7 dic 2006


Busquen o seu apelido
Andoliña xoves 8 decembro

Se teñen tempo, doulles unha idea. Tecleen en internet este enderezo: www.usc.es/ilgas/. Dende a columna de recursos poden ir ata a Cartografía dos Apelidos Galegos que veñen de colgar na rede a Universidade de Santiago e o Instituto da Lingua Galega: aí están os 50.000 apelidos que existen no noso país distribuídos por concellos. Seica os máis comúns son os Rodríguez, Fernández, González e López. Pero a cartografía permite tamén dar cos apelidos galegos menos usuais e este é un dato valioso para planificar medidas que impidan que se perdan no futuro algúns dos apelidos máis nosos.
Dende esa páxina xa poden esculcar o que queiran: de Valcárcel, por exemplo, hai 2.197 referencias, concentradas na provincia de Ourense, na Estrada e no centro-sur de Lugo ( Monforte, Proba de Brollón). De Touriño, 1338 cinguidos á zona de Cuntis e Arousa. De Quintana, 1639, dominantes en Allariz, pero con bastantes tamén en Ribadeo e Sarria. De Beiras só 266, todos en Compostela e arredores. De Cabezas hai 644 na área coruñesa. O amigo Ferro Ruibal xa me falara deste proxecto hai un par de semanas, pero eu non sabía que era tan divertido.
Busquen o seu apelido: non se aburrirán.
(Na imaxe un detalle do Inferno, do Bosco)

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Moi interesante este proxecto, pero o meu apelido non figura...saúdos!

Marcos Valcárcel López dijo...

Para Silvio Falcón: Seguro que o buscaches ben? Eu encontrei 1441 Falcón, concentrados en Vilagarcía, Cambados, Ribadumia e outros en zonas do norte de LUgo.

Marcos Valcárcel López dijo...

A non ser que Falcón non sexa un apelido real, entón non dixen nada...

Anónimo dijo...

O que pasa é que hai que escribir "Falcon" sen o til. Así de ágrafos nos queren os programadores!

paideleo dijo...

Unha páxina interesante.
O cadro mui bo coma sempre.

Anónimo dijo...

Falcón é un apelido real, si. A cuestión é que o escribín da forma ortográfica correcta.

Grazas

Anónimo dijo...

Muy curiosa la experiencia. Por la parte gallega que me toca busqué Otero...que andan por toda Galicia bien repartidos.
Aprovecho para felicitarle por su blog, que de seguro resulta un lujo para todo el que lo visita.