9 dic 2006



Máis cidades

literarias (7)

(Andoliña sábado 9 decembro. Nas imaxes, Xela Arias e Xosé María Álvarez Cáccamo)

Vicente Risco evocou en 1920, no seu famoso U…ju…juu…(Poema futurista),
unha Coruña que miraba cara ás brétemas de Irlanda e un Vigo que esculcaba "os raña-ceos de Nova York": era un canto simbólico á modernidade das cidades e non é difícil encontrar imaxes semellantes noutros poetas, por exemplo en Fran Alonso cando escribe: "Vigo dende aquí parece Nova York./ Coma nas películas dos sábados./ E sorrime, desde enfronte, cinicamente,/ fermosa e altiva, a cidade das miñas penas,/ a piques de engulirme".

Marga Romero falou en Mariñán das cidades dos poetas e tivo moi presente Vigo, dende o Vesteiro Torres, que canta Tui e Vigo, mis dos patrias ata Amizade con Mowgli de Cristal Méndez Queizán. No intermedio dese longo camiño hai unha xeira de grandes voces como Xulio Sigüenza, Luz Pozo Garza (Vemos fuxir o corvo torvo, Badía de Vigo, Illas Cíes), Xosé Luis Franco Grande, Xosé María Álvarez Cáccamo (Os documentos de sombra), Xela Arias, etc. A cidade que cantou así Xohana Torres: "Ouh capital do mar, durísima cidade/ de violencia interior como nos leitos,/ altas querervos, grúas, franqueadas na canle,/ as casas como redes caídas polas augas".

8 comentarios:

Anónimo dijo...

Marga Romero falou... mais que conclusións tirou?

Marcos Valcárcel López dijo...

Pois quizais non houbo moitas conclusións na súa intervención, nin sequera nas outras (agás a de Javier Gómez Montero): o tono de case todas as comunicacións foi literario, memorialístico ou impresionista. Tratábase de, dende aí, promover o debate e, quizais, non de pechar conclusións. Tampouco hai conclusións, creo, cando menos ata o de agora, nesta serie miña de artigos, tamén impresionista, pero que chama a atención sobre un feito non sempre ben destacado: a presenza das cidades na literatura galega. Saúdos.

Anónimo dijo...

De Marga Romero non cabe esperar moitas conclusións. Eso si, gusta moito de falar e de andar polo medio.

Anónimo dijo...

Atopo as metáforas do poema de Xohana Torres moi fermosas e reais. Vigo ten outro ritmo (máis rápido e atropelado), facilmente apreciable para os que non naceron nela. É tamén unha cidade na que é difícil aterrar (e non estou pensando no aeorporto precisamente).

Anónimo dijo...

Pois eu non concordo con iso: é unha cidade moi acolledora. É a única cidade, verdaderamente.
As demáis non deixan de ser capitais de provincia ou no caso de Santiago de nacións con servidumes de clérigos e menestrais.
E son de Vigo. Porque vivo en Vigo. Como ten que ser.

Anónimo dijo...

Afectivamente, vostede é de Vigo. Ergo, que vai dicir? Os que non son desa cidade e chegan a Vigo, senten o mesmo que Xohana Torres no poema.

Anónimo dijo...

Daquela, amigo Valcárcel, dá a sensación de que varios dos participantes nese encontro literario foron cos deberes a medio facer.

Anónimo dijo...

Quixen dicir que son de Vigo porque non nacín en Vigo, porque viñen vivir aquí. Por eso son de Vigo. Sinto que as presas non me fixeran facer ben o comentario. Ou máis claro.