30 dic 2006























Cidade da Cultura

Segue a falarse da Cidade da Cultura e o tema dará, para ben ou para mal, para moitos anos. É preciso sen dúbida que un país teña as estruturas necesarias para preservar a súa Memoria: Bibliotecas, arquivos, novas tecnoloxías, Museo da Historia (que non existe), etc. O complexo de Gaiás terá que atender a todo iso. Pero as inversións multimillonarias e os hiperbólicos orzamentos non se gastarán niso. Estase a usar de novo o reclamo da cultura-espectáculo, inserta nunha cidade que en si mesma é o maior espectáculo cultural. Para xustificalo acódese a argumentos tópicos: acudirán centos de miles de persoas... Lembro cando no mundo progresista se debatía sobre a cultura popular e cando subliñabamos os libros de Hauser e de Ricardo Carpani. Canto tempo pasou? Ese é un discurso arqueolóxico: ninguén pensa xa nesas claves. O pobo só se reclama como espectador. E ás veces nin iso.
(Imaxe de Emile Schildt)

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Cidade da Cultura? Pra que? Eu prefiro perderme nos ollos da rapaza da foto....

Anónimo dijo...

Tés máis razón ca un santo.

Anónimo dijo...

Ola Marcos. Creo que tes moita razón no que dis. E penso que xa hai moitos centros de arte, e ningún de Historia, moi boa reflexión, ademais da idea de que o pobo só se reclama como espectador. O contido deses centros é o que se debe reclamar. Unha aperta e feliz ano.
Yoli
Linda e magnética foto

Xosé Manuel Carreira dijo...

Había un arquitecto dos setenta, Roberto Venturi, que nun libro chamado Learning from Las Vegas desenvolvía a tese de que un edificio se convertía en monumento desde o momento en que se lle colocaba un carteliño como reclamo asinalando que o edificio era un monumento.

Desde o efecto do Guggenheim de Bibao, moitos museos (p.ex. Cidade das Artes e das Ciencias de Valencia, Cidade da CulturaA, etc..) pasaron de ter unha aspiración modesta a querer roubarlle protagonismo ás obras que están dentro deles buscando, en exceso, facer de landmark.

XDC dijo...

Mira tí, había razón no de "anos". E os que quedarán...