarcel dijo...

Por suposto que houbo traballos entre 1975 e 1979: neses estudos formámonos moitos. E mesmo antes, en xeracións posteriores, ás que chegaban os libros de Ruedo Ibérico e outros. Pero era un debate que chegaba a moi poucos, os que mercaban esas revistas de historia. Pouco de todo iso chegaba ós xornais. E non tiña a repercusión popular que está a adquirir agora, creo.

arume dos piñeiros dijo...

A repercusión popular de hoxe tamén pode ser unha falacia. Agás os libros de revisionismo ou as locucións radiofónicas dos bispos que procuran escandalizar, quén pode ler (ou mesmo comprar) eses tomazos de máis de 30 euros, con títulos semellantes en forma de monografías totalizadoras? Eu desde logo coido que máis que difusión o que pretendenn é o típico bruido semiótico que agoche a exposición reflexiva deses periodos. En calquera caso, benvidos sexan tales libracos.

anónimo político-cultural dijo...

Amigo Arume dos piñeiros:

Tamén hai moi bos libros de síntese e postos ao día, cunha extensión razoable, de gran calidade e de prezo bastante inferior a trinta euros. Como todo, é cuestión de informarse, mercalos e lelos, e iso hai xente non está disposta a facelo, qué lle imos facer.

Por outra banda, eses "libracos" son necesarios, pois é neles onde se establecen e se expoñen as novas investigacións. Algúns deles son, ademais, best sellers, o que indica que hai un público ávido de coñecementos sobre eses temas. Que non son centos de milleiros de persoas? Non, pero iso é inevitable. Agora ben, son moitos máis dos que vostede cre.

Un saúdo cordial.

arume dos piñeiros dijo...

Alégrome de que sexa así: non faltaba máis. Probablemente a miña consideración sexa froito máis dunha impresión ca de cifras reais de ventas, aínda que as informacións que chegan canda mín sobre eses supostos bestsellers son moi sospeitosas ou, no peor dos casos, contradictorias.
As moreas de libros que parecen invadir os anaqueis das librerías desaparecen tan pronto como o ritmo vertixinoso das novidades remata por estragar as súas esperanzas. Entón emprenden o seu camiño de volta ó depósito de cadáveres. Tal vez para sempre. E o que non véxoo languidecer despois no seu lugar natural xunto con outros que siguen o mesmo camiño. Véxanse por exemplo os 131 volumes da materia guerra civil española dos derradeiros anos no catálogo de Marcial Pons (http://www.marcialpons.es/listalibros.php?order=fecha&ordenar=ordenar&x=27&y=16): quen pode siquera botarlles un pequeno vistazo, agás especialistas ou verdadeiros interesados na materia?
Un saúdo cordial, meu querido P-C.

ro dijo...

alguén debería dixitalizar o teima. a ver se se lle encende a luceciña a alguén da facultade de xornalismo...

arume dos piñeiros dijo...

De cando en vez reviso o Teima, pero non atopo cousa interesante: valor histórico pode ter, pero pouco máis. Eso non quere dicir que non se dixitalice. Para cando todo dixitalizado, mesmo os xornais do futuro? (perdón pola contradictio in terminis).

Leituga 1 dijo...

Eu creo que iso do "pacto do silencio" sobre a guerra civil, a represión e o exilio, supostamente argallado polo PSOE mais a UCD ou os seus restos, é unha lenda político-periodística desas que moita xente está disposta a crer, aínda que non haxa ningún dato certo que a avale. Bastaría con ver a cantidade de libros de exiliados ou sobre a guerra civil publicados entre o ano 1976 e 1996 para decatarse de que isto non é así.
O que si é desgraciadamente certo é que case ninguén le aos exiliados, nin tan sequera se lembran os nomes de moitos deles. Max Aub, gran escritor republicano, reflexiona sobre isto en "La gallina ciega", un magnífico, lúcido e amargo diario escrito con ocasión do seu regreso a España a finais dos anos 60. Aub constata o paso do tempo e o inexorable devir da vida, que se traduce en gozo do presente e esperanzas de futuro. Aub percátase na súa Valencia natal, nas súas queridas Barcelona e Madrid de que xa case ninguén lembra nada. E de que case ninguén quere facelo.
O señor Swann parece dar a entender que coa chegada ao poder dos socialistas a memoria calou. Creo que hai que examinar ese asunto dende outro punto de vista. Tal como eu o vexo, a chegada do PSOE ao goberno no ano 1982 provocou, máis alá do estrictamente político, un momento de certa exaltación vital na sociedade española. Foi como se España, despois de moitos anos postrada ou resignada, se volvese a gustar, volvese a namorarse de si mesma. Pero non da España castiza e tradicional, senón dunha posible España, nova, moderna, europea. A chamada "movida dos 80", co seu absoluto amor polo presente e o seu desapego cara ao pasado e cara ao futuro, ten moito que ver con iso. A xente non quería seguir dándolle voltas á Guerra Civil, senón esquecer o tempo perdido e inventarse un tempo novo, xa non mediatizado por unha historia -unha historia "chunga", como se dicía daquela- que fixeran outros. O que quero dicir é que se houbo desatención popular á guerra e ao exilio foi máis por razóns sociolóxicas que políticas. Non sei se estarán vostedes de acordo comigo...

anónimo político-cultural dijo...

Un libro que convén ler para axudar a dilucidar estas cuestións remata de saír hai pouquiño: Santos Juliá (dir.), "Memoria de la guerra y del franquismo", Madrid, Taurus, 2006. Téñoo na mesa, pero tan só puiden ler polo de agora a prresentación do propio Juliá (que, por certo, pódese baixar da rede na web de Taurus). Nel escribe, entre outros, Paloma Aguilar, da que lembro un artigo en "Claves" sobre esta temática. Pero desculparán que non entre en fariña porque, a estas horas, estou ben canso. Un saúdo.

Etxeokeai dijo...

Amigo Leituga-One, unha vez máis, dá vostede na clara. Sen dúbida a desatención popular aos temas da guerra e do exilio foi por razóns sociolóxicas, se cadra por unha certa canseira dun presente que ata aqueles momentos tiña moito maís que ver co pasado que outra cousa. Abríase con Felipe, con Tierno, a posibilidade de inventar un presente novo e un futuro distinto... Todos era perfectamente conscientes do que deixabamos atrás, pero para avanzar pensaban, que había ter posta a vista adiante, como Manuel Antonio, sempre máis alá.
Ata certo punto, a revivencia da memoria actual, o poñer de moda de novo todo o que teña que ver coa guerra, represión e exilio, máis alá dos circuitos de historiadores, é pasatismo excesivo. Hai a mesma distancia de hoxe á guerra que desde a guerra a desamortización de Mendizabal.
Ademais, peor aínda, cando con esta recuperación se constrúe unha historia sesgada e incompleta. Recoméndolles ver a exposíción do Auditorio sobre a represión, onde no folleto nin aparece o Partido Comunista. Parece que en Galicia só existise a UPG e os satélites... No folleto de man, todo fotoso de carteis de organizacións nacionalistas,etc. Unha memoria parcial. Intencionadametne. Pobre PC !!! Ninguén queda para chorar por el e reivindicar a súa memoria galega.
En fin.
Saúde, meu.

marcel swann dijo...

leituga1: concordo coa explicación sociolóxica, pero esta vai unida á política. Durante os gobernos de Felipe González todo o que fose recordar as víctimas da guerra deixouse a un lado. O partido era xa outro desde Suresnes. Xa non digo nada do periodo 1996-2004. Agora parece que as cousas están cambiando.
etxeokeai: unha petita excusatio. Non hai a misma distancia temporal entre a desamortización de Mendizábal (1836) e a guerra civil (1936) que entre a guerra civil e hoxe.
Hai tempo lin un libro de memorias (en dúas partes) que me deixou abraiado. Penso que hai poucos, nas letras españolas, que se lle poidan comparar. O autor, ou ten unha memoria prodixiosa, ou dedicouse todos estes anos a escribir un diario, que logo transcribiu para este libro: Pretérito imperfecto. Autobiografía (1922-1949) (1997), e logo Casa del olivo. Autobiografía (1949-2003). Madia leva que o metesen na RAE só polo primeiro libro. Debe de ser unha das mellores memorias da guerra (San Roque, Cádiz) e do clima ambiental e intelectual do franquismo (primeiro en Madrid e logo en Córdoba). Se algún lector deste foro coñece un libro coma este, que mo diga!

marcel swann dijo...

Pola cousa da présa esqueceume o autor: Carlos Castilla del Pino.
Nas letras gallaecias hai algo coma isto?

arume dos piñeiros dijo...

Moi interesante este post. Estou aprendendo moitísimo, pero non sei por qué ven a miña memoria o libro de Travesías de Jaime Salinas. Non é manco, precisamente, e ademáis un chisquiño iconoclasta. O de Castilla del Pino é un monumento literario.
Non puiden ver as exposicións sobre memoria histórica deste ano, pero pola publicidade dase a entender unha presencia moi notable da "resistencia" nacionalista en troques dos movementos coma o PCE ou as febles jarcas socialistas. Non sei se iso concorda coa realidade histórica (temo que non), pero ese parece ser o camiño da construcción do pasado.

Etxeokeai dijo...

Sr. Swann
Excúsome pola do desamortización de Mendizabal... Pero non foi tan/tal metedura de pata. Efetivamente, a de Mendizabal, 1836, foi expresión dun desexo que se viu efectivizado por varios outros desamortizadores ao longo dos tempos seguintes (Espartero, 1841, Madoz, 1859, co que nos imos aproximado á distancia temporal que eu lle dicía...).
Pero por outra banda, o tempo cronolóxico non o é todo. Na sociedade pre mass media, as cousas repetíanse, revivíanse, etc. e o tempo era máis lento. Otero Pedrayo, cando ten algo así como saudades dun antigo réxime que non viviu, falaba por ecos que lles chegaran de vellos que coñeceran o outro tempo e que falaban e falaban.
A min, de pequeno, contábanme o crime do Marracús e do Federal, acontecidos a principios do XX como se fosen cousa do outro día...
As vellas coplas dos maios -case ata os setenta- falaban de cousas da cidade... hoxe todo da realidade en espello acelerada e cambiante que é a TV...
¿Lembran o "efecto 2000" dos ordenadores que seica iamos morrer todos? ¿Lembran as vacas tolas?
¿Quen se lembra xa da gripe aviaria? A distancia humana de hoxe á guerra é moito maior que da guerra civil á desamortización... ¿Non combateron na guerra os Carlistas, defensores do vello réxime? Hai unha foto preciosa de Franco, tempos de guerra, cunha velliños requetés que combateran na 3º guerra carlista,ata que foran derrotados en 1876. A igrexa, piscoloxicamente, non superara a desamortización e o seu tempo e cría que podía e debía mandar nas conciencias e ter bens materiais...
Menos mal que o partido cambiou en Suresnes, para adaptarse ao novo mundo da rúa española e non ao da nostalxia da república e esas cousas.

anónimo político-cultural dijo...

Para Marcel:

Penso que, nas letras galegas, hai unha notoria carencia de literatura memorialística. E non só en cantidade, senón en calidade, o cal é moito máis preocupante.
Nada hai semellante, nin sequera remotamente, ás memorias do psiquiatra Castilla del Pino ou de moitos outros protagonistas da vida cultural e política española.
Aquí, os poucos que poderían facer algo dunha intensidade máis ou menos aproximada, prefiren a nugalla de libros de entrevistas ad maiorem gloria do seu ego.

Éche o que hai! que diría o contertulio Etxeokeai.

arume dos piñeiros dijo...

O libro de Xose María Álvarez Cáccamo é unha aproximación moi interesante desa natureza. Moi ben escrito, traza as débedas coa xeneración anterior de eivados pola guerra e os anos apaixoantes de introducción no mundo político de finais dos 60. Posteriormente unha progresiva evolución cara o nacionalismo desde unha certa esquerda universitaria de raíces peceiras e un nidio desencanto polo rumbo da esquerda galega en máns do BNG, malia súa militancia, nos derradeiros anos. Unha testemuña persoal a ter moi en conta. Tal vez abra unha interesante vía de reflexión.

anónimo político-cultural dijo...

Aínda non lin o libro de Cáccamo, pero téñenme dado moi boas referencias del.
O que pasa, coido, é que Cáccamo, pola súa idade, non foi un protagonista de primeira man de feitos fundamentais. Non ten a experiencia dun Ferrín, dun Beiras, ou, por irmos máis atrás, dun Piñeiro (só por dicir algúns nomes moi coñecidos).
Supoño que como retrato individual (e, en certo modo, tamén colectivo) du sector da xeración do sesenta e oito, terá un apreciable valor. Sen dúbida que estará, ademais, moi ben escrito. Hai que lelo, está claro.

arume dos piñeiros dijo...

Cáccamo ten case 60 anos: creo que os feitos históricos que el viviu están máis proximos, pero non por iso son menos importantes. Aínda digo máis: non sei por qué a vida de Ferrín vai ser máis interesante ca de Álvarez Cáccamo. Ou de Beiras. Pode que lles teñamos máis estima (política, sentimental, intelectual), pero non son máis interesantes desde un punto de vista histórico. Pero tampouco é unha discusión tan decisiva.

marcos valcarcel dijo...

Totalmente de acordo co que di anónimo PC sobre a ausencia de memorialismo nas letras galegas: hai cousas, pero sen demasiados compromisos. Faría falla algo coa autenticidade das cartas de Blanco Amor a Neira Vilas, por exemplo. Pero, nun país tan pequeno, quen publica iso? Quizais alguén que deixe as memorias feitas para ser publicadas póstumas.
De Castilla del Pino teño grandes referencias (das súas memorias) e deben ser tan relevantes como comentades. Como o é "La gallina ciega" de Max Aub. Tampouco lin aínda o libro de Cáccamo, pero, despois das vosas recomendacións, non deixarei de facelo. Graciñas a todos/as por participar neste fío, de certo ben interesante.

Anónimo dijo...

Ingratitud hacia Don Jose Maria Michavila, el mejor Ministro de Justicia