LITERATURA E MEMORIA
XVII ENCONTROS LITERARIOS DO LICEO DE OURENSE
Martes, 23 xaneiro (20,15 h.), SUSO DE TORO, “Memoria e Literatura”
Venres, 26 xaneiro, BENJAMÍN PRADO, “La Literatura es lo contrario del olvido”
Martes, 30 xaneiro, JOSE M. CABALLERO BONALD, “La novela de la memoria”.
Todas as conferencias terán lugar no Salón Nobre do Liceo Ourensán.
Patrocinan os actos a Deputación de Ourense e a Universidade de Vigo, a través da Cátedra Carlos Casares.
Organización: Marcos Valcárcel, director da sección de Literatura do Liceo, e José Luís Troitiña.
Inicia hoxe o Liceo os seus Encontros Literarios, xa na súa XVII edición e co patrocinio da Deputación e da Universidade de Vigo, a través da Cátedra Carlos Casares. De feito foi o propio Carlos Casares o gran promotor e mantedor do seu espírito dende que se iniciaron, aló por 1990. Nos últimos anos escollemos un tema monográfico e ningún tan de actualidade como o que nos convoca nesta ocasión: “A Memoria e a Literatura”. Sobre iso disertarán Suso de Toro (hoxe), Benjamín Prado e José Manuel Caballero Bonald. Os tres teñen obra recente que xira arredor da Memoria. Ou das memorias, porque unha cousa é a memoria dos historiadores (construída e investigada), outra diferente a memoria dos escritores e aínda outra a das persoas comúns, a de cada individuo. O que é seguro é que, destas tres voces, aprenderemos moitas cousas. (La Región, 23 xaneiro)
1 comentario:
http://www.duvi.uvigo.es/es/2013/7/55455/
Publicar un comentario