22 ene. 2007

Unha voz crítica

Carlos París pasou esoutro día polo Foro do Faro de Vigo, presentado por Ferrín. Hoxe o xornal trae unha interesante entrevista con el : unha páxina católica de dereitas (non lle vou facer propaganda co seu nome) pide mandar cartas de protesta porque Carlos París dixo na súa charla que o Papa Wojtyla cometera un crime contra a Humanidade rexeitando o aborto e o preservativo.
Entrevista: "Manteño unha postura crítica fronte á transición española".



16 comentarios:

Duarte dijo...

Carlos París non foi, con Alonso del Real, quen delatou a Julián Marías, cando ambos eran falanxistas, antes de que o purgaran? Creo recordar que Javier Marías dixo algo así en algún lugar.

Leituga 1 dijo...

Carlos París, evidentemente, non. Para empezar, non tiña idade.

arume dos piñeiros dijo...

Non sei, pero París procedía da Falange. Non sei se puido delatar, pero desde esa banda viña.

Duarte dijo...

Non teño tan claro que non pudese ser Carlos París. Javier Marías refírese a dous delatores, e a un deles chámalle "el filósofo". Non sei cando se producíu a delación, pero se foi no 45, poñamos por caso, París tiña, nese momento, 20 anos (naceu en 1905). E se foi pouco despóis, xa tiña rematada a carreira. Non teño ningín interese en sinalar a Marías; só unha dúbida, sementada polo propio fillo do delatado.

anónimo político-cultural dijo...

A delación foi durante a guerra civil. O delator pasou de Madrid ao bando insurrecto, e alí denunciouno. O xuízo a Julián Marías foi posterior.

Alonso del Real foi un dos delatores, sen dúbida. Carlos París dubídoo, porque creo que se trabuca se di que naceu en 1905: hoxe está aínda vivo e non ten 101 anos. Daquela, é máis que probable que el non fose.

anónimo político-cultural dijo...

Rectifico: paréceme lembrar que finalmente non houbo xuízo a Julián Marías pola perda duns papeis por parte do xuíz, pero si foi expedientado e sancionado. Salvou a vida de milagro.

Duarte dijo...

De 1925, quixen dicir. P

Duarte dijo...

París ten agora 81 anos.

anónimo político-cultural dijo...

Pois con vinte anos menos, en 1939/40, cando o bando triunfador tomou medidas represivas contra Julián Marías, Carlos París tiña tan só 14/15 anos. Daquela, non puido ser el un dos denunciantes e testemuños en contra. Os que o denunciaron eran amigos íntimos de Marías e, en consecuencia, dunha idade superior á de París naqueles momentos. Coido que o asunto está máis que claro.

anónimo político-cultural dijo...

Se tan interesado está na identidade dese "filósofo" delator, eu pescudaría noutros nomes. Así, de súpeto, vénseme á memoria un nome moi coñecido e falecido hai uns anos. Mais, como non teño datos nin certezas, prefiro omitir o seu nome.

Por certo, o libro no que Jávier Marías fala destes duros avatares de seu pai, é na novela "Tu rostro mañana. 1. Fiebre y lanza", Madrid, Alfaguara, 2002.
Tamén é probable que falase noutros lugares. Lembro, por exemplo, un artigo en "El País" anterior á citada novela, pero non o teño arquivado. Quizais se lle pregunta a Valcárcel, el o teña no seu mítico arquivo de prensa.

Un saúdo.

Leituga 1 dijo...

Aclarado este feo equívoco sobre Carlos París, unha breve nota para lembrar que este señor foi xenro de Fermín Bouza-Brey. A súa primeira muller foi Emilia Bouza Álvarez, filla do maxistrado poeta e de Emilia Álvarez, de Cortegada, que morreu sendo farmacéutica na Rúa do Vilar. Emparentado politicamente tamén, xa que logo, cos Moralejo santiagueses. Emilia Bouza morreu naquel atroz incendio do hotel "Corona de Aragón", en Zaragoza.
Agora Carlos París vive xa dende hai anos con Lidia Falcón, no seu momento celebérrima feminista, que é que lle pon tan linda a melena, segundo din as linguas viperinas.

arume dos piñeiros dijo...

Atopo o artigo do que falaba APC: http://www.javiermarias.es/PAGINASDEVARIOS/julianporjavier.html
Este padre tenía seguramente dos vocaciones, por recuperar la palabra antigua pero vigente en su juventud: la de escritor y la de profesor. La segunda no pudo cumplirla, la primera sí, y mucho, pero a duras penas durante bastantes años. El padre estuvo en el bando republicano durante la Guerra Civil; escribía en el Abc de Madrid y en Hora de España: colaboró con Besteiro -tan ensalzado hoy por los socialistas y por casi todo el mundo-, hasta su rendición y aun después. Al terminar la contienda, fue denunciado por su mejor amigo y por un profesor de arqueología que luego reinó en su cátedra durante largos decenios (el supuesto amigo también obtuvo la suya más adelante, en Santiago, y aún se las dio de izquierdista). Pasó un tiempo en la cárcel y pudo ser fusilado. Fue juzgado cuando lo que había que demostrar era la inocencia; tuvo suerte, y algún bendito testigo al que cuando el juez le espetó: "Oiga, le recuerdo que usted ha sido llamado como testigo de cargo", tuvo el valor de contestar: "Ah, yo creía que se me había llamado para decir la verdad".
¿Qué ocurría con los compañeros de generación mientras tanto, durante la guerra y la victoria? Algunos han muerto ya y otros están vivos y son muy celebrados: unos con justicia, otros sin tanta. Todos fueron cambiando, unos pronto, otros tardíamente. Algunos reconocieron sus debilidades o equivocaciones del pasado; otros las ocultaron; algunos hasta las negaron y tergiversaron, biografía-ficción debería llamarse el género. No importa mucho hoy día. Pero en los años treinta y cuarenta y cincuenta sí importó bastante. Y así, mientras al padre le pasaba cuanto vengo contando, el otro filósofo tildaba en un libro de "jolgorio plebeyo" a la República y ocupaba el saneado puesto de delegado de Tabacalera en una provincia; el novelista eximio se ofrecía como delator y luego recibía alguna condecoración franquista; el poeta, el humanista, el filólogo, el otro novelista: todos de Falange, colaboradores del diario Arriba, o rectores de Universidad, o intérpretes entre Franco y Hitler; fue ministro quien luego pudo defender al pueblo, tuvo cargos institucionales el historiador que lanzó soflamas en plena guerra contra "los tibios". Nadie les ha pasado cuentas, y está bastante bien que así sea. La etapa democrática los ha jaleado y los considera maestros. Lo serán sin duda, de sus disciplinas.

anónimo político-cultural dijo...

Ou sexa, que á final si que houbera xuízo. Que mala memoria a miña na que se mesturan caoticamente tantas cousas! A idade, que diría don Leituga 1.

Leituga 1 dijo...

A idade non perdoa a ninguén, Don APC, nin sequera a vostede nin a min. Temos que apurar a escribir as nosas memorias. Do contrario, vainos comer o alzheimer e marchará connosco, silandeiro e sen facer ruído, un anaco inédito da Historia da Nazón.

anónimo político-cultural dijo...

Home, eu non diría tanto (no das miñas memorias, refírome).

Bubela dijo...

Acabo de atopar por casualidade este blog voso. Supoño que a estas alturas xa estará claro o asunto. Por se aínda quesasen dúbidas: o delator de Julián Marías foi Carlos Alonso de Real, no 1939, grande amigo de Marías (ata ese momento, naturalmente) e coautor con el do libro "Juventud en el mundo antiguo". Sei de inmellorable tinta que foi así. A historia está contada ó longo da triloxía do fillo de Julián Marías, Javier Marías, "Tu rostro mañana". Nela todo é ficción ou ficcionado, incluido o nome do delatado Julián. Todo, EXCEPTO a historia da delación e o nome do delator, que se conta fidedignamente e co nome real (nunca mellor dito) do delator principal (houbo dous). Nome que nunca revelara ninguén públicamente e moito menos por escrito ata ese momento (2002, ano de publicación do primeiro volume da triloxía).
Cando o fillo Javier dou a coñece-la historia, Del Real levaba morto uns dez anos, e ó pai de Javier aínda lle quedaban tres de vida. Persoalmente paréceme a máis maravillosa vinganza posible: publicar o nome do delator nunha novela que lerán ducias de miles de persoas, moitas máis que un artigo en prensa. Sobre esta idoneidade da vinganza Javier Marías ten as súas propias dúbidas, pero eu penso que é absolutamente épica: “levántate agora se podes, cabrón, e limpa o teu nome". ¿É ou non é?