8 dic 2006

Historia de una maestra
(Pan por Pan venres 8 decembro)

Lin varias novelas de Josefina Aldecoa e é unha autora á que lle teño gran estima. Por exemplo, “Historia de una maestra” é unha magnífica crónica doutros tempos, os dos meus avós. Cando nas escolas dos arredados e montesíos pobos de España os nenos morrían de fame e ignorancia. De cando España tiña colonias en África. E a mestra, destinada en Guinea, pensaba: “Mis esfuerzos por enseñarles ciencias o geografía o historia chocaban con una incomprensión que iba más allá del idioma. Eran despiertos pero no podían comprender la Prehistoria. ¿Acaso no vivían en ella? ¿Hasta qué punto les añadiría felicidad el descubrimiento de los avances técnicos que invadían el mundo civilizado? (...) Había un desajuste entre los programas oficiales que hablaban de una cultura ajena y la necesidad de aprender cosas relacionadas con su medio ambiente, sus orígenes, su propia cultura”.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Josefina Aldecoa é fundadora do Colegio Estilo, un centro escolar en pleno franquismo fillo da krausista Institución Libre de Enseñanza. Leonesa da Robla, na fronteira con Asturias, representa o liberalismo das elites que foi esnaquizado na guerra civil.