Quico Cadaval, dramaturgo e director teatral"De pequeno quería ser chofer, químico nuclear, astronauta e capitán de barco"O xornal gratuíto en
galego De luns a venres publica hoxe esta breve entrevista, de Natalia Pena, con Quico Cadaval
, O Carreirán, vello amigo e compañeiro de estudos (na Facultade de Historia) e doutras zarandainas.
P. Un sinónimo de Galicia?R. Recuncho de España.P. Que quería ser de pequeno?R. Cóntoche por orde: chofer, químico nuclear, astronauta e capitán de barco... Xa ves como acabei de maior.P. Cal é o seu lema na vida?R. A miña petulante humildade.P. E a súa principal virtude?R. A gula.P. Unha canción?R. Moon of Alabama.P. Un libro?R. Bufo e Spalanzani, de Rubem Fonseca.P. E unha película?R. A casa das dagas voadoras.P. Elixa un lugar.R. A ponte de Couso, na parroquia de Aguiño.P. A súa comida preferida?R. O bacallau con pasas en caldeirada.P. Alguén a quen admire?R. Nas letras, Álvaro Cunqueiro; e nas armas, Enric Cantona.
1 comentario:
Cadaval é o mellor narrador de historias do mundo.
Quero dicir: do mundo por nos coñecido: Península Ibérica e dende México para abaixo.
Da súa categoría como contador pode dar fe a admiración que os outros colegas sinten por el.
E a miña admiración por el tenme convertido nunha especie de groupie seu: Se el vai falar a menos de 120 kilómetros de onde esté eu, alí vou, seguíndolle as pegadas, porque aínda que conte historias xa sabidas, da súa voz parecen outra vez novas.
Publicar un comentario