19 ene. 2007










Misoxinia no cine.


A muller fatal, as mulleres perversas, as mulleres castradoras, damas diabólicas: o cine está cheo de exemplos nos que a perversidade ten nome feminino. A historia comezou con “Amencer” (1927) de Murnau, unha das películas máis fermosas que vin nunca: unha parella, home e muller, viven felices no campo ata que chega á dama da cidade e provoca as paixóns do home e o desexo por este de asasinar á súa dona no medio dun lago. A película ten final feliz, pero o camiño xa estaba aberto. Veu logo Marlene Dietrich e “O anxo azul” (1930) de Sternberg: aquí o pobre Professor Unrat é só un moneco en mans da paixón feminina. Son películas dos anos 30 cando unhas poucas mulleres erguían a súa voz. Cos 60 chegou o feminismo e a liberación sexual, pero aínda quedaban perversas por chegar como a Sharon Stone de “Instinto básico” (1992): que inseguro se sente aínda o home!
(Na imaxe, un dos primeiros carteis de Sunrise (Amencer), de Murnau)

12 comentarios:

arume dos piñeiros dijo...

A saudade está a espreita en todas partes. Ando pola rede, petisco n'As uvas na solaina, o blog que vendima con ilustrada saudade Marcos Valcárcel.
MANUEL RIVAS, hoxe en EL PAÍS.
Alégrome moito desta nota. Merécea, señor Valcárcel.

marcos valcarcel dijo...

Graciñas, Arume, aínda non o vira; tiven clases ata agora e leo máis tarde "El País". Sabía que Manolo Rivas petiscaba a diario nas Uvas porque el mesmo mo dixo hai uns meses (cando presentou en Ourense "Os libros..."), pero esta mención pública éncheme de orgullo: non só a min, senón a todos vostedes que aquí coinciden e son os que, en realidade, lle dan forma e todo o seu valor a este encontro cultural.

Leituga 1 dijo...

Manolo Rivas é un gran tipo que non poucas veces aproveita para meter en "El País" referencias a iniciativas galegas modestas pero de calidade e bo espírito, como este blog. Considero unha honra que lea as cousas que imos poñendo aquí. Parabéns, señor Valcárcel.

anónimo político-cultural dijo...

Únome tamén ao coro das felicitacións.

E agora non me resisto a comentar algo que non ten nada que ver nin coa merecida mención nin con este post.

Hoxe vin nun calendario de parede dun concello dunha capital que este facía "actividades lúdicas para mozos de 15 a 35 anos". Quedei pampo: 35 anos!

En fin, que tamén os concellos promocionan a "eterna adolescencia". Manda truco!

anónimo político-cultural dijo...

Ah, e tamén quero deixar constancia da miña querencia masculina pola Sharon Stone de “Instinto básico”.

arume dos piñeiros dijo...

Onte puiden ver na tv M. Butterfly (do inquedante David Cronenberg) con Jeremy Irons e John Lone, o actor chinés do Último emperador que facía un papel ben complexo como cantante femenina da ópera. Conta a historia dun diplomático francés que cae namorado da cantante, sen saber (ou iso parece) que en realidade se trata dun home. Aínda que non fun capaz de saber por qué non se deu conta do sexo do outro xa que mantiveron relacións sexuais e mesmo el/ela confesoulle (con engano) que ían ter un fillo, a historia é a dun amour fou de primeiro orde. É un caso de femme/homme fatale moi interesante, seica baseado en casos reais, que eu desde logo non acredito aínda agora. Alguén a viu e pode me dar unha explicación convincente?
Súmome ao anónimo político-cultural na súa sabiduría de escoller a Sharon Stone en Instinto básico, 1 e 2, malia súa prescindible trama.

Anónimo dijo...

Rivas é un artistiña que deixa ou seus ollos varrer por este espacio virtual no que Marcos ven concitando o noso interés.
A min as mulleres fatais nunca me chamaron a atención, ainda que padecín bastantes. Eu lembro a Rebeca, o retorcimento de rebeca, a súa alma que era o niño do mal. Dietrich ten unha grande pulsión erótica, e por esto chaga a perdoarselle todo, pero ante Rebeca quedamos os homes verdadeiramente en cinzas, é a grande aniquiladora, a serpe do veleño contundente que repta polo mais baixo do noso temor de homes.
Jimy de Rairo

anónimo político-cultural dijo...

Vostede si que é realmente sabio, amigo Arume dos Piñeiros, moito máis ca min. Fíxese: non vin, por notoria infidelidade a Sharon, a segunda parte de "Instinto Básico"!
Unha aperta.

Un amigo dijo...

Comparto cos señores Arume dos Piñeiros e Anónimo Político - Cultural a "querencia" por Sharon Stone. Mágoa que que nos últimos anos non sei que se fixo que xa non a recoñezo. Eu son dos que opino que a cirurxía plástica debería ficar só como cirurxía reparadora.
Indo ao conto da misoxinia no cine, non fai outra cousa que reflectir a sociedade daqueles anos. Se imos ao XIX e analizamos os libretos das óperas a cousa resulta aínda peor. É a historia da humanidade.
Únome aos parabéns pola bitácora e alégrome do recoñecemento da mesma de M. Rivas no xornal EL PAIS, aínda que algúns hai tempo que a temos en alta estima e non precisamos que nolo digan para coñecer o seu valor.

arume dos piñeiros dijo...

Acabo de ler este poema de José María Álvarez (que non é santo da miña devoción por cultureta) e ven a propósito:

ASTARNUZ

Algún Dios de amor avía Cartagena

Como la adormidera del desierto
Juan Arolas

La súbita luz de este conocimiento, surgido en medio del horror,
obró un efecto extraordinario en mí
Henry James

Son cosas que suceden
en los hoteles. Cuando un hombre
llega, aburrido, tira
la chaqueta en la cama, se sirve un vodka, y
con rostro impenetrable
conecta el aparato de la televisión.

Es raro que acontezca
algo notable. Pero
aquella noche -oh ebria la Fortuna-
nada más encenderse,
apareció en pantalla un rostro único,
admirable, perfecto, inteligente,
cómplice.
Me aguardaba
como las panteras acechan a su presa.
Era Sharon Stone.
Me dije: No es posible.
Y contemplé la imbecilidad de aquella película
como cuando recorro el Canal Grande de Venezia,
sin dejar de asombrarme.
No es que uno sea demasiado impresionable.
Le aseguro al lector haber pasado
trances de esta índole, muy altos.
Pero
el gesto y la mirada de la Stone,
son otra cosa. Y
si entonces -y hoy- porque ese rostro,
esa boca, esos ojos, ese gesto
estuviera en mi cama, me pidieran
releer ya nunca a Stendhal, yo aceptara.
Porque gozar a una mujer así
no es placer inferior
ni acaso de otra especie
que escuchar la Misa en sí menor de Bach en Chartres,
que acarician la carne del crepúsculo sobre Istanbul
o que leer a Píndaro en voz alta
desde Delfos. Meter la lengua en esa boca
y recibir la suya, debe ser
¡Dios! como la sacudida en la inteligencia cuando
se lee a Shakespeare o a Borges, o a Nabokov, como
lo que debió sentir Colón
al oler la tierra. Sentir cómo ese cuerpo se abandona al placer,
ver enturbiarse esa mirada,
no es de rango menor
que comprender el Panteón.
Y
hay que ver, todo eso,
con la cantidad de excitantes pensamientos
a que después diera lugar, con lo que ha enriquecido
mi vida y mi memoria,

es algo que sucede, así, sin pretenderlo,
una noche de tantas,
por ir a dar una conferencia en Barcelona,
en una habitación
de hotel, de pronto, como dicen
que veía
Mozart,
o los santos,
a Dios.

anónimo político-cultural dijo...

Está visto que somos unha lexión os que lle temos querencia a Sharon. O defunto Vázquez Montalbán era outro.

Non sei por qué, pero coido que o sublime poeta viu no hotel unha película bastante mala, "Rápida y mortal", pero que pagaba a pena só por ver a unha fermosísima Stone vestida de pistoleira. Ese mesmo ano actuou maxistralmente en "Casino". Sen dúbida, Deus tocouna co seu dedo, como na capela Sixtina, e insufloulle vida.

Leituga 1 dijo...

Eu tamén son toliño da Stone, a mistura pefecta entre beleza, intelixencia e humor. Non sabía que fósemos tantos e tan ardidos.