10 ene. 2007

















DESMONTANDO A PÍO MOA

FELIPE VILLEGAS (Diario de Sevilla) ofrece un breve comentario do volume do historiador Francisco Espinosa Maestre titulado “El fenómeno revisionista o los fantasmas de la derecha española” (Ediciones Los Libros del Oeste), e que contén unha contundente crítica das teses de Pío Moa. (Agradezo o envío ó amigo Trebolle).

“En tono ensayístico, claro y rotundo, Espinosa desmonta al encumbrado Pío Moa, un autor de pluma fácil (de ahí su copiosa producción editorial) erigido en superventas (Aznar le declaró su admiración) cuya credibilidad cuestiona el autor del ensayo de cabo a rabo, empezando por su formación: "Ni Pío Moa es historiador ni sus libros son de historia. En realidad estamos ante un simple propagandista y mediocre escritor al servicio del Partido Popular, al que se le ha encomendado la misión de mejorar la imagen que la derecha española quiere dar de sí misma y empeorar la de la izquierda. Para lograr dichos objetivos vale todo", sostiene Espinosa. Sus afirmaciones, aunque corrosivas, no son gratuitas. En el centenar justo de páginas de su libro confronta la visión y sapiencia de Moa partiendo de un episodio concreto y lacerante de la Guerra Civil: la matanza acaecida en la plaza de toros de Badajoz el 14 de agosto de 1936, justamente en el que Espinosa es experto, como acreditó en su libro La columna de la muerte (Crítica), al que Moa descalificó vía artículos en prensa e internet (…)
En efecto, la segunda parte del ensayo abre su enfoque para desvelar las claves del revisionismo histórico, un movimiento (el autor llega a usar el término cruzada) nacido al calor de las aún recientes victorias electorales del PP con una finalidad: "Ajustar la Historia del pasado de modo que convenga a lo que la derecha actual desea"."Moa y compañía –es decir, César Vidal, Ricardo de la Cierva, Jiménez Losantos, Gonzalo Fernández de la Mora, García de Cortázar, José Luis Gutiérrez Casalá, Ángel David Martín Rubio, entre otros citados– representan la respuesta que la derecha que ha estado en el poder da a otro movimiento, el de la recuperación de la memoria histórica, surgido en torno a 1996-7".

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Que os argumentos de Pío Moa (quen nun dos seus libros declara ter sido nacionalista galego nunha fase de transición da súa vida, cando deixou de ser [soplón policial] dos GRAPO e andaba á procura dunha nova verdade, denantes claro está de atopar o PP) non se sosteñen e son unha reedición dos tópicos franquistas dos anos 40, non precisa maior explicación. Que cómpre denuncialo, tamén. Outra cousa é se paga a pena darlle a categoría de contrincante por parte de Espinosa nun debate profesional (ou como vén de facer Reig Tapia, publicando un Anti-Moa). Na miña opinión, non ha ser así. Este tipo de publicistas, coma Moa, utilizan poliedrica e manipuladoramente as artes da retórica para descualificar cando corresponde, e dar argumentos (supostos) cando cómpre. E teñen grande apoio mediático. Doutra banda, é dubidoso que historiadores cunha imaxinación máis ben limitada coma Espinosa sexan o antídoto. Se publican moito sobre temas locais e os seus libros cheos de detalles, datos e cifras se publican en Crítica e non en Toxosoutos, é por contactos con Preston e outros. Mais nin son os máis innovadores e brillantes dos historiadores españois que estudan a guerra civil e a represión. E o retrouso de "somos os bos e eles os máos", é dicir, a moralina, moitas veces só é un manto para encubrir a falla de ideas. Sinceramente, cómpre moito máis que un Espinosa, pero tamén que un Preston e demais "garbanceros", parafraseando ao noso (a pesares de todo) Valle Inclán cando se refería a Pérez-Galdós, para historiar de vez a guerra civil.

arume dos piñeiros dijo...

Pois seica hoxe o Moa quedou sen falar en A Coruña. Os voceiros da Brunete dixital xa andan espallando a falta de libertade de expresión na cidade herculina, moi perto onde eles mesmos queimaron algún casarito.

anónimo político-cultural dijo...

Seica foron alí uns rapaces de BRIGA (quen son?) a boicotealo. En realidade, estes, coa súa simpleza, o único que fixeron foi facerlle propaganda e dar motivos para que o ex Grapo e confidente da policia se presentase como heraldo da liberdade de expresión. Manda truco, canto despropósito!

Anónimo dijo...

Cesar Vidal....¿Publicará una biografía de Pascual de Andagoya?

anónimo político-cultural dijo...

Sinto quedar de ignorante supino, mais que é ou quen foi Pascual de Andagoya? É que, así de pronto, non me soa nada.

anónimo político-cultural dijo...

Acabo de velo en Google (por que non usarei cando o necesito!). Ou sexa, que foi o descubridor do Perú. Ben se ve que a Historia da América moderna non é o meu!

anónimo político-cultural dijo...

Acabo de velo en Google (por que non usarei máis os buscadores?). Ou sexa, que foi o primeiro descubridor de Perú. Ben se ve que a historia moderna de América non é o meu!