1 feb. 2007






















Listas electorais: continuísmo, sen entusiasmo

Presentáronse onte (hoxe recólleo a prensa local) as dúas primeiras listas electorais en Auria: as do BNG e as do PSdeG. En ambas domina o continuísmo: hai poucos cambios ou, se os hai, pouco significativos. O PSOE incorpora a algúns independentes, á maioría dos cales non coñezo (si á profesora Ana Garrido) e mantén o seu grupo actual, cun baixón no escalafón de María Quintas, unha das líderes mediáticas locais (de presenza constante en Telemiño).

Na lista nacionalista hai tamén figuras de moita presenza mediática (Isabel Pérez) e o groso do grupo anterior, agás algúns que se foron a cargos superiores na Xunta, como Carballido Presas. Cae tamén da lista Antón Gómez, ata agora encargado de deportes (algo que pode ter que ver coa súa horrenda moción criticando á Xunta de Galicia, por erro no "corta e pega"). Dos novos nomes, intégranse algúns amigos como Manuel Herminio Iglesias, do mundo veciñal e que xa fora candidato á alcaldía nunhas arredadas eleccións polo PSG-EG, eu ía tras del daquela, creo) : creo que vai como independente, pero ata hai uns meses militaba no BNG. E tamén, noraboa polo nomeamento do filólogo Serafín Alonso Pintos, contertulio no noso novo faladoiro do Liceo e home moi brillante en cuestións relacionadas coa lingua e o seu estudo.

Dito isto, ningunha das dúas listas presenta cambios sustanciais. Dito doutro xeito: ben, pero non entusiasman. Nos inicios da democracia as listas tiñan outro aquel: profesionais, nomes de prestixio, representantes de grandes colectivos sociais, etc. Iso é cada vez máis raro, por que? Esas persoas non queren agora integrarse nesas listas ou non son convocadas para iso?

En fin, despois de 12 anos, parece lóxico un relevo na alcaldía de Ourense: a era Cabezas chegou á súa fin. Pero o PP ourensán é moito PP e eu penso que os votantes, para molestarse en ir ata o colexio electoral, necesitarían un plus de entusiasmo. Do contrario, pode ser que a coalición socialista-nacionalista gañe ás eleccións máis por derrota dos que gobernaron antes que por méritos propios dos que se definen precisamente como alternativa. (Cartel de Jules Cherez, El Dorado, 1894)

14 comentarios:

Botando unhas risas dijo...

¿Ana Garrido é a independente de prestixio que anunciaban?

Ji, ji, ji.

arume dos piñeiros dijo...

As risas por qué: por independente ou por prestixio?

anónimo político-cultural dijo...

O "risitas" debe ter un problema coa candidata socialista. Pódese opinar, pero coido que sobra ese insidioso "ji, ji, ji".

Botando unhas risas dijo...

Non se mosquee sr. apc ou arume.
Os socialistas que se esforzaron desde dentro ven hoxe igual ca onte, que chegan como reforzos salvadores externos...
No seu día foi o Abelardo... (ji, ji, ji)etc. Pido un respecto para Aurea, para María Quintas, para Marga... ¿Ou é que os construtores vetan a Aurea para segunda pola súa firmeza ante o delicto urbanístico? ¿Cómpre alguén qeu non entenda as reviravoltas do tema?
Ríome porque non é independente (sempre militou no PC, e a moita honra, por suposto) nin unha persoa de especial prestixio na cidade. Unha profesional, como tantas, seica progresista e que fala polos codos.
En fin, que me podo rir un pouco, que é bo. Prestixio sería, por exemplo, para PSOE ou BNG dar integrado ao Marcos Valcárcel... non sei se o tentarían... pero non o vexo fácil.
Aos partidos interésalles xente que saiba pouco para moldear máis fácil. Cando María Barbosa chegou ao PP, sabía, tiña criterio, e non comungaba con rodas de muíño... fóra. Cando a vice do parlamento, entrou no PP... outro tanto... Para os partidos é malo aquel que non debe nada e ten criterio... por iso, non sei se lles seria boa escolla Ana Garrido. Non lle debe nada e ten o seu futuro solucionado grazas ao seu esforzo. É quen de dicirlles tururú que te vi, pero creo no seu compromiso, esforzo, vontade e en que o fará ben. Non fai falta ser "de presitixo" nin "independente" para facer as cousas ben, e creo que Ana así o fará... Pero quédome con María Quintas, que, á parte de militante é superatractiva... aínda que ande con bolsos de marca.

Leituga 1 dijo...

Tamén a min me gustaría que María Quintas fose máis arriba na lista electoral do PSdeG. Nela gústame todo, incluídos os bolsos de marca, por suposto.

Botando unhas risas dijo...

O dos bolsos de marca non o teño claro... A aceptación excesiva da parafernalia estética da elite non me acaba de encher o ollo.
Un empeza gabando a Carolina Herrera e, se non pára, acaba facendo trece cuartos de baño coa Preslei...
Pero en fin, o que faga María, por min vai a misa.
Declárome marianista, marieiro, maricón ou como se diga. Viva a María.

arume dos piñeiros dijo...

Vexo polos comentarios que sodes moitos de Ourense mesmo e que as vosas miradas panorámicas sobre o país abranguen visións máis polo miudo. Nótase, en fin, que estamos a venres.

marcos valcarcel dijo...

Ben, queda aclarada a postura de "Botando unhas risas": creo que non era tanto unha crítica a esa candidata como ó recurso habitual de buscar fóra da militancia nomes coñecidos, en detrimento dos da casa. Tamén na edición local de La Voz de Galicia houbo unha alusión a un posible replegue da concelleira Aurea, porque, segundo se dicía, podía ser incómoda para os constructores: a crítica é dura e quizais debera ser desmentida dende as filas socialistas. Outra cousa é que os socialistas abran as súas portas a antigos militantes do PCG, moi válidos en moitos casos (velaí o caso de Paco Magide, alcaldable creo en Parada do Sil), para reforzas as súas filas: fenómeno lóxico nun partido que ten entre os seus dirixentes antigos militantes comunistas como Pérez Touriño ou Gonzalo Iglesias (delegado Educación en Ourense). Creo que si ten razón, é obvio, este interpelante ("Botando unhas risas") cando afirma que os partidos queren xente obediente e disciplinada e sen demasiadas ideas propias ou orixinais.

marcos valcarcel dijo...

De novo para "Botando unhas risas":
antes evitei escribir isto, pero aí vai. Sobre todo porque me propuxen escribir neste blog con total sinceridade e rachando ata onde é posible (e sensato) o pudor (tamén político). Respondereille, pois (espero non arrepentirme), que non houbo propostas, no que a min respecta, dende as dúas siglas políticas que vostede cita. Nin, por suposto, se esperaban dende a miña banda. Como de seguro sabe, militei uns 30 anos no nacionalismo de esquerdas, en diferentes siglas (dende ERGA, AN-PG e UPG ata o BNG, pasando polo PSG-EG e Unidade Galega), pero en moitos casos, con certo protagonismo quizais, pero en lindeiros “periféricos” (frontes culturais) ou máis ou menos heterodoxos (nunca entendín moi ben iso do “centralismo democrático”). Pedíuseme moitas veces ir nas listas do Bloque para afortalar as candidaturas (de segundo ou terceiro, máis dunha vez; nalgunha ocasión facendo campaña, “case en solitario”, co propio Anxo Quintana, como lembrarán moitos xornalistas ourensáns). Sen problemas... ata que alguén me propuxo para ir nun posto de saída nunhas listas municipais. E aí apareceu o veto, fulminante, do aparato (esas son as miñas noticias e ninguén mas desmentiu), sen ningún tipo de explicación (teño imaxinación para sospeitar as razóns: na mesma quenda foi vetado o “currante” Miguel de Reza, que deixaría o BNG poucos meses despois). Así que non sería lóxica, é ben doado de entender, ningunha apelación nese sentido neste momento. Como curiosidade dicirlle que algunha outra proposta chegou (mesmo para encabezar unha lista), pero dende outras siglas que vostede non citou. En calquera caso, ese non é o meu camiño hoxe, téñoo moi claro. E auga pasada non move muíño...

Anónimo dijo...

E curioso, e ao fío dunha verbas dun intervinte... As listas nos partidos son sempre caprichosa... exemplo o PSOE de Ourense , e especificamente o seu candidato a Alcalde, vetou a Paco Magide para ir nas listas da capital da provincia,logo o circulo do Sr. Magide meteulle ó Sr. Rodríguez, sen que este supera realmente quen era, a Ana Garrido.

O noso Paco di que fai un equipo para Gobernar, sen embargo sería incapaz de dicir cales serán as areas de cada uno dos candidatos (sen habilidades específicas e sen capacidade e experiencia política.....) de novo prodúcese o erro do goberno do PSOE na Xunta) En canto ó de Aurea Soto non so a vetan os construtores, senón tamén o seu carácter soberbio e insoportable... En fin penso que non poderemos esperar nada da xente desta lista....

Esta vez, tampouco déixanme votarlles ....

Anónimo dijo...

Ana Garrido
FIADEIRO. La Voz de Galicia, edición Ourense. 2 febreiro.
(ANTÓN FEITO)ES UNA desconocida para el gran público pero una joya para la sociedad ourensana. Lleva muchos años impartiendo docencia y otros tantos destilando coherencia en los ámbitos sociales en los que se mueve, todos ellos lejos del glamur y del oropel. Es el fichaje estrella del PSOE para el Ayuntamiento de Ourense. Pero no una estrella mediática o de papel cuché y sí una estrella de luz interior. Su nombre, Ana Garrido, no le dice mucho a la sociedad ourensana ni a una gran mayoría de los los militantes del PSOE. Sí les dice a los que la conocen desde su tierna juventud en la que ya mostraba su compromiso con un Ourense que allá por los lejanos setenta mostraba (aunque bien es verdad que en círculos reducidos) sed de libertad. Paco Rodríguez (¡qué gran Orozco se divisa en lontananza!) no dudó en llevarla como gran novedad de su proyecto. No la incorpora por ser de la calle del Paseo ni de la zona chic capitalina. La lleva, intuyo, porque quiere trabajo, lealtad, inteligencia y compromiso. En una candidatura de luces y sombras, la presencia de la profesora del Blanco Amor da un plus de aliento a los que piensan que en unas municipales lo único importante son las personas.

Etxeokeai dijo...

Hoxe domingo na Voz o director de Ourense fala en contra do dito por Antón Feito antonte...
Curioso... ou non?

Anónimo dijo...

Cando asina e fala Rubín di unhas cousas (sexa no xornal ou na radio); cando asina A. Feito di outras (na radio obviamente non existe)

Este xornal, salvo a do BNG, xoga a todas a listas en liña co do afiliado do PP que vai nas listas do PSOE de Carballiño) os medios e algúns partidos teñen demasiados parecidos ....

Anónimo dijo...

Moi breve:

- o do carácter da Áurea é un bulo dos constructores e afíns que se cae polo seu propio peso, salvo que nos esteamos a referir en realidade á tal Ana Garrido.

- non creo que este Magide se convertira, da noite á mañá, de friki deshauciado a mestre dos conspiradores no moi competitivo PSOE.