15 dic 2006


Retorno a Iria Flavia (Camilo José Cela)

Carlos Casares tiña intención de facer, con tempo e vagar, un libro sobre as relacións galegas de Camilo José Cela: díxomo varias veces e tamén a outras persoas. Non puido Carlos escribir ese libro, de seguro polémico e de moito interese, que alguén terá que facer algún día. Mentres tanto e como introdución ó tema, vai saír estes días á rúa un volume titulado “Retorno a Iria Flavia. Obra dispersa y olvidada, 1940-2001” (Editorial Alvarellos), preparado e introducido pola profesora Olivia Rodríguez, que recolleu case 50 artigos de temática galega de Cela, incluídas varias cartas a Otero, Risco e Celso Emilio. Tócanse personaxes e temas moi diversos: de Rosalía a Torrente Ballester, pasando por Noriega Varela, Celso Emilio Ferreiro, o barallete, a Casa da Troya, Valle-Inclán, Isaac Díaz Pardo e un precioso artigo, en ABC, dedicado a “el penúltimo bardo”: Manuel Luís Acuña.

6 comentarios:

Xosé Manuel Carreira dijo...

Cartas de Cela a Celso Emilio Ferreiro???
Mmmm... pois poden ser incluso mais morbosas e polémicas que as de Cunqueiro vs Ferreiro.

Anónimo dijo...

Personaxe contraditorio. As dúas preguntas que habería que responder son:
- Que relacións tivo cos galeguistas de despois da guerra?
- As posible influencia nos narradores galegos dos 50 e 60. Por que moitos renegaron do tipo de literatura que facía?

Anónimo dijo...

Personaxe contraditorio. As dúas preguntas que habería que responder son:
- Que relacións tivo cos galeguistas de despois da guerra?
- As posible influencia nos narradores galegos dos 50 e 60. Por que moitos renegaron do tipo de literatura que facía?e literatura que facía?

Anónimo dijo...

Serán moitas delas formas disimuladas de disculpas e de mala conciencia polo seu pasado? As cartas, por exemplo, a Américo Castro pretenden facerse perdoar cunha pretendida reconciliación intelectual cos vencidos.

Anónimo dijo...

Creo que a o mellor adxectivo que definía a Cela era "camaleónico". Quixo quedar ben con todos, e case non quedou ben con ninguén. Por exemplo: non creou escola ningunha.
Era, ademáis, un ser humano moi inseguro, que necesitaba dos cartos e da fama (de aí as súas boutades nos medios de comunicación: puro teatro, porque el non era así)

Anónimo dijo...

Debían ser interesantes las conversaciones entre los dos genios de la Literatura, Don Camilo y Don Gonzalo.