Dúas fotos de Xosé Abad
A foto que vai máis embaixo, nunha das excelentes portadas de LUZES DE GALIZA ( a quinta, n.4, outono de 1986), era de Xosé Abad. Tamén esta que ía na contraportada do mesmo número. Entre os moitos valores daquela revista, que dirixía Manuel Rivas e patrocinaba Ediciós do Castro, estaba o seu moi coidado deseño, a calidade das ilustracións, o labor dos artistas (pintores, debuxantes, fotógrafos...) que colaboraron nela. Fotógrafos como Xurxo Lobato, Delmi Álvarez, Moncho Rama, Vari Caramés, Chus García, Xulio Correa, Xoán Piñón, Manuel Sendón, Manuel Vilariño, Xosé Luís Suárez Canal, Caruncho, o citado Xosé Abad, etc. formaron parte do equipo que colaboraba naquela magnífica iniciativa cultural.
3 comentarios:
Luzes foi unha revista moi interesante no medio da nada máis absoluta, se exceptuamos "Grial", xa con outra liña e presupostos. A ver se alguén que teña os números da revista a man se anima a escaneala e poñela en internet. Non será tan complicado, non? Ou haberá que pedir unha axuda á consellería de cultura... :-)? E o mesmo con "Teima", outra revista histórica.
E Man Común...
De memoria: sería de interese, se algunha UNiversidade o afrontase, escanear e colgar na rede revistas como:
Grial, A Trabe de Ouro, Teima, Man Común, A Nosa Terra (1978 e ss.), Arco da Vella, Boletín Galego de Literatura, Dorna, Nordés, Loia, Rompente, Cen Augas, Follas Secas, Escrita, Nó, Bonaval, Olisbos, O Mono da Tinta, Congostra, Anima+l, Don Saturio, Cadernos da Escola Dramática Galega, etc. etc.
No meu estudo "As revistas en galego (1975-1991), a difícil supervivencia" (Consello Cultura Galega, Informe Comunicación 1993), cito 140 publicacións monolingües en galego nese período, case todas de interese.
Publicar un comentario