21 feb. 2007

Expedientado no BNG por presidir a AGAI

Segundo informa La Opinión, o Consello Comarcal do BNG de Vigo, celebrado o pasado oito de febreiro, acordou por maioría abrir un expediente a un militante e membro dese Consello, Pedro Gómez-Valadés, por presidir unha asociación de apoio a Israel. A razón desta medida, aprobada cos votos dos membros da UPG, é que a Asociación Galega de Amizade con Israel (AGAI), constituida en decembro do ano pasado e presidida desde entón por Valadés, é unha organización "imperialista" e, polo tanto, contraria ao "ideario" do Bloque. Cando menos, iso foi o que argumentaron os dirixentes comarcais que propuxeron abrir un expediente, retirarlle a militancia e expulsar do partido ao seu compañeiro, responsable da área de Cultura e Lingua da executiva nacionalista na comarca viguesa. Velaí a nova completa e a reacción do afectado.

19 comentarios:

Anónimo dijo...

Non hai dúbida, puro antisemitismo. Hai militantes de moitas tendencias no BNG, das mais contradictorias incluso coa ideoloxía nacionalista. Hai militantes que apenas usan o idioma galego, hai militantes que participan do bilinguismo armónico. Hai militantes non menos de dereitas que o PP.
Pero coa Santa Inquisición topamos.
Ser xudeo, simpatizar co xudaismo, ou pertencer a unha asociación de amigos de Israel, semella que leva implicito a imposibilidade de ser nacionalista galego,e de esquerdas. Porque pesa sobre esa posibiliade, sobre esa identidade unha unha mancha, unha culpa, e ao mellor ata teñen rabo.
Escandaloso.
Este BNG, aparte de ser incapaz de facer unha politica que se distinga da do Psoe, a non ser pola loita polas cuotas de poder, vense revelando como un fato de muñóns sen capacidade de pensamento, algo moi proximo ao dogmatismo, ao prexuizo, ao balero mental.
Jimy de Rairo

anónimo político-cultural dijo...

Demencial, alucinante, inquisitorial, impresentable, inconcebible, intolerable, ditatorial, grotesco, canallesco, ilegal, infumable, incrible, ...., son algunhas das palabras posibles que merece esta ignominia que se pretende cometer contra a liberdade de expresión e contra os lexítimos dereitos dun afiliado do BNG.

A miña total solidariedade co afectado.

Yudá Peres dijo...

Home. Canto tempos sen expulsións... A min botáronme porque tiña amigos de MGR, Xuventú Comunista, Liga, etc. e pedíronme que deixase de saír con eles porque nos podían confundir cos "españolistas". Rompín os carnés de ANPG e ERGA antes de que me botaran, naquel movido verán de 1977. Trinta anos despois, o problema é Israel.Non me estraña. O problema é a falla de anovación da dirixencia que non modificou unha areixa a súa visión do mundo, entrementes o mundo cambiou de todo. Que sexan coherentes, como o Suevos e outros toliños na súa paixón por Corea do Norte. Eles son o fascismo en adaptación.
Sen entrar na valoración do conflito árabe-israelí, dada a miña simpatía pacifista e por un dos bandos, é alucinante, que neste momento se faga algo así.
Descerebrados. Pedro, represaliado polos eternos cervexeiros de Munich e polos acólitos de Stalin, trata de mover unhas ideas libres no nacionalismo galego sobre Europa, sobre Israel... Pero mellor é non pensar... xa pensan os dirixentes por todos. E eles ditan o rumo. Viva Ahmadineyad, Chavez, Castro e Kim Jong-il...
Eu acuso ao BNG nestes momento, de favorecer obxectivamente a Hamas, ao eliminar a un home como Pedro que se move pola paz en Medio oriente e que trouxo a falar a un adalide da paz como Shlomo Ben Ami a Santiago.
Mirade o que fixo Hitler con dúas palabras tan bonitas como nacionalismo e socialismo. Ollo ao piollo que os dirixentes do BNG aínda teñen que encontar un lugar no mundo. Dicir nacionalista, pois, non quere dicir nada. Pode un ser un deus ou un demo. É como dicir ser humano. O que é indigno é, sobre todo nestes momentos avoltos do islamo-fascismo en movemento -negación do holocausto, antentados de MAdrid, Nova york e Londres...-, é botar a alguén que defende o seu dereito a opinar. Acuso de analfabetismo político aos que propuxeron tal medida.
Espero que lles custe o seu.

Xosé M. González dijo...

Tratando de ver as cousas con serenidade, diría que o episodio é mostra de, como mínimo, dúas cousas: primeira, hai aquí un debate pendente de darse, se ben podían escoller mellor momento; segunda, algún sector do Bloque aparenta bastante lonxe da sociedade, logo non é ilóxico que manifesten renitencia a abrirse a ela.

Pero o feito require de moito máis comentario do que é posible aquí.

marcel swann dijo...

O actual líder do tinglado upegallo hai anos apoiaba a Sadam Husein e mais (agora que hai que corrixir o de "i") a Jomeini. Na UPG non cambia nada: seguen estando aí os que estaban hai vinte anos. Os mesmos estatutos, a mesma ideoloxía de base, adubiada cunhas pingas de moderantismo para non dar o "cante". Eles cren que son a base do partido, a vangarda que turra dos brandos de espírito, mais que o que verdadeiramente son é o problema, o verdadeiro problema do BNG.

anónimo político-cultural dijo...

Si, claro, amigo X.M. González, serenidade, pero mamentras os dereitos individuais dunha persoa normal e digna están sendo conculcados arteira e mesquiñamente.

Comprendo que a militantes nacionalistas coma vostede -dignos, responsables e sensatos- estas cousas lles causen desazón, pero os feitos saltan á vista.

Mais por moito que maticemos nun plano xeral, o caso é que no plano concreto unha persoa está sufrir acoso e persecución políticas por parte dun grupo que pensa que ten patente de corso para facer o que lles dea a real gaña.

E iso é intolerable. Intolerable para os militantes dignos do Bloque -que os hai, e moitos- e tamén intolerable para os cidadáns normais.

De aí que non poidamos quedar calados, aínda que, de momento, só sexa a través da rede.

Anónimo dijo...

Totalmente de acordo co exposto ata o de agora. Amais de que os militantes individuais do Bloque teñen o dereito de ter opinións diversas sobre temas diversos, semella mentira que nacionalistas firmes (o de que a UPG é un partido marxista-leninista que lidera a fronte etc. etc. para instaurar no futuro o socialismo etc. etc. logo da revolución nacionalpopular etc. non o cren nin eles, pero fican en defensores das esencias nacionalistas) descoñezan que moitos nacionalistas sen Estado (p. ex., o primeiro Sinn Féin, moitos nacionalistas bascos, etc.) sentiron grande admiración pola xeración que construíu Israel, xente laborista e socialdemócrata que ademais experimentaron cos kibbutzim unha sorte de comunas (ás que foron facer estadías moitos socialistas nos 70). Xente que edificou un estado democrático -mellorábel, certo é, pero máis democrático que calquera dos estados árabes que o arrodea-, e que literalmente resucitou un idioma nacional.
Defender o dereito á existencia do Estado de Israel non implica nin identificarse coas posturas de dereita xenófoba que tamén hai en Israel, nin cos soños de expansión imperial (o "Grande Israel") que a xente do LIkud e outros cobexan, nin coa actual política contra dos palestinos. Porén, o sr. Ben ami non é ningún opresor de pobos. E, aínda que hai moitas razóns que fan comprensíbel fenómenos como Hamás, non é de recibo xustificar todos os seus métodos de loita no pasado. Nin é de recibo calar que a ANP baixo Arafat era un estado corrupto e cunha policía brutal. Non por iso se deixa de defender que o pobo palestino ten dereito á existencia e a vivir nun territorio. A solución ha ser favorecer o diálogo (iso que tanto se defende en Euscadi, p. ex., e con razón) e o recoñecemento de todas as nacións en lideira, porque Israel tamén existe.
Pero claro, iso é fiar moi fino, e non vén nos manuais dos polpotiños de palleiro que aínda fican na UPG.

Anónimo dijo...

Quarta-feira, Fevereiro 21, 2007

CUESTIÓN DE PRINCIPIOS

Un dos princípios ideolóxicos definitorios do BNG desde a súa fundación é o da Auto-organización. Dada a sua importancia, ocupa o 4º lugar dentre os principios da Frente patriótica para a liberación nacional e social da Galiza.
Pois ben, estes dias desde a UPG estase a facer unha caza ás bruxas propria dos tempos do macartismo contra o militante de Vigo Pedro Valadés pola súa presunta e discutíbel violación do 6º principio, o Anti-imperialismo. O delito dese militante: participar como promotor dunha asociación galega de amizade co povo de Israel (estado constituído no seu dia co apoio da URSS no Consello de Seguranza das Nacións Unidas).

Porque esta referencia aos principios de Auto-organización e Anti-imperialismo do BNG? En primeiro lugar porque ocupan unha escala xerárquica distinta, ocupando o da Auto-organización un lugar preferente.

Vexamos como son definidos un e outro:

"4.AUTO-ORGANIZACIÓN
Consideramos básico o princípio de auto-organización nacional (Sindicatos, partidos, organizacións de masas,...) para defender adecuadamente os intereses da nación galega, rexeitando toda clase de colonialismo político de calquer tendéncia ideolóxica".

"6.ANTI-IMPERIALISMO
Para a nosa política, dirixida á consecución de unha Galiza liberada, é chave o princípio de anti-imperialismo militante, polo que a Organización define-se pola solidariedade internacional e apoia todas as loitas dos povos do Estado e do Mundo para conseguir a sua liberación nacional. Polo tanto, somos contrários á CE e á OTAN por ser organizacións, a nivel económico e político-militar, que representan os intereses dos grandes monopólios e do imperialismo europeu-ocidental americano".

Para alén de ser discutíbel a violación dese principio do anti-imperialismo nunha cuestión da política internacional como esta, os xerifaltes comarcais da UPG -co visto bon dos coroneis do Comité Central- pretenden incoar un expediente de expulsión a un militante pasando por riba doutros principios organizativos do BNG como é o Pluralismo Político e a Liberdade de Expresión.

Pois ben, se esa é a estratexia da UPG para o novo tempo político, estes guardiáns da fe deberían aplicarse a xerarquia deses Princípios Políticos estratéxicos e comezar a incoar expedientes de expulsión a todo/a militante, cargo orgánico-institucional nacionalista que, por exemplo, sexa membro ou delegado sindical de CC.OO. e UGT ou socio de Greenpeace ou Amnistia Internacional.

Unha vez purificados destes "cancros" virian os que recorren ocasionalmente ao uso do español nas suas relacións sociolaborais (os Estatutos din que é deber dos militantes unha práctica comprometida coa língua galega), seguido dos practicantes do catolicismo (outra institución imperialista),...

Demencial.

Asdo. Xavier Uxío Painho Pintos Gonçalves.

Publicado por Galiza Sosego

De la Highway 61 dijo...

Eu non teño nin idea de política, inda que polo que vexo, co que aprendín hai anos vendo "La vida de Brian", xa me chega.
Agora ben, teño que admitir que me preocupa un pouquiño o feito de estar gobernado por un... ¿partido? ¿tinglado? que semella ser un niño de fascistas, polpotiños de palleiro arteiros e mesquiños, analfabetos políticos, descerebrados, e unha morea máis de adxectivos destilados destes mesmos píxeles que me acollen. E eu pensaba que estabamos fodidos co PP...
Logo está o de antisemitas e o de sacar a pacer a Hitler, a Stalin e até a Santa Inquisición para atallar calquera intento de ¿ataque? a Israel e á súa política. Eu boto de menos a Ramsés II e a Nabucodonosor, pero seguro que non é esquecemento, senón que é que a xente xa se está a esforzar en actualizar algo o discurso (glups, agardo que este último parágrafo non faga saltar os sempre sensibles detectores de antisemitas).
En fin, señores, que lle vou dar outra volta á de Monty Python a ver se aprendo algo.

Xosé M. González dijo...

Entendeume mal, AP-C. Digo que é demasiado complexo para eu abordalo co espazo que teño aquí; cousa que non quita facelo noutra parte. Por outra banda, a serenidade sempre é o mellor se se pode manter; mesmo para o ben do afectado. Non teña dúbida, a pouco que poida terán noticias miñas.

Por certo: non estou afiliado ao BNG. Non é desculpa nin desmarque, posiblemente debería estar.

anónimo político-cultural dijo...

Lamentablemente, moita xente asisada coma vostede, amigo X.M. González, sendo nacionalista, non está afiliada ao BNG.

Pérdense, así, moitos e valiosos activos necesarios para unha modernización coherente da mensaxe e alternativa nacionalistas (e reitero a expresión: "modernización coherente").Daquela, o seu lugar é ocupado por homes grisallos e de aparato, como ese tipiño ignorante e atrevido de Redondela que tivo a gloriosa ocurrencia de tomar a iniciativa de promover o expediente do "encausado". Todo un despropósito que, desde logo, vostede nunca cometería.

Mais comprendo perfectamente que non estea afiliado: lidiar no plano interno dunha organización con determinadas persoas é unha actitude heroica que cansa até o máis entusiasta.

Reciba unha cordial aperta.

Anónimo dijo...

Non me extraña que pase isto. O BNG en Vigo está inzado de trepas con pretensións sociais e económicas semellantes ás dun militante (alto) do pp pese ao seu carnet de bloqueiros dende os seus prefranquistas anos do instituto.

Son profesores na súa maioría, que foron a unha manifestación cando novos e agora só se preocupan de viaxar tres veces ao ano a disneilan cos seus privilexidos fillos (castelán falantes nin que dicir ten). Teñen o carnet por se lles cae un cargo público e así poder pedir unha excedencia. algúns deles fan carreira de intelectuais con publicacións de moita verborrea vacua. e ata gañan premios de cando en vez grazas ás súas influencias de vello no mundiño literario noso. Tan conservador pese a militancia no bng de moitos dos seus membros. A iso se lle chama dobre moral, hipocrisía, falsidade. Pero case sempre todo o mundo cultural garda silencio. Eses son os nosos.

Anónimo dijo...

Non me extraña que pase isto. O BNG en Vigo está inzado de trepas con pretensións sociais e económicas semellantes ás dun militante (alto) do pp pese ao seu carnet de bloqueiros dende os seus prefranquistas anos do instituto.

Son profesores na súa maioría, que foron a unha manifestación cando novos e agora só se preocupan de viaxar tres veces ao ano a disneilan cos seus privilexidos fillos (castelán falantes nin que dicir ten). Teñen o carnet por se lles cae un cargo público e así poder pedir unha excedencia. algúns deles fan carreira de intelectuais con publicacións de moita verborrea vacua. e ata gañan premios de cando en vez grazas ás súas influencias de vello no mundiño literario noso. Tan conservador pese a militancia no bng de moitos dos seus membros. A iso se lle chama dobre moral, hipocrisía, falsidade. Pero case sempre todo o mundo cultural garda silencio. Eses son os nosos.

Anónimo dijo...

Non me extraña que pase isto. O BNG en Vigo está inzado de trepas con pretensións sociais e económicas semellantes ás dun militante (alto) do pp pese ao seu carnet de bloqueiros dende os seus prefranquistas anos do instituto.

Son profesores na súa maioría, que foron a unha manifestación cando novos e agora só se preocupan de viaxar tres veces ao ano a disneilan cos seus privilexidos fillos (castelán falantes nin que dicir ten). Teñen o carnet por se lles cae un cargo público e así poder pedir unha excedencia. algúns deles fan carreira de intelectuais con publicacións de moita verborrea vacua. e ata gañan premios de cando en vez grazas ás súas influencias de vello no mundiño literario noso. Tan conservador pese a militancia no bng de moitos dos seus membros. A iso se lle chama dobre moral, hipocrisía, falsidade. Pero case sempre todo o mundo cultural garda silencio. Eses son os nosos.

marcel swann dijo...

Eu penso que debían botar do partido tamén a Camilo Nogueira, por se le ocorrer acudir á conferencia de Scholomo Ben-Ami hai un par de meses. Por outra banda, na revista ENCLAVE tamén hai un artigo dese do sr Ben-Ami, así que habería que tomar medidas contra os seus editores.

Citando a famosa sentencia do senador McCarthy: "I have here in my hand a list of 205 people that were known to the Secretary of State as being members of the Communist Party." Onde pon comunistas, poñan vostedes "israelitas."

Xosé M. González dijo...

Xustamente por iso que di vde., Swann, e o cúmulo de detalles que faltan, isto aparenta desproporción a carón de despropósito. Así e todo, non hai nada concluído: se me desculpan o símil, aínda está o capador riba da cocha.

É o malo dos debates sen dar. Estoupan, se cadra, no momento mñais inoportuno. E segundo quen cavilará nestas cousas?

Galiza Sosego dijo...

Quinta-feira, Fevereiro 22, 2007

A U.P.G. ten a decisión tomada.

Segundo varias fontes ven informadas, o Comité Central da U.P.G. xa ten acordada e votada a expulsión do compañeiro do B.N.G. presidente da A.G.A.I, non se esta seguro se o Comité Comarcal xa ten decisión o ríspeto, mais as fontes apuntan no mesmo sentido.

Na Executiva Comarcal do B.N.G. de onte, no se introduzo ningún punto do día relacionado con ese asunto aducindo a gravidade do tema Gondomar, trala insistencia reiterada do compañeiro ao que lle queren abrir o expediente de expulsión; por parte da responsable comarcal, e tras observar a gran cantidade de faltas de asistencia que farían perder calquera tipo de votación, asegurouse que se lle prorrogaba o prazo de reflexión para que abandonara a AGAI de 15 días a un mes, e que logo na primeira executiva xa se vería o tema e se fora afirmativo se pasaría ao primeiro Consello Comarcal posible para a súa ratificación. Ou incluso a Asemblea Comarcal para o seu debate. Claro que todo isto seria xa DESPOIS DAS ELECIÓN MUNICIPAIS. A intención parece clara. Ao compañeiro o botan, iso non hai dubida, mais non queren que o tema interfira nas Eleccións Municipais.

Co sinxelo que seria desestimar o tema e esquecelo e ter a toda a militancia pendente das Eleccións. Pois parece que no, a U.P.G. non ten ningún reparo en ter a xente distraída con estas lerias, (con campañas de sensibilización da militancia, con intervencións constantes nos medidos de comunicación, coa utilización por parte da oposición do tema como arma electoral, con rodas de prensa, con comunicados, con desmentido, con...) e si logo os resultados electorais non son os esperados, ter por riba un cabeza de turco ao que votarlle as culpas.

Sexa como fora, a UPG xa o ten decidido, e si para iso cargase a campaña electoral do BNG, para quitar do medio unha persoa tradicionalmente tan critica con o aparato oficial dirixido dende a UPG en Vigo, non teñen escrúpulos ningúns en facelo. De feito xa o están a facer.

Dende Compostela, onde poderíamos chegar a crer que isto podería pararse cunha chamada de telefono, todo o contrario, botan mais leña ou fume. Se na UPG de Vigo o resultado electoral nas municipais de Vigo impórtalles un carrallo, que lles vai a importar aos de Compostela?

GALIZA SOSEGO

Publicado por Galiza Sosego los 5:32 AM

Anónimo dijo...

carallo cantos proisraelitas saen do agocho!!.Ou é que contar de atacar o bng,e alguns mas silibinos, concretar so na upg, todo vale. Meus bens a raiba de onde os sale? algunha frustación da adolescencia?.
Pois nada, ruliños, collede o fusil e ala, ide a palestina cos vosos amigos a practicar o HOLOCAUSTO que os vosos amiguos practican todolos días dende fai mais de 50 anos. Tendes moito chollo e variado : facer tiro nos bebes, nas nais tamen, nos médicos cando van a curar os feridos, demoler as casas, levantar un muro, cortarlle o suministro dos seus propio cartos, e tanta a lista que non daria acabado, pero o mellor e que os financia as democracias americana e alemana. En fin, ahi hai futuro, ide, ide...

Anónimo dijo...

Eu non vou, que igual estou nunha cafetería e me vén unha señora desas de Hamas co refaixo cheo de explosivos e me inmola pra maior gloria de Alá.