

Cen anos de Historia Cultural
1949: o suplemento cultural de La Noche
Aparece o suplemento cultural dos sábados de La Noche
Nace en Pontevedra a colección Benito Soto de poesía
En Lugo nace a revista Xistral da man de Luís Pimentel e Ánxel Xohán
Publican libros autores como Ramón Cabanillas, Luz Pozo Garza, Pura Vázquez, Rey Romero, Rey Soto, etc. sae a Poesía inglesa e francesa vertida ó galego, de Plácido Rodríguez Castro, Lois Tobío e Delhado Gurriarán.
En Ourense conmemórase o centenario do nacemento de Valentín Lamas Carvajal.
Isaac Díaz Pardo e dous socios máis poñen en marcha Cerámicas do Castro.
Honrábase o 50 aniversario de Xoán Montes
O pintor Manuel Colmeiro instálabase en París e facía amizade con Picasso.
Nacía Bibliófilos Galegos e o Ballet Rey de Viana.
Morrían Eladio Rodríguez González e Luís Manteiga.
Nacían Xoán Ignacio Taibo, Xesús Rábade Paredes, Antonio Simón, F. Fariña Busto, Manuel Moldes, X.L. Barreiro Rivas, Xosé Lois González Vázquez ("O Carrabouxo") e un moi longo etc.
VELAQUÍ O ARTIGO COMPLETO.
(Nas imaxes Xosé María Álvarez Blázquez e a portada dun poemario de Emilio Negreira na colección Benito Soto de Pontevedra)
6 comentarios:
E nese mesmo ano saía eu para Marrocos, para cumprir alí a mili.
Acontecemento sen dúbida importante, cando menos dende a memoria individual. E tamén na memoria histórica: qué pouco sabemos aínda da experiencia dos nosos soldados en África! Unha historia ocultada, quizais?
Respecto a iso, señor Valcárcel, hai un libro do que seguramente vostede saberá e que, a pesar de ser ignorado por todo o noso SLG, ten un interese maior do que ese descoñecemento parecería suxerir. Refírome a "Baixo o sol do Magreb", do ourensán Víctor Campio Pereira. Por certo, ¿que é dese home?
Sr. Leituga. Víctor Campio segue por Ourense e bastante ben, aínda que cos achaques propios da idade (creo que peor anda o seu amigo Ananín). Como todo o mundo sabe,é un gran poeta e tamén se entregou á narrativa coa obra que vostede cita, que, confésoo, aínda non lin (está pendente). É un home discreto, sinxelo, que vive retirado en Ourense e iso explica, quizais, a súa ausencia do SLG, moi marcado polo marqueting Vigo-A Coruña-Compostela. Saúdos.
Marrocos.....¿País amigo de España?
Teodosio, español de Coca (Castilla), implantó la unidad espiritual sobre la base de la persecucion del arrianismo y del paganismo
Publicar un comentario