Dobre moral.Pan por Pan 18 febreiro
Foi noticia en Italia a polémica entre Silvio Berlusconi, o expresidente, e a súa dona, que, movida polos celos, lle fixo recriminacións públicas dende os xornais. Hai uns días o executivo italiano aprobaba a Lei de parellas de feito, que outorga dereitos tanto a homosexuais como a heterosexuais, e encontrábase coa oposición radical dos políticos de dereitas. Pero os que máis protestan, como o ultra Umberto Bossi ou Berlusconi, teñen outras actitudes nas súas vidas privadas. Os dous divorciados, tiveron relacións extraconxugais coas que hoxe son as súas mulleres, con varios fillos en casa caso froito desa relación adúltera. Datos estes ocultados, cómo non, nas súas biografías oficiais. Malia iso, acusan con ferocidade á esquerda de querer destruír a Familia. Por certo, os líderes da esquerda, como Prodi, D’Alema e o comunista Bertinotti, si teñen matrimonios exemplares.
(Imaxe: "Espido feminino", de Egon Schiele, 1910).
3 comentarios:
BRAVO!
Canta hipocresía hai!
Un saúdo!
Pintura sensual, como todas as de Schiele
Moita hipocrisía, si. Hai anos, un día que estaba en Compostela, unha coñecida me fixo a seguinte observación: "Na miña oficina traballa o mozo de..." Iso que poño entre puntos suspensivos representa o nome dun coñecido político pepeiro e de sexo masculino afincado na capital do reino. Pois ben, o partido político deste líder condena os homosexuais a vivir nun ghetto sen dereitos.
Por outra banda, hai moitos progres por aí, auténticos "progres de la vida", que falan moito pero logo fan do tema unha especie de traxedia cando lles toca a eles ou a un familiar seu. Aínda mo diciía estoutro día un amigo meu. Vive nunha cidade "de provincias". Alí non pode saír co seu mozo porque o poden ver os do choio, os coñecidos, etc. Tampouco o saben os seus pais, un deles conservador no relixioso e outro "progre de la vida". Un home feito e dereito, con case corenta tacos, e tivo que calárllelo. Así están as cousas.
Con todo o respeto que merece unha persoa,e a maiores o que nos merece por haber morto,o Carlos Casares foi un escritor do montón,e os artículos na Voz dos últimos anos,infumables.Mais ou menos,a tendencia que colle últimamente o valcárcel...
Publicar un comentario