25 feb. 2007

A escola en Finlandia.

Segundo varios estudos, Finlandia é un dos países cun sistema educativo máis avanzado e eficiente; de feito, encabeza o Informe Pisa da OCDE dende hai varios anos. É un sistema case totalmente público (o 90 por cento das escolas), con comedores e libros de texto gratis e mestres moi motivados porque gozan dun gran recoñecemento social (pero seica cobran menos que os españois). Os centros teñen certa autonomía e liberdade de programación e só un 10 por cento dos alumnos abandonan a escola trala primaria (a media europea é o 18). Por iso me sorprendeu un dato que ofreceu esoutro día o psiquiatra Luís Ferrer: Finlandia ten un índice máis alto de maltrato á muller que España e tamén un dos niveis máis elevados en suicidios adolescentes. A escola pode facernos máis felices e mellores cidadáns. Pero o seu poder non é omnímodo.
(Pan por Pan domingo 25 febreiro. Imaxe de Lucien Freud)

10 comentarios:

marcos valcarcel dijo...

Onte tiven que borrar unha mensaxe moi insultante que me acusaba de colgar imaxes pornográficas, referíndose á anterior imaxe de Lucien Freud. Por suposto, non me vou autocensurar a este respecto e creo que elixo en función dun certo bo gusto e calidade artística: a quen non lle guste, xa sabe o que ten que facer...

Anónimo dijo...

Si home sí, sigue así. Pra diante, e non te coma-la cabeza, nin caso.

anónimo político-cultural dijo...

Vaia broma!

Acusar ao señor Valcárcel de pornográfico ven sendo o mesmo que acusarme a min de ser un gran bailarín de break dance.

X dijo...

Pois eu íao felicitar pola elección, xa ve, sempre hai para todos os gustos.
Coñecía os datos positivos da escola en Finlandia por un artigo recentemente publicado na prensa mais estoutros que indica no seu post fan cambiar substancialmente a apreciación das bondades do seu sistema educativo. Saúdos.

XM Carreira: Caixa do Mendinho dijo...

[gargallada]Imaxes pornográficas no blog do Sr. Valcárcel? Meu Deus, entón que pensará cando vexa o caderno da señorita X? [/gargallada]

arume dos piñeiros dijo...

A pornografía é unha das belas artes. E o noso país é un dos países máis libres neste asunto: pode que o que máis. Alguen coñece lugar onde se podan exhibir nas revistas nos quioscos nas rúas máis céntricas das cidades corpos núos (máis ben de mulleres) e ben fermosos aos ollos de todo dios? Esa é a nosa grandeza: viva a liberdade e a pornografía. Qué carallo!
Vaia a miña solidariedade, amigo Valcárcel.

Xosé M. González dijo...

O que non queira mirar, que non mire. O que non queira que miren os fillos (se veñen á solaina), que poña un control parental.

Sobre o outro tema: a educación, a ilustración, a cultura non garanten nin a bonhomía nin a felicidade. E seguimos o fío aquel na sociedade insolente.

Leituga 1 dijo...

Estou de acordo co que di o señor González en canto a que a educación e a cultura non son panaceas. Nin sequera me parecen contraditorios os datos fineses sobre excelencia educativa, maltrato nas parellas e suicidios adolescentes. Supoño que nesas cousas xogan moitos máis factores. E os escandinavos, a pesar da súa tolerancia e á súa confianza na perfectibilidade dos seres humanos, poden ser tamén xentes bastante atormentadas, tendentes á conciencia culpable, a unha feroz autoesixencia e ao puritanismo.
De todos modos, supoño que nos datos sobre malos tratos, que en Suecia tamén superan aos de España, habería que indagar máis. Imaxino que pode haber máis feitos deses que antes se chamaban "crimes paixonais", pero supoño que haberá menos casos de maltrato machista.

marcel swann dijo...

Non teño claro que o acceso á cultura e o algo nivel de vida sexan a panacea que nos dea a felicidade. Teño escoitado a persoas máis vellas que antes nas aldeas a xente era máis leda do que é agora. Se cadra tamén era porque había máis rapaces.

AVMF dijo...

Primeira acta do concello de Ourense onde aparece a acusación de "Pornográfico", referida a Curros Enriquez por parte dun concelleiro da cidade que se opuña a que levase o seu nome unha rúa e o colexio en Ourense. Perdeu a votación aínda que tivo o voto do alcalde.
Marcos, moi ben iso de pornógrafo.

Sesión do 28 de Abril de l.925.
Folio 5 (volta)

"Leyóse seguidamente el acuerdo de la Comisión Permanente de l3 de Marzo último por virtud del cual se resolvió la construcción de un Grupo Escolar en la parte Norte de la población que lleve el nombre de Curros Enríquez, a cuyo efecto contribuiría el Ayuntamiento con las 20.000 Ptas que existen en Presupuesto, para la iniciativa de un edificio de esta naturaleza; abriéndose una suscripción popular en Galicia y entre los paisanos que se encuentran en las Américas, y asimismo de dar el nombre del insigno vate a la carretera que desde el Campo de San Lázaro conduce a la Estación de Ferrocarril. El Sr. Pedreira, no obstante la falta de cortesía que implica adoptar estos acuerdos, sin contar con la Comisión de Fomento e Instrucción, muestra su conformidad, excepto en lo de bautizar con el nombre de Curros un edificio destinado a cobijar niños, por razones que no quiere explicar, y como sea interrumpido por el Sr. Suárez, añade que dicho poeta puede clasificarséle inclusive de pornográfico, produciéndose un incidente que termina la Presidencia, proponiéndo se acuerde, desde luego la construcción del Grupo, pero sin calificación alguna.
Salen del Salón los sres. Ginzo Soto y Cid Rodríguez. El Sr. Guitián se extraña de que se disienta la personalidad de Curros, y pide que se someta a votación si ha de dársele o no su nombre al Grupo de referencia, insistiéndo la Presidencia en que no se le disente, sino únicamente si el Grupo ha de llevar su nombre, y ruega se apruebe como ella propone, sin perjuicio de acordarse además de lo de la calle el erigirle un busto, u otro monumento análogo.
Como los Sres. Suárez y Guitián reiteran sus manifestaciones, la Presidencia somete a votación si el Grupo Escolar que se proyecta edificar en la parte Norte de la población, ha de llevar o no el nombre de Curros Enríquez.
Realizada la votación, y practicado el escrutinio, dió el resultado siguiente: votaron porque lleve el nombre de Curros, los señores Bobillo, Fernánez la Torre, Rodríguez García, Reverter Plá, Camba Rodríguez, Heredia, Pavón, Macía Martínez, Suárez Castro, Guitián, Fábrega y Añel González, y votaron que no, los señores: Pedreira, Eiré, Fermín Moreiras, Rodicio González, y la Presidencia; quedándo en consecuencia acordado que lleve el nombre del insigne vate".