7 ene 2007




Metal pesado

Descubro a poesía de Carlos Marzal (Valencia, 1961), un dos máis relevantes poetas españois novos de hoxe, Premio Nacional de Poesía polo libro “Metales pesados”. Nun seu poema evoca as máxicas gotas de mercurio que se multiplican ó rachar un termómetro nun día de febre infantil. Paga a pena reproducir o magnífico remate deste texto (“Metal pesado”):
“En un sentido estricto, cada cual / es obra de un sinfín de multiplicaciones, / de errores de la especie, de conquistas / contra la oscuridad. Un individuo/ es en su anonimato una obra de arte, / un atávico mapa del tesoro/ tatuado en la piel de las genealogías / y que lleva hasta él mismo a sangre y fuego. / No hay nada que no hayamos recibido / ni nada que no demos en herencia. / Existe una razón para sentir orgullo / en mitad de esta fiebre que no acaba /.Somos custodios de un metal pesado, / lujosas gotas de mercurio amante.”
(Pan por Pan 7 xaneiro. Imaxe de M.C.Escher)

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Se mo permite recoméndolle dese libro o poema "Los alimentos corporales", na liña dos seus eróticos agasallos precedentes. Sen dúbida un dos mellores poemas eróticos que teño lido. Casualmente, foi posteado hai un tempo en Seven Women.

Anónimo dijo...

Non coñezo o poema enteiro. Pero este cachiño (este remate), sendo magnífico na súa reflexión, é certamente pobre na súa emoción. A min faime reflexionar sobre o home, pero non me emociona. A poesía necesita de emoción, de sentemento, de asombro. Se manca diso, non é poesía, é só unha sarta de frases moi filosóficas e moi ben escritas, pero sen a emoción da palabra. E tan bodía que alomenos, neste caso, aínda respecta o ritmo dos versos, aínda que tampouco lle poña rima, algo moi interesante na poesía. (Porque a rima, ás veces, pode levar ó poeta a mundos insospeitados ós que nunca soñou chegar).