15 dic. 2006


Pura e Dora Vázquez

O 25 de xuño do ano 2005 as irmás Pura e Dora Vázquez recibiron unha homenaxe en Ourense, no Parque do Barbaña e no Concello: daquela ninguén sabía que un ano despois teríamos que lamentar a morte de Pura. Chégame agora, nun coidado tomo, o número que a revista “Escrita Contemporánea”, da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), lle dedicou con ese motivo: contén as intervencións daquela xornada a cargo de Cesáreo Sánchez Iglesias, Xerardo Méndez, María Xosé Queixán e a miña “laudatio” das escritoras (“Pura e Dora, poesía e sororidade”). Tamén unha ampla escolma, preparada por Xerardo Méndez, de 40 poemas das dúas irmás. E varias fotos daquela celebración. En conxunto, unha belida e merecida homenaxe e unha publicación que debera chegar, iso agardamos, a todas as bibliotecas, colexios e institutos do noso país.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Alégrome moito por ese marabilloso volume de dúas irmás que coa súa verba luminosa engrandeceron a nosa terra dourada, a terra da chispa, das pontes, de grandes escritores e intelectuais. Tocáballe o turno a ELAS.
Unha aperta de Yoli López
Síntoo, teño problemas co blog
:-)