CONFERENCIA SUSPENDIDA POR PROBLEMAS DE SAÚDE DO PONENTE (actualización 22 xaneiro)
O vindeiro venres 26, ao abeiro da celebración o día 27 do Día Mundial de Conmemoración das Vítimas do Holocausto, a Asociación Galega de Amizade con Israel organiza unha Conferencia en Compostela de Jaime Vandor, supervivinte da Shoá.
Jaime Vándor, supervivente do Holocausto, profesor austríaco supervivente do Holocausto, nado en Viena en 1933, Jaime Vándor sufriu a persecución contra os xudeus e a Segunda Guerra Mundial en Hungría. Doutor en Literatura Comparada e Licenciado en Filosofía e Letras, Sección de Filoloxía Semítica, actualmente imparte a súa docencia na Universitat de Barcelona. Fundou a Biblioteca da Comunidade Israelita de Barcelona. Outra das súas áreas de interese é a historia da música. É tamén Chanceler do Consulado de Israel en Barcelona. Deu centenares de conferencias en España, Alemaña, Francia, Italia e Israel sobre temas de Historia e Cultura Xudaicas, Literatura Universal e especialmente, sobre as linguas alemá, húngara e hebrea. Ten publicado diversas obras, incluíndo poesía.
PAISAXES CON MÚSICA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
Someday Soon (1977)
Firefall
Hace 5 días
8 comentarios:
Amigo MARCOS, penso que non lle puxen competencia ningunha ao meu Modesto, pois hai que ter en conta as sutilezas: o seu nome é o único que está en MAIÚSCULAS, e a súa foto aparece en solitario, como ten que ser. Pero sempre é bo deixar que outros (no teu caso outras - e vaia se non!! - ) nos aporten cousas que non engrandecen, e non só á vista, senón tamén ao corazón e ao intelecto. Uha apertiña e noraboa outra vez polo blog.
Yoli ;-)
Eu vou referirme ao tema do fío.
E prefiro facelo con dúas citas da obra de Zygmunt Bauman, "Modernidad y Holocausto" (Sequitur, 1997):
«El Holocausto no fue simplemente un problema judío ni fue un episodio sólo de la historia judía. El Holocausto se gestó y se puso en práctica en nuestra sociedad moderna y racional, en una fase avanzada de nuestra civilización y en un momento álgido de nuestra cultura y, por esta razón, es un problema de esa sociedad, de esa civilización y de esa cultura […] Sin la civilización moderna y sus logros esenciales y fundamentales, no habría habido Holocausto.»
«El Holocausto fue el resultado del encuentro único de factores que, por sí mismos, eran corrientes y vulgares. Y dicho encuentro resultó posible, en gran medida, por la emancipación del Estado político –de su monopolio de la violencia y de sus audaces ambiciones de ingeniería social– respecto del control social, como consecuencia del progresivo desmantelamiento de las fuentes de poder y de las instituciones no políticas de la autorregulación social.»
O Holocasto implicou, en efecto,"la emancipación del Estado político –de su monopolio de la violencia y de sus audaces ambiciones de ingeniería social– respecto del control social". E agora asistimos a un demantelamento global do estado, que provoca un holocausto sen cámaras de gas pero con moitas máis morte: o retorno das "guerras privadas". Se o estado era a instancia que tiña o monopolio lexítimo da violencia, fracasado o estado, unha nova forma de aniquilación violenta se apodera do mundo, sen que haxa violencia "lexítima" na que buscar protección. Somalia, Chechenia, Asia Central, Iraque, Irán, Colombia, unha grande parte de África.., padecen un terrible holocausto, ante o que Occidente, cerra os ollos. E cerrámolos porque o "Holocausto" nazi serve, ás veces, tanto de autoinculpación punitiva por algo "xa acontecido", como de pantalla que nos libera da molesta tarefa de mirar o que segue a acontecer.
Estamos rodeados de holocaustos.
Jimy de Rairo
Teño a mán o Diccionario de Autoridades:
HOLOCAUSTO: Sacrificio especial que se consumía enteramente a toda la víctima por medio del fuego.
Figurativamente se toma por la misma víctima y así se dice que Christo se ofreció en holocaustro a su eterno padre por los pecadores.
O termo, pois, de Holocausto equivale a sacrificio, consideración que os xudeus deron o seu exterminio.
Entre nós Xan Garrido estudou con moito detalle esta cuestión. Nun artigo sobre a representación do holocausto di (e perdoade a nota longa),
A aparición da denominación "holocausto" coincide co momento en
que se comezan a ter noticias da aniquilación dos xudeus europeos. O termo
coñecerá unha grande expansión despois do remate da Segunda Guerra
Mundial, ó mesmo tempo que comeza un cuestionamento deste por parte
de intelectuais e estudiosos hebreos: "holocausto", de acordo coa súa orixe
grega, significa "ofrecer e queimar en sacrifico a Deus", contra a propiedade
desta denominación arguméntase que o termo posúe unha carga relixiosa e
determinista que non corresponde coa realidade dos feitos porque o exterminio
foi obra planificada e practicada por homes que, desde logo, non
tiñan vontade de compracer a ningún Deus. Cara a finais dos anos corenta e despois da creación do Estado de Israel, sae á luz o termo "Shoah", de
orixe hebrea, significa "catástrofe, aniquilación, destrucción", e para algúns
comentaristas tamén "catástrofe sen igual", posúe unhas resonancias bíblicas
que contribúen a outorgarlle ó acontecemento histórico un carácter
sagrado e unha dimensión mítica sen quitarlle nada da súa pesada realidade.
Os autores xudeus tamén empregaron moito o termo "Hurban" (destrucción),
que designa a destrucción dos dous templos nos textos litúrxicos
hebreos, e por isto mesmo foi rexeitado polos ortodoxos e non se estendeu.
O termo "xenocidio", creado por Raphael Lemkin en 1944, aparece oficialmente
nos xuízos de Nürenberg e na definición da ONU como "a vontade
por exterminar en parte ou na súa totalidade un grupo humano determinado,
racial, relixioso ou ético", dado o seu carácter laico, parece o máis axeitado
e por iso é o máis empregado nos medios franceses e italianos, pero
pódese dicir que foi víctima do seu propio éxito e vulgarizouse demasiado,
chegando a ser sinónimo de asasinato. Como vemos, detrás da denominación,
subxacen conflictos de tipo político e relixioso que traspasan fronteiras
e o éxito dunha ou doutra débese á capacidade de difusión e ó poder do
grupo que a empregue. Así, os americanos lograron unha repercusión
mediática mundial coa serie de televisión Holocausto (1978) e ademais bautizaron
con ese nome todos os museos e exposicións que dan a coñecer a
aniquilación do pobo da Biblia, cousa á que retrucaron boa parte dos
medios xudeus europeos e israelís, que consideraban impropia a denominación
anterior apoiando a difusión do documental Shoah de Claude
Lanzmann (1985) e bautizando con ese nome todas as publicacións e exposicións
que realizan no seu eido xeográfico.
Un traballo moi curioso e publicado recientemente deste mesmo autor é o seu estudio da Recepción das traduccións galegas de Literatura do Holocausto dirixidas ao público xuvenil, a partir do Diario de Ana Frank.
E desculpas, de novo, pola lonxitude.
Mágoa que agora non poida comentar o post do amigo Arume. Hai tanto que falar da Shoah! Quixera, en todo caso, e se non lle é molestia, que me indicase as referencias concretas deses dous estudos de Xoán Garrido, que descoñecía.
El é profesor da Facultade de Filoloxía e Tradución de Vigo e ten unha tese sobre o Holocausto. Ignoro se a publicou. Pero os dous artigos son:
un que publicou no Anuario de Teatro, que se pode consultar pola rede
www.consellodacultura.org/mediateca/pubs.pdf/anuario_teatro_2001.pdf
e o outro está (acabo de ver que este tamén está na rede) en: webs.uvigo.es/paratraduccion/paratraduccion/XoanMGarridoVilarino2006.pdf
Grazas polas referencias, amigo Arume. Tiña algunha referencia previa sobre o autor. De feito falara con el unha vez moi brevemente sobre Primo Levi, pero nin lembraba o seu nome nin sabía que presentara a tese. Este profesor de filoloxía causoume unha boa impresión, que se viu reforzada por ter consultado algunha vez algún dos libros que sobre o Holocausto se atopan na facultade de Filoloxía de Vigo, libros que sen dúbida tivo que solicitar el para realizar a súa tese. Tan pronto poida, lerei con gran interese eses dous traballos seus.
Os fragmentos que vostede cola dan para falar de múltiples aspectos, algo que está fóra da miña competencia. Son tantos os elementos que concorren no Holocausto, desde os propiamente históricos, sociolóxicos, filosóficos ou psicolóxicos (a trauma, o silenzo e a voz das vítimas), até os que se adoitan englobar baixo o termo “representación” (literatura de ficción, poesía e teatro, literatura testemuñal, cine, museización e “lugares de memoria”, etc.), ou as repercusións xurídicas e internacionais, que resulta imposible acotalas todas e menos aquí e menos aínda por min. A enorme bibliografía internacional dos últimos sesenta anos sepultaría a quen pretendese unha visión “integral”. Sen embargo, como estamos a venres, vai un día calurosoe teño tempo a estas horas e apectéceme falar con vostedes, non me reprimo a dicir un par de cousas, nada orixinais por outra banda.
En efecto, o Holocausto foi a orixe da “Convención para a prevención e da represión do crime de Xenocidio” adoptada pola ONU en 1948 e entrada en vigor en 1951, e a definición xurídica do termo “xenocidio” foi obra do xurista e profesor de dereito internacional Raphael Lemkin, xudeo norteamericano de orixe polaca, cunha obra célebre publicada en 1944 e que se pode ver na rede (onde tamén se atopan millóns de referencias sobre o Holocausto en particular e os xenocidios en xeral). Foi el que definiu o que Churchill denominara “crime sen nome” á vista dos horrores do nazismo.
O Holocausto foi feito sen precedentes na historia coñecida até o momento (pódese afirmar que antes houbo “masacres” ou “exterminios” mais non xenocidios propiamente ditos), de aí que sexa considerado como o elemento fundante do século XX, como o acontecemento capital do “século dos xenocidios”. De entre os libros que teño lido sobre os xenocidios, un que me permito recomendar aos lectores interesados é unha máis que notable visión de conxunto dun especialista francés: Bernard Bruneteau, “Le siècle des génocides. Violences, massacres et processus génocidaires de l´Arménie au Ruanda” (París, Armand Colin, 2004), aínda non traducido.
Quixera, para finalizar e para non cansalos, falar moi brevemente de Primo Levi. Hai moitas obras testemuñais e de reflexión sobre a entidade do Holocausto e dos xenocidios. Moitas, e case todas dignas de mención. Pero as obras deste xudeo italiano que, capturado pola milicia fascista a finais de 1943, deu sobrevivido ao exterminio nazi (en especial a súa triloxía de Auschwitz: “Si esto es un hombre”, “La tregua” e “los hundidos y los salvados”, as tres traducidas en Muchnik Editores), son das máis capitais para “entender” o Holocausto e recoméndoas moi vivamente. Tal é así que Tzvetan Todorov (“Memoria del mal, tentación del bien. Indagación sobre el siglo XX”, Barcelona, Península, 2002) non dubida en falar do “século de Primo Levi”. Especial interese ten o que Levi chama “a zona gris”, termo que utiliza para penetrar con inusitada clarividencia na esencia do mal e na natureza humana en situacións extremas e os seus comportamentos (a vida e as relacións humanas no “lager”). Primo Levi, como di Todorov, “non vocifera, senón que fala a media voz, sopesa os pros e os contras, lembra as excepcións, procura as explicacións das súas propias reaccións. Non ofrece para os feitos do pasado explicacións estrondosas nin adopta as entonacións do profeta directamente conectado co sagrado; fronte aos extremos, sabe permanecer humano, sinxelamente humano”. E así é. En palabras do propio Levi: “… antepoño a xustiza ao odio. Por esa mesma razón… usei a linguaxe mesurada e sobria da testemuña; non a lamentosa linguaxe da vítima nin a iracunda linguaxe do vengador: pensei que a miña palabra resultaría tanto máis crible canto máis obxectiva e menos apaixoada fose; só así a testemuña cumpre nun xuízo a súa función, que é a de preparar o terreo para o xuíz. Os xuíces sodes vós”.
Leamos, pois, a Primo Levi, un bo antídoto contra os totalitarismos e os xenocidios que, en efecto, aínda están aquí entre nós. Porque, como el mesmo nos recordou, “Un oprimido pode convertirse nun opresor. E a miúdo faino”. Nós somos os xuíces e debemos condear activamente a todos os opresores, de todas partes, de todos os signos, con todas as nosas forzas.
Boa noite a todos.
Publicar un comentario