18 ene 2007




















Mulleres da pantalla.

Na súa longa historia o cine, bebendo da literatura ou das artes plásticas, representou todos os modelos de muller: a Eva pecadora e a muller fatal, a Celestina a argallar namoros, a Xulieta namorada ata o sacrificio, a muller adúltera no ronsel de Madame Bovary, a fiel Penélope, etc. Un dos estereotipos de maior rendemento foi o da Bela e a Besta: velaí a heroína que se confronta co “Nosferatu” de Murnau ou as múltiples actrices que encarnaron á Bela da que se namora perdidamente King Kong, o gran mono. Ou o lobo vencido pola Carapuchiña Vermella: Bruno Bettelheim escribiu con acerto sobre as pulsións sexuais que se agochan nos contos populares. Semella que o home no fondo é un monstro incapaz de consumar o seu amor coa Bela. Tamén en “A muller panteira”, de Jacques Tourneur, onde se chega á máxima reviravolta: a Bela convertida na mesma Besta.

(Na imaxe, dúas das mulleres panteiras do cine: Nastassia Kinski e Simone Simon, que protagonizou a mítica versión de Jacques Tourneur)

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Entre os anos 42 e 43, en plena guerra mundial, Tourneur realiza A muller panteira e Camiñei con un zombi. O terror como sublimación doutros terrores.

Adycto dijo...

encantoume o post sobre mulleres na pantalla. Xa vira algunha vez este blog no blogomillo pero entrei hoxe por primeira vez a través das votacións de 20 minutos e gustoume moito. Por suposto contas co meu voto. Unha aperta

Anónimo dijo...

Un dos retratos máis arrepiantes que se fai dun grupo de mulleres atoparédelo na película do británico Michael Powell "Black Narcissus" ("Narciso negro").
Aquí o trailer: http://www.youtube.com/watch?v=Vpd_QNkEjy0
E aquí unha das esceas impresionantes do final:
http://www.youtube.com/watch?v=4wtcFT-d7FQ
Recomendo outras dúas películas de Michael Powell:
- "The Red Shoes "(Las zapatillas rojas): a relación entre a vida e a arte, cunha fotografía e números de ballet impresionantes.
- "El fotófrafo del pánico" (Peeping Tom: literalmente, "O espiatrucos"). Aquí tedes a un personaxe masculino misóxino, e unha interesante reflexión a imaxe cinematográica, o ollo do espectador e a morte. Precedente claro de filmes como "Blow up" (Antonioni) ou "La conversación" (Coppola) que son, tamén, dúas das miñas pelis preferidas. "Peeping Tom" foi estrenada o mesmo ano que "Psicocis", mais os críticos destrozárona: en 1960 ninguén estaba preparado aínda para ver algo así. Afortunadamente, a obra de Powell (e a do seu guionista Pressburger) foi recuperada por Scorsesse e Coppola nos anos 70.

Anónimo dijo...

Non coñecía a este Powell e non vin "Peeping Tom", aínda que escoitei falar dela. O que di desta película o señor Swann é tan suxestivo que penso facerme con ela. ¿Sabe se está editada en dvd?

Anónimo dijo...

Onte tiven que reler, bendita coincidencia, El beso de la mujer araña, que tiña esquecido desde os anos da carreira: alí aparecen narradas as dúas películas de Tourneur. Moi interesantes as achegas de Puig a estes mitos, desde unha perspectiva homosexual (hoxe diríamos pedantemente queer, pero en fin).