28 feb 2007

Falar mellor o idioma
(Miguel Anxo Fernán Vello en Galicia Hoxe, 26 febreiro. Imaxe do pintor Sucasas)

Imaxinan vostedes un locutor ou locutora dunha canle televisiva española maltratando en todo momento o preciso e rexo idioma castelán? ¿Coñecen vostedes casos flagrantes de escritores ou actores españois a feriren decote o corpo sonoro e comunicante da lingua cervantina? Algún caso pode haber, mais no conxunto resulta irrelevante. O código lingüístico do español, digámolo así, funciona. Mais vaiamos ao noso. Lin nos últimos días varios artigos xornalísticos –Xosé M. Sarille, Luís G. Tosar, Monxardín, Marcos Valcárcel...– nos que se chamaba a atención, dun xeito ou doutro, sobre a pésima calidade que –sempre hai excepcións– posúe o idioma galego en boca de políticos, principalmente, mais tamén –engado eu– no uso que lle dan ao mesmo non poucos xornalistas, profesores, presentadores de TV, tertulianos, escritores e actores. "Andar co idioma como se fose un trapo", di Sarille, e así é como andan, para maior desgraza da nosa lingua, persoas que, por unha razón ou outra, son referencias públicas, voces e caras coñecidas; "líderes", se se quere, en diferentes ámbitos da sociedade galega. ¿Significa isto que este noso país xa foi vencido de vez? ¿Que non ten xa forzas nin conciencia dabondo para seguir mantendo en perfecto estado de uso e de beleza o seu máximo sinal de identidade? Fagamos todos e todas un esforzo –un esforzo de amor, enténdase así– por falarmos mellor este idioma noso que nos fai ao mesmo tempo particulares e universais. E en primeira instancia fagan ese esforzo –só un bocadiño, aos poucos: outra mostra de respecto e de amor– as persoas que nos representan no político, no cultural, no mundo do ensino e da comunicación. Non andemos co idioma como se fose un farrapo calquera. Rendámoslle, cando menos, un respecto elemental, inmediato, práctico. Galicia é, por riba de moitas cousas, o seu idioma. Comecemos, pois, a dar exemplo, aloumiñándomos o seu corpo e as súas formas, sentíndomos como respira na súa xusta dimensión. É unha responsabilidade individual que ten resultado colectivo.

25 comentarios:

Anónimo dijo...

O castelán "preciso e rexo" (menudo topicazo) non existe en ningures, salvo que o busquemos denodadamente. Os actores, presentadores, escritores falan o seu castelán, algúns mellor e outros peor. A lingua estándar ten uns límites grandes para que a xente poida atopar nela referentes, pero non é a lingua fetén.
Aquí en Galicia, seguimos coa mesma teima. Eu non estou seguro de que non se fale ben o galego: pode que nonos guste como outras persoas o falan. Xa o dixen noutro lugar: eu prefiro un galego de suxeito-verbo-predicado ca un cunha prosodia magnífica. Sempre que escoito que un fulano fala un bó galego sempre é por razóns fonéticas, non por razóns morfolóxicas, sintácticas ou pola súa claridade expositiva. Cren vostedes, de verdade, que un ouvinte castelán non fai a mesma consideración? Unha parte importante da normalización (esto parece o típico debate della questione della lingua nos limiares das linguas románicas) depende de que aceptemos un nivel estándar de lingua, un nivel variable de corrección lingüística e unha constante utilización do idioma. Estas liortas o único que fan é desterrar ao castelán os intentos de falar un galego aínda que non moi correcto. Como sigamos con esa teima, non sería de extrañar que, tendo en conta o prestixio que parece ter (polo que di Fernán Vello) o castelán como lingua correcta nos medios de comunicación, a xente remate preferindo este ao galego. E así creo que a normalización non vai.

Anónimo dijo...

Un rexo e viril, E Logo?, en troques dun patetico, I Logo?. Eso é o que quere dicir o Fernan-Vello ca lingua rexa.

Anónimo dijo...

Apoiade ó Manifesto do E, a prol dun galego autentico!

Anónimo dijo...

A parte final da súa mensaxe, Arume, suxire unha pregunta posiblemente retórica: e non será que [a xente] xa está precisamente optando en tal sentido e por tal circunstancia (a corrección formal en contextos formais)?

Xa lle teño dito que non estou moi dacordo co que di. A imaxe fonética dunha lingua é fundamental, o alicerce; e ben o saben os profesores de inglés, polo menos o director -nativo e experimentado- da eficaz academia á que van as miñas fillas. Ora ben, agradezo que alguén chame a atención sobre os pisos altos do edificio: obviamente, a sintaxe tamén falla, e incidindo só en fonemas e léxico deixamos de lado tal deficiencia. O recordatorio aquí faino vde., e eu estímollo ben.

Anónimo dijo...

Sí, a parte fonética non é descartable: eu non o fago, pero adoita converterse no máis principal. Os acentos, pronunciacións de extremeños, valenciáns, cataláns ou andaluces son visibles e a ninguén lle molesta nin os considera relevantes para o futuro do español. Eso mesmo ten que pasar en galego: vou dicir unha cousa que pode parecer unha barbaridade, pero desde un punto de vista estrictamente lingüístico non o é: se desaparece o sistema vocálico do galego de sete vocais, non pasa nada. Teremos un de cinco ou de catro, ou do que a xente quere que teñamos. A lingua evoluciona e só hai que empregala. Empregala masivamente, como sexa, pero sen apegos a un sistema que está en permanente cambio.

Anónimo dijo...

Aínda que comparto o diagnóstico e a preocupación sobre a degradación que vive a fala do galego, son completamente escéptico sobre este tipo de campañas xornalísticas e sobre eses manifestos tan repunantes e pomposos sobre o "i" e o "e", que xa manda carallo o caso que foron escoller.
Coincido moito co que di o señor Arume en canto aos posibles efectos negativos desta insistencia sobre o mal que se fala o galego. Se xa a xente se vai distanciando do galego oficial (do "bo" galego), pois no fondo, aínda que non o expresen así, o experimentan como unha especie de "neo-lingua", non sei que pode pasar se, por parte, se machaca no mal que o falan.
O galego dos galego-falantes é o galego dos Tonechos, un galego deturpado e suburbial, cheo de castelanismos léxicos, morfoloxicamente acastrapado, pero sintacticamente case perfecto. O galego dos neo-falantes ou, como nos chaman agora, dos "adultos nativizados", e tamén o dos "bilingües diglósicos", é o galego da Xunta e o da TVG e o dos asiantes do manifesto do "i".
A min isto sóame a actitudes paternalistas dos doctos e dos distinguidos sobre a chusma popular. Xa sei que a presión vai dirixida sobre todo a políticos, xornalistas, personalidades públicas, etc, pero pode ter un efecto moi negativo sobre outro tipo de xente, que pensará que se o señor Touriño e o señor Quintana falan mal o galego... daquela como o falaremos nós!
En fin, creo que, como tantas outras iniciativas saídas das nosas clases intelectuais, esta só servirá para que os asinantes e os empeñados nestas historias se sintan reconfortados, comprometidos e patriotas. O cal non me parece mal, que conste. Pero hai que dicilo por aquelo de que os autoengaños, tan frecuentes no noso mundo cultural, nunca levan moi alá e sempre acaban chocando coa inmisericorde realidade.

Anónimo dijo...

Estou con Arume dos Piñeiros sobre a importancia relativa da pronuncia na aprendizaxe dunha lingua, sobre todo cando esa lingua é estranxeira (non materna). Disinto, pola tanto, de profesor de inglés da academia das súas fillas. O importante é a fluidez nesa lingua, dominar todos os rexistros e expresarse con correción.
Subsiste aínda por aí o mito de que o galego (pero non o castelán) ten que ser moi "enxebre". O que pasa é que moita xente aínda non ten claro o dos rexistros: hai unha lingua oral, para falar cos coñecidos, en situacións informais; aí pódese empregar o galego "ambiental" (o dos nativos e o dos urbanitas). E logo está a lingua escrita e a lingua oral empregada en situacións formais, cun emisor e moitos receptores. Pos ben: aí é onde debe funcionar unha mínima norma de corrección. Eu non me imaxino a Touriño falando en español diante dunha cámara e dicindo: "Quiérole dicir a los cidadanos..." Daquela por qué se isto non vale para o seu español, por qué temos que aturar os galegos que diga "Lle teño que decir aos cidadanos..."?

Anónimo dijo...

O Manifesto do "i" trata materia ben necesaria. Supoño que vostedes non avalarán enunciados como "Presentamos esta campaña [pausa] i [pausa] desexamos que resulte en ben de todos". Eu escóitoo nos medios, día tras día, desde hai anos, abouxa os meus oídos e pola traza, se cadra, cauteriza outros. É un dos detalles que distancia máis os galegofalantes de transmisión ininterrompida ("o pobo que fala", en expresión posible doutros, non miña) do "galego da TV", da política e, en xeral, do galego en rexistro formal.

Tocante á fonética da lingua. Que se me entenda ben: eu non falo en ningún momento dun "estándar fonético galego", nin moito menos que ese sexa o "acento neutro" que, no noso caso, nin existe nin os seus posible esbozos son de doada caracterización. Tan xenuína é foneticamente a linguaxe de Lapamán en Marín coma o de Cereixedo en Cervantes, de seu tan distintas. Ora ben, as sete vogais seguen a ser trazo distintivo, e aí tamén a orella do falante aludido máis arriba discrimina, vaia se discrimina. Iso si, en xeral non lle pregunten polo e aberto, que probablemente nin sabe nin lle fai falta.

Tocante ao Will (o director do centro a onde van as miñas fillas), insisto en que leva toda a razón. Hai trazos fonéticos que, en determinados contextos, teñen valor significativo. Pero aínda sen chegar a tal extremo, o seu valor permanente (distintivo) é materia básica do idioma. Que sentido tería, se non?

Anónimo dijo...

Efectivamente, o sistema de sete vocais (que por iso é sistema) ten valor fonolóxico. Pero en moitos casos, pode neutralizarse a diferencia entre o e aberto e o e pechado en moitas ocasións. DE tal xeito que se eu pronuncio sen atender a esa diferencia, salvo casos moi excepcionais, pero moi excepcionais nos que o contexto pode eliminar a ambigüidade, non teño problema ningún de comprensión.
O caso do leismo en español é un caso exemplar: o leismo de persoa está aceptado, pero non hai moito tempo estaba considerado incorrecto. O laísmo tardará pouco en ser recoñecido como tal se o seu uso exténdese de xeito masivo. Non pasa nada. Eu por exemplo son incapaz de evitar o yeísmo (e ademáis nin quero, probablemente porque nunca tiven o máis mínimo problema), pero en galego (digamos correcto) tamén está proscrito. É posible que o sistema vocálico galego (por razóns esóxenas, pero iso a todolos efectos é igual) sofra esa modificación. E non ha pasar nada.

Anónimo dijo...

D'acordo con arume. Os casos de neutralización aos que xosé m. gonzález se refire son dunha escasísima rendibilidade para o uso da lingua. Non coñezo a ninguén que, en galego, fora malinterpretado por dicir "pola" en vez de "póla". E por certo, dígalle ás súas fillas que non perdan moito tempo coas vocais e as consoantes. Iso é un mito do ensino dos anos 70, cando había que sacarlle partido a aqueles laboratorios de fonética do doutor Frankenstein. Hai aspectos da pronuncia moito máis importantes e que case nunca se tocan (pregúntelle ao profe). En todo caso, pódolle dicir que Arafat tiña un dominio das vocais/consoantes demencial e mais entendíase ben (polo menos na fala) con uns e con outros.

Anónimo dijo...

As sete vogais só se realizan -supoño que sempre foi así, e sustento a miña suposición sobre razóns articulatorias- en posición tónica e pretónica. O yeísmo parece avanzar masiva e en moitos lugares irremediablemente, para o meu grande pesar (encántame o fonema lateral, mesmo realizalo, eu que me criei como yeísta). Ben sei que as linguas evolucionan, tamén en fonética; e dilúense ata desapareceren, por certo.

Que lles vou dicir? O valor significativo de trazos e realizacións fonéticas non teño eu que xustificalo, habendo tantas autoridades. O distintivo é esencial na estrutura da propia lingua.

É constatable, ademais, que unha pronuncia allea ao sistema dificulta a comprensión, como se comproba cando un viaxa. Son (eran?; non penso) niso particularmente notorios os franceses, co seu "Quoi?" aou aceno de estrañeza presto ante unha emisión pouco axeitada. Iso si, un afaise a moitas cousas, probablemente, e así, o inglés de Arafat debía ser familiar aos seus interlocutores ou espectadores televisivos; ora ben, eu lembro aquel portavoz dos talibáns cando a guerra do Afganistán, e non sei se vostedes lle quitarían importancia nese caso ao da fonética, por moito que a expresión -un tanto balbuciente- achegaba tamén o seu efecto en termos de comprensión (digamos).

Swann, iso das vogais e consoantes non llo entendo. Se se refire ao xeito de pronunciar "horse" ou "thinker", quédome coa forma inglesa, escoitar ao Bush pai -poño por caso- dábame non sei o que.

En última instancia, non é só "que ten entendan", senón que te entendan, te atendan, perciban, comprendan... unha boa pronuncia dáme iso (desculpen polo de "boa") e máis cousas.

Anónimo dijo...

Prendes a TVG, e comeza falar o presidente de tódolos galegos ( E solta cousiñas coma as que citaban enriba e parecidas (¨Lle teño que decir aos cidadanos..."?)), aparecen logo outros políticos entre eles o xefe da oposición (E solta cousas coma: ¨he dito¨, etc). Segue o programa, rollo cultureta, aparece unha rapaza-artista que se bota a pegar pitidos toda a entrevista, que ata me parece que esta a ser censurada (I logo ..i pois .. i ... i...i ....i..i... i...i logo..i ...i ). Apago a TVG, e preguntome cara onde carallo vai iste pais así? Que non fai falla un manifesto do E? Eu penso que pouco menos que o que fai falla é un ¨Pronunciamento¨ para esixir RESPECTO a nosa lingua... Basta Xa!!!

Anónimo dijo...

Os erros que cometen os políticos españois son exactamente igual de provocativos (ou máis) cós galegos. Pero hai que ter tamén semellante conciencia e, sobre todo, saber o idioma, coñecelo por dentro, para decatarse. Faltas de concordancia, erros no emprego dos tempos verbais, pretéritos perfectos onde deben ir indefinidos e á inversa, relaxación xa clásica do d intervocálico nos participios, acentuación hiperesdrúxula dos cada vez maís frecuentes adverbios en mente, adxectivación escasa e polivalente, por contar algún dos que acabo de atopar nunha intervención radiofónica. E pregunto, por que non decimos o mesmo destes políticos? Non quero nin siquera facer a proba co Larguero ou cousas semellantes. Arrepíos entran. Pero esa é a mostra de que a lingua é un territorio complexo, multiforme, vivo, completamente vivo, que, efectivamente, de non usala pode mesmo desaparecer. Pero mentres vala para algo hai que darlle gas ou ghas. A fondo.

Anónimo dijo...

Si, pero darlle gas implica, ás veces, darlle mecha, non sei se me entende.

Non entendo, por exemplo, que favor lle facemos á lingua absténdonos de criticar a fala dos representantes institucionais. Aquilo (do Leituga) de que censurar o galego do Touriño provocaría contracción no usuario popular é algo, para min, incomprensible. Penso xustamente ao revés, que o usuario de transmisión ininterrompida séntelle ao idiolecto do presidente bastantes -e bastante estruturais- elementos estraños, e intuitivamente (polo menos) sénteos como alleos ao sistema.

Non é o mesmo, cualitativamente, "sentao" en castelán" ca "hemos feito" en pretendido galego; unha é unha modificación por desgaste (intrasistémica, hoxe catalogada como vulgarismo, mañá ¿quen sabe?); a outra, unha interferencia de orixe diglósica, hoxe aínda moi minoritaria e absolutamente indesexable, desculpen a expresión subxectiva e volitiva.

En suma: porque o que fai o Montilla estaría mal e ao Touriño non hai nada que dicirlle?

Anónimo dijo...

Uf, eu son un auténtico negado para comprender e dominar os arcanos e a terminoloxía linguística que vosteden empregan, queridos amigos. Unha máis das miñas múltiples eivas de formación, confésoo.

Agora ben, a intuición faime poñer máis a carón de X.M. González ca de Leituga 1 ou Arume dos Piñeiros.

Daquela, asinei o Manifesto. Serei, pois, un antipático.

Anónimo dijo...

O que fai verdadeiro dano ao galego son noticias coma esta da Voz de Galicia d Vigo: http://www.lavozdegalicia.es/ed_vigo/noticia.jsp?CAT=111&TEXTO=5591595.
Ao marxe do tono irónico da xornalista, se é verdade o tenor do conto, un nacionalista ten que sentirse completamente ofendido con esta burda historieta. O máis pernicioso contra unha lingua que procura combatir a diglosia.

Anónimo dijo...

Non se enfade, Arume, e vexa en http://chuza.org/historia/os-super-herois-do-galego-contra-o-mal-dito-espanhol/ raíces históricas para tal actitude. E non é que eu teña nada clara a cuestión, tal e como é presentada en "La Voz". Se podo, examinarei o conto con interese.

AP-C, ¿podería eu asinar o manifesto?; podería indicarme onde?

Anónimo dijo...

Un amigo, coñecedor das miñas intencións, remitiume este correo:

O manifesto do E podes asinalo tamén cun correo a xgm@mundo-r.com, que é o enderezo do Pepiño de Redondela.

O que fixen, pois, foi adherirme en tal enderezo, consignando os meus datos completos. Supoño que así quedaría incluído, aínda que non tiven acuse de recibo. Probe a facer o mesmo, amigo González, que supoño que nos deberían admitir a todos, e a vostede con moito máis merecemento.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Estou mirando o de chuza e remite á mesma nova da Voz. Non sei se hai algo máis que eu non saiba. Pero, lida a nova, e xa digo, con todas as cautelas, esto non é máis ca un producto duns tipos que queren quedar ben co galeguismo a base de facer unha burda, por simple e maniquea, relación entre o galego e o español. Véxase a súa emotiva confesíón de que «Aparentemente queda muy radical, pero la verdad es que surgió pensando cómo podíamos hacer ¡nosotros, que no hablamos gallego casi nunca y que antes hablábamos castellano siempre! para que los chavales se interesaran por el idioma. Y se nos ocurrió crear unos héroes».
Se é por razóns históricas, o que presentan é unha chapuza de carallo. E, voulle dicir, amigo González, a mín estas cousas non me preocupan tanto como lle deberían preocupar a un galeguista sensato cando aparece involucrada a súa loita con idioteces coma esta.

Anónimo dijo...

Grazas, AP-C, vouno tentar.

Arume: nos comentarios que mandan outros coma nós (situados debaixo da noticia de Chuza!) está o que eu lle dicía. Dicíalle tamén que non se cabrease, nada sobre preocupacións. E para xulgar a obra quero mellor vela: pode ser unha parvada, produto inmaduro, unha broma... ou ata ter algún valor positivo. De por parte, a simple referencia de "La Voz de Galicia" non abonda para conformar un criterio meu; é costume que sigo de hai tempo e tenme máis ca demostrada a súa conveniencia.

Anónimo dijo...

Copio e colo a noticia á que se refiren segundo ven en "La Voz de Galicia", para que poidan avaliar mellor o asunto.

Se o caso é tal como se sinala, considéroa unha memez de campionato.


Reportaje | El Verbum estrenará «Os Barballocas, os salvadores da língua»
Los superhéroes del gallego, contra el «mal-dito» español
Una empresa viguesa de gestión cultural crea una obra de títeres para niños, con buenos que hablan gallego y luchan contra el malo, que se expresa en castellano

(Firma: B. R. Sotelino | Lugar: vigo)

Verbalinda es una bruja buena que planta semillas de gallego y Maldito le quiere destrozar el huerto.

El próximo domingo, el Museo Verbum llevará la palabra hasta los límites de la confrontación lingüística en un espectáculo pensado para un público acostumbrado a lidiar cada día con el «coñecemento do medio», (también conocido como «coñe») pero sin el bagaje suficiente para saber que en esto de las palabras también hay buenos y malos.

Quien les llevará a plantearse este tema quizás sean Os Barballocas, unos personajes que acaban de nacer de la imaginación de un creativo grupo de vigueses que han montado una empresa de gestión de proyectos culturales, Mekané Didáctica. Rocío Marín y Pedro A. Cordón son los directores. Ambos son licenciados en Geografía e Historia y cuentan con una abultada experiencia en el sector de la gestión cultural que va desde el Palacio Pitti de Florencia o el Guggenheim de Venecia al museo Marco de Vigo o el Centro Cívico de Teis, donde desarrollan talleres para niños. Pero ahora se enfrentan a su primer proyecto como empresa y para empezar han inventado a unos superhéroes singulares en forma de títeres de guante.

Viaje a la Festa do Queixo

La historia de los cuatro buenos y un malo, comienza en el S. XII en el Reino de Galicia y su vida transcurre entre O Castro Outo, Boiriz y Capita Augusti. Se llaman Verbalinda (la meiga creadora de la lengua gallega, que tiene un laboratorio donde planta semillas de diferentes lenguas), la niña Falamunda, de origen suevo, (protectora de la lengua) el niño Pepiño, que es romano, la vieira Sarela (un ordenador portátil que teletransporta a los Barballocas en el tiempo, ¡y llegan hasta la mismísima Festa do Queixo en el siglo XXI!) y el malvado Maldito, bautizado así aprovechando el juego que da su traducción castellana (Mal dicho).

El malo, que odio Galicia, habla español y alguna palabra en inglés, quiere conseguir que todos los niños hablen mal el gallego, olviden la historia, la cultura y la lengua gallega, y los buenos tienen un objetivo: animar y motivar a los niños y sus familias a utilizar la lengua gallega, o como reza la nota enviada por el Verbum, «conseguir que todos os que viven ou viviron na nosa terra falen galego e que o falen correctamente».

Nacionalismo

Según cuenta Rocío Marín, el proyecto se gestó sin ninguna intención maniquea. «Aparentemente queda muy radical, pero la verdad es que surgió pensando cómo podíamos hacer ¡nosotros, que no hablamos gallego casi nunca y que antes hablábamos castellano siempre! para que los chavales se interesaran por el idioma. Y se nos ocurrió crear unos héroes».

La codirectora de Mekané asegura que el espectáculo no es ni galleguista ni nacionalista, sino que lo que se busca es motivar al público infantil creando unos personajes atractivos, «ya que hasta el malvado es simpatiquísimo», y añadiendo elementos ligados a la vida cotidiana. «Por ejemplo, hemos diseñado unos colgadores de puertas como los de los hoteles con Verbalinda y Maldito, para que los pongan en las habitaciones en las que se habla gallego o en las que se habla castellano».

El espectáculo se estrenará este domingo, 4 de marzo, a las 12 horas en el Verbum, pero ya hay un montón de Concellos de diferentes puntos de Galicia ((Marín, Oroso o Carnota, entre ellos) interesados en contratar a «Os Barballocas, os salvadores da língua galega», superhéroes de cartón que quizás acaben en un cartoon . Verbalinda, Pepiño, Falamunda, Maldito y Sarela se quedarán durante todos los domingos de marzo en el museo vigués protagonizando talleres y cuentacuentos. Como empresa, la intención de Mekané es potenciar el sector artístico y cultural gallego. Por ahora han sido seleccionados por la Xunta para el programa A Cultura Circula.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Podo asegurarlle que non me cabrea: eu estou afeito a case todo.
Pero se o traio a este foro é porque creo que son os nacionalistas os que deberían enfadarse, cabrearse, molestarse por esta utilización maniquea nun teatriño de monicreques. A proba é o tono sarcástico de Begoña Sotelino (é moi boa xornalista: nona creo capaz de esaxerar) e, de seguro, da maior parte de vigueses que leron a nota.

Anónimo dijo...

Reviso as mensaxes e, mantendo as reservas, comento un aspecto indicado polo Arume máis arriba: en si, non parece establecerse "unha burda, por simple e maniquea, relación entre o galego e o español", senón que, simplemente, o inimigo do galego fala español -inimigos do galego hóuboos, hainos e adoitan falar español- algo entrefrebado de inglés supoño que por referencia á globalización.

Sei que tales argumentos son arriscados, probablemente saltarán comentarios indignados, se cadra tamén politicamente motivados e abusivos. Xa digo que non vexo o choio claro, pero convén coñecer directamente o material e, tamén, analizar as reaccións do común da xente, se é que chega a habelas. Ao mellor estes danlle menos importancia ca nós e desmontan unha falsa suposición. Unha máis, e é o común da xente quen adoita desmontalas.

Anónimo dijo...

Estou totalmente de acordo con Arume. Ese asunto dos "Barballocas" paréceme unha inciativa non só frívola e manipuladora, senón tamén fondamente estúpida (que, ao meu modo de ver, é o peor que se pode dicir dunha iniciativa).

Anónimo dijo...

Estas cousas do Barballocas si que fan trousar ... e non o dente ou a cachucha do Monxardín, Sr. LeitugaONE.