13 ene. 2007







Llorenç Villalonga

Creo que xa sabedes da miña querencia pola obra de Llorenç Villalonga. Por iso me permito recomendarvos, por se alguén aínda non o viu, o magnífico artigo que onte lle dedicaba en El País o escritor Jose Carlos Llop, titulado "Baile de disfraces".

3 comentarios:

anónimo político-cultural dijo...

Excelente artigo. Non lle prestara a atención debida no xornal. Grazas por colgalo aquí.
Por certo, e xa que vostede sabe diso, hai algunha analoxía do autor mallorquín con Otero Pedrayo, non? Cando menos un certo aire crepuscular.

arume dos piñeiros dijo...

Recordo unha película de Chavarri sobre esa novela, con FErnando REy e Angela Molina, se non recordo mal, non moi interesante, a verdade.

marcos valcarcel dijo...

Por suposto que hai unha relación directa entre Villalonga (Bearn, Mort de dama) e Otero: na súa visión dun mundo que desaparece, a fidalguía e a tradición, a sumisión do mundo campesiño, o tratamento da paisaxe e o coidado descritivo dos interiores... Merecerían un estudo comparativo a fondo...