26 ene 2007

Para a historia dos empresarios galegos
Un repaso á historia constata o afán emprendedor dos galegos (Titular de El Correo Gallego). Un libro da Fundación Caixa Galicia rescata do esquecemento os pioneiros na loita contra o atraso económico da autonomía. A contribución destas 24 figuras impulsou sectores como a cerámica, pesca, carne, conservas, naval, banca ou enerxía.

S. Riveiro informa en El Correo Gallego deste estudo que ten moi boa pinta, sobre todo porque está a cargo de historiadores tan recoñecidos como R. Villares Paz, X.R. Barreiro Fernández, Xoán Carmona, Xosé R. Quintana Garrido, Lois Domínguez Castro, Luís Álvarez Alonso, Alberte Martínez, Ricardo Gurriarán ou María Xesus Facal.




5 comentarios:

Anónimo dijo...

Non lin o libro, pero creo que non é moi exacta a expresión "pioneiros na loita contra o atraso económico da autonomía". Entre outras cousas porque un empresario non se propón algo tan titánico -e ao tempo abstracto- como "loitar contra o atraso económico", senón por erguer un negocio e obter beneficios. E porque, en fin, daquela non había Autonomía.
Eu corrixiría esa frase por inexacta, amigo Valcárcel.

Marcos Valcárcel López dijo...

Benquerido amigo APC: usei só o titular do xornal do que fago a ligazón que, é certo, pode ter unha lectura demasiado interesada (os xornais fan país deste xeito, seica). Xa o corrixín cun novo titular e a aclaración sobre o vello. Eu tampouco lin o libro, pero teño gran interese por saber que se conta de empresarios como ENRIQUE PEINADOR, amigo dos galeguistas, ou EULOGIO GOMEZ FRANQUEIRA, o home dos ovos en Ourense ("o rei do galiñeiro" chamouno ANT en 1978), por certo dúas entradas feitas por dous historiadores amigos e ben competentes (L.Domínguez Castro e X.R. Quintana).

Anónimo dijo...

Estimado amigo Valcárcel:

Teño algún contacto que, quizais, me permita conseguir un par de exemplares, porque supoño que ese é un libro que non vai ser comercializado.
De froitificar a xestión, non dubide que lle farei chegar un exemplar, dado o seu interese polo mesmo. Eu tamén teño interese no libro, aínda que como adoita acontecer en obras colectivas, supoño que a calidade das biografías será desigual.
E si, polo que lles teño lido, eses dous historiadores adoitan ser competentes. Esperemos que non defrauden as súas expectativas nin as miñas.

Un cordial saúdo.

Anónimo dijo...

Eu tamén acredito na grande valía deses historiadores, e na dos demais colaboradores dese libro, e agardemos que sexa posíbel conseguir un exemplar. Por certo, a foto da presentación que publicou El País era ben pavera.

Anónimo dijo...

Os emprendedores empresariáis,no mundo que nos toca vivir,son os principáis "motores" das melloras económicas.Goste ou non.
Pode que sexan ou non conscentes deso.Haberá de todo.Pode que as súas motivacións sexan só o seu lucro personal,pero pode que non.As súas motivációs íntimas,sábennas eles.Pode incluso que sexan conscentes da non incompatibilidade entre os seus intereses e os da comunidade.Pode que,despóis de todo,poidan eles tamén ser "intelixentes".E non só os inxenuos e benintencionados "intelectuáis" que empedran o inferno.