21 feb. 2007




Galicia en "Triunfo"


Dese tema falamos neste blog hai unhas semanas e sobre el volve hoxe Ramón Chao en El País, nas páxinas de Galicia: a presenza galega na revista Triunfo. Velaí dous parágrafos do seu traballo (por certo no segundo confunde o nome de Xesús Alonso Montero, porque Sánchez Montero creo lembrar que era un dirixente do PCE que nada tiña que ver con Galicia):

Galicia estuvo muy presente en Triunfo. De inmediato me viene a la memoria un artículo de Xosé Luís Méndez Ferrín sobre nuestro ser. Busco en www.triunfodigital.com y pongo mendez ferrin. Lo encuentro en el día 9 de diciembre de 1972, páginas 59-65. Xosé Luís tenía 34 años. Sus apreciaciones siguen válidas : "Veo a mi hijo de cuatro años en la playa de Coruxo. Juega a ayudar a los pescadores en la operación de varar una gamela, embarcación ancestral. Cada gesto de aquellos hombres es imitado por el niño que, sin saberlo, atraviesa miles de años hacia atrás, hacia un plano neolítico, como neolíticos son, quizá, el ancla de piedra, el carro, el hórreo, las brujas, los pesos en la cabeza, los fundamentales mitos colectivos. Descubrimos, con mirada alucinada, que la base cultural del campesino-pescador gallego está hecha de elementos neolíticos. Y el vértigo sobreviene al imaginar la trasmisión, la perduración de esos elementos a través de los siglos, de las culturas, de las etnias que se suceden sobre la piel del macizo gallego".
¿Continúa vigente, 35 años después, éste análisis de Xesús Sánchez Montero?: "Nunca hubo en Galicia tantos escritores dispuestos a escribir para el pueblo o con el pueblo o desde él; pues bien, el pueblo está, como lector ausente. Lo estuvo siempre, salvo exiguas excepciones. El pueblo que habla gallego, que sabe un buen gallego, no ha sido escolarizado en su lengua. El ciudadano gallego, analfabeto en su idioma, tartamudo en el otro y educado en la solapada subestimación hacia la lengua del país, sólo excepcionalmente se acerca a la letra impresa en gallego (en otras áreas idiomáticas el pueblo no consume literatura de arte, pero sí literatura de quiosco, género que no existe en gallego.

4 comentarios:

marcel swann dijo...

Se por xeración entendemos un periodo de aprox. 20 anos, podemos dicir que nestes momentos temos xa un par de xeracións que foron escolarizadas nun 20/30% das materias en galego (lingua e literaturas galegas e algunha máis). Temos, de resultas deste proceso, dúas xeracións que lean en galego?
Xa no podemos dicir, como Alsonso Montero hai 35 anos, que o pobo galego sexa analfabeto na súa lingua, ou polo menos poderiamos dicilo das persoas que teñen menos de 45 anos? Pero iso produciu un incremento cuantitativo da xente que le en galego? Por que os xornais galegos seguen a estar redactados case todos en español?

Anónimo dijo...

Encirremos un pouco e deámoslle outra volta á pregunta. Le moita xente, aínda que sexa en castelán? Hai unha diversificación da oferta cultural en galego equiparábel á que existe en castelán? Se un, por exemplo, gosta da novela policíaca, en galego ten pouca escolla. E a poesía galega é moi boa, pero ese sempre é un xénero minoritario.
E outra máis: é lexíbel todo o que se escrebe en galego? Hai tan bos escritores como se di?
Por certo, divertido o lapsus de Chao entre Alonso Montero e o dirixente do PCE Simón Sánchez Montero. Claro que ao primeiro pouco chiste lle faría.

gustavo peaguda dijo...

De sanchez montero contase que foi a persoa que fixo que animouo lute a ler mentras estaban no carcere.

arume dos piñeiros dijo...

Ramón Chao, Ramonet, Reixa, Julián Hernández... por favor, señores/as de EL PAÍS, por qué non dividen as columnas (para que caiban máis) e escollen a outras persoas? Por favor.