

Tarxeta do Presidente
Creo que, se non me equivoco, é a primeira vez que me felicita no Nadal o presidente da Xunta de Galicia, neste caso Emilio Pérez Touriño: por iso subo aquí a súa tarxeta e agradézolle o xesto. A imaxe é moi convencional pero ten a vantaxe, ó seu favor, de incluír tamén estes versos de Manuel Lugrís Freire:
Cando o tempo é pasado
Os mozos vellos son.
¡Eternamente é mozo
Quen vive na ilusión!
9 comentarios:
Home, non lla mandou únicamente a vostede senón a miles de funcionarios da Xunta por correo electrónico
Eu non dixen que me felicitara a min en exclusiva. Se é certo que lla mandou a todos os funcionarios, mellor que mellor: un xesto aínda máis intelixente.
E non se lle nota cun certo aire flamenco?
Jimy de Rairo
Tamen eu penso que o do flamenco no parlamento(a pesares da sua defensa...),foi..folklore alleo.
Non estamos a anos Luz (En sentir País-Nación)dos Catalans o dos Vascos?
Pois en Catalunya estarían encantados e en Barakaldo tamén. Curiosamente.
non creo....
O debate do flamenco e do Himno creo que é un exemplo magnífico dos debates ridículos que tanto gustan neste país...
Concordo completamente con Marcos Valcárcel neste asunto: imos polo camiño folclórico da reivindicación do máis superficial, a xeito da sección femenina.
De tódolos xeitos, pregunto: cómo se debe cantar o himno galego? Persoalmente atopo insoportable o xeito de adobalo que teñen as por outro lado magníficas corais galegas. Non é eso tamén unha falsificación, como tantas outras, mesmo tocalo con gaita?
Concordo con Valcárcel. Será que somos un país de ociosos?
Publicar un comentario