15 feb. 2007


O rabioso clima político
(Andoliña 15 febreiro)

"Felipe, cabrón, vuelve": Este é o texto dunha pintada en Madrid nestes días, segundo nos contaba hai pouco Benjamín Prado nuns encontros literarios en Ourense. Para denigrar a Zapatero, mesmo serve chorar polo outrora demonizado Felipe González. O nivel de crispación política sobe de día en día e moitos sentimos xa nostalxia da dereita civilizada dos tempos de Adolfo Suárez e Landelino Lavilla.

En política non pode valer todo e por iso foi valente e pedagóxico o aceno do humorista catalán Andreu Buenafuente ó negarse a recoller un premio ó carón de Federico Jiménez Losantos, expoñente dun xeito de xornalismo que nin sequera merece ese nome.

Nunca vivimos, nas últimas décadas, un odio guerracivilista como o que hoxe sementan certos medios de comunicación e líderes políticos. Basta ver algunhas manifestacións coa estética dos tempos da Praza de Oriente e os berros de "Zapatero, al hoyo con tu abuelo": estilo xenuíno das camisas azuis e dos Guerrilleiros de Cristo Rei.

E, para rematar, o historiador Dionisio Pereira denunciado por un traballo sobre a guerra civil: algúns non queren renunciar a esa tradición, a nacida no 36, na que se senten, é obvio, ben cómodos. (A imaxe é de F.Picabia, para compensar un pouco o amargor do artigo)

13 comentarios:

XM Carreira: Caixa do Mendinho dijo...

Fíxome gracia a pintada. Na igresa de Santa Margarida, na Coruña, había unha pintada que dicía: Franco, resucita, y paga por todo lo que has hecho!!!

Onte, vendo o programa-debate da primeira (59 segundo, creo que se chama) veuse claramente que o guerracivilismo é máis por inducción mediática (SER vs COPE, El País vs El Mundo, etc...) do que social. Na rúa non existe tal división e tomamos café e falamos tranquilamente nacionalistas, socialdemócratas e conservadores mesmo sen grandes apaixonamentos.

marcos valcarcel dijo...

Carreira ten razón: todos temos amigos de diferentes ideoloxías cos que poder compartir un café. Por que logo ese clima de crispación, alentado dende as cúpulas? Canto tempo máis vai durar isto?

Parzival dijo...

Eu nãi sou tão optimista como vós, amigos. O meu correio está permanentemente inundado de burradas de todo tipo: acusações de PARTICIPAÇÃO DIRECTA do PSOE nos atentados do 11-M, insultos vários, desvarios racistas, homófobos e sexistas disfarçados de crítica "constructiva" ao governo, bromas de duvidoso gosto sobre "os membros" (sic) da oposição... Na casa, há altercados cada vez que se emite o telejornal, e nas ruas, pelo menos em Madrid, a gente fala e discute acalorada por cousas absurdas. Há quem tem medo real a um suposto perigo de desintegração nacional, quem acredita sem duvidar que ZP está a vender Navarra aos etarras e a garantir-lhes a independência... O clima realmente dá medo e há que denunciar aos culpáveis mais conspícuos: JIMENEZ LOSANTOS, CESAR VIDAL, CONFERENCIA EPISCOPAL, COPE, PIO MOA, ZAPLEBES (Zaplana+Acebes), PEDRO J. RAMIREZ, TELEMADRID e ESPERANZA AGUIRRE.

Estou muito interessado na denuncia contra Dionisio Pereira, mas não acho informação extra. Onde posso ler sobre o asunto?

arume dos piñeiros dijo...

Odio. É odio persoal. E resentimento. A famosa segunda transición está pendente, como a revolución joseantoniana, a do axuste de contas coa progresía que imperou durante todos estes anos. Non o poden soportar.
Outro día falaban nun bar uns xoves duns trinta anos, investigadores en medicina, polo que eu puiden entender xa que falaban de proxectos, ministerio, probas...Un deles sacou o tema de Buenafuente: o outro replicou como un autómata: "Buenafuente lleva varios años tratando de llevar a FGL al programa y como no le fue arma toda esta bronca". "Pues a mí", respondeu o outro, "me cae bien; yo me descojono con él, es la hostia de simpático". COntestación do outro: "Es el típico progre (dito con sorna) que no hace gracia a nadie, a nadie, joder". A conversación seguiu polos vericuetos da investigación médica, porque o tema quedou zanjado. Cando mirei para atrás e vin as persoas, non podía crer que alguén con isa formación universitaria puidera cair tan baixo.

Zapatéro dijo...

La estrema dérecha sigue con su extratégia de sesgar la hierva bajo nuestros miembros de locomocion, cómpañeros!

Leituga 1 dijo...

Eu creo que, socialmente, só hai dous puntos de España nos que a crispación política e mediática se viva realmente na rúa: o País Vasco e a cidade de Madrid. Son dous lugares moi politizados e azoutados polo terrorismo, unha presencia que non se pode obviar e que pon nerviosa á xente. Coincido moito co que apunta Parzival na sinalización dos responsables deste estado de cousas. Escoito a COPE con certa frecuencia: os que non o fan non poden imaxinar as cousas que alí se din e a maneira de dicilas. É unha emisora de extrema dereita que conseguiu, xunto con Pedro J (o maior senvergonza da historia de España), que moitos millóns de españois estean convencidos de que Zapatero e Rubalcaba argallaron con ETA a matanza do 11-M. Os católicos sensatos e de boa vontade deberían facer algo para remediar ese estado de cousas. Pero non fan nada. Como Rajoy, que mira para outro lado e asubía.
A única solución que vexo a esta situación, que supera en virulencia e xogo sucio á do período 1993-1996, é unha derrota electoral clara do Partido Popular en 2008, unha derrota que conleve o apartamento de Rajoy, Acebes e Zaplana, unha forte crise do partido e a emerxencia de líderes novos da corda e o talante de Gallardón e Piqué. E movementos nos medios de comunicación da dereita.
Pero non está claro que sexa isto o que vai ocorrer. As enquisas son contraditorias e dan gañador a uns ou a outros segundo quen as encargue. Haberá que estar moi atentos ás eleccións autonómicas e municipais do 27 de maio, pois, a pesar da súa especificidade, sinalarán unha tendencia clara na orientación do voto.

Etxeokai dijo...

Ten razón, unha vez máis, leitugaONE. Zarzalejos e ABC teñen que tratar de exercer máis influencia en favor da sensatez, pois a eles non os poden acusar de ser do PSOE ou querer romper España.

Teñen que influír ante a Igrexa, para que poña aos seus paniugados da COPE nas vereas da razón e da tolerancia.

Só haberá tensión no PV ou Madrid, pero ante a realidade en espello que vivimos, a xente cre máis na tele que a súa vivencia na rúa...

Pero sexamos optimistas, a tensión, se se dan as circunstancias, desaparece como a néboa. ¿Lembrades o famoso Plan Ibarretxe que o PP non quería uqe tomase estado parlamentario?

Creo que desde a esquerda non se pode caer en provocación e pedirlle, por exemplo,que pidan perdón pola guerra de Iraq. Que lles dean por saco. Pasando deles.

E debemos lembrar que a constitución deixa aberta a porta á incormpoarción de Navarra no PV.
(O que viría moi ben ao partidos españois para lograr mellores resultados no conxunto do novo PVascoampliado, máxime se Álava se deixa contaxiar como pareceu co invento de Unidade Alavesa, dese sentír foral).

Eu que sei. O caso é non se mancar.

Anónimo dijo...

Para min que todo ven de Madrid, que ese estado de crispación producese no teatro madrileño, que dalgún xeito quere seguir marcando a actualidade que sabe perdida.Están a facer un esforzo, sobreactuando, dicindonos que o seu cabreo é un cabreo mais grande que o dos outros, porque ocurre en Madrid. Ao fin o que está en xogo é "La unidad de españa", unidade artelada en Madrid.
A solución no é outra que reformar a constitución e privar a esa "villa" da capitalidade do estado, resultando só capital da comunidade de Madrid. E cada comunidade coa súa capitalidade, contribuiría a un foro politico de capitalidades mais rico políticamente, variado, interesante, e evitariamos tanto etnocentrismo expansivo
Jimy de Rairo

arume dos piñeiros dijo...

Hai neste asunto unha personaxe que pouco a pouco vai medrando entre ese horizonte de dereitistas resentidos: Esperanza Aguirre. Botádelle un ollo á páxina dela como presidenta da comunidade de madrid: http://www.madrid.org/lapresidencia/
IMpresiona o culto á (Súa) personalidade: como non aprete (e afogue, por suposto) Rajoy, xa teñen sustituta.

anónimo político-cultural dijo...

Hai tempo que veño pensando o mesmo que apunta Arume: Esperanza Aguirre é dunha gran ambición, e non é ningunha burra, como acostumaron a presentala hai anos algúns medios, senón astuta, moi astuta... e perigosa.

Como case sempre, Jimy de Rairo sorpréndenos co seu furor reformista (da Constitución). O que nunca nos di é como pensa factible esas reformas. O de privar a Madrid da capitalidade, sen dúbida é unha das propostas máis, digamos, orixinais que teño lido.

marcos valcarcel dijo...

Creo lembrar que houbo hai anos, dende El País e dende algún politólogo do momento, unha proposta para lanzar a idea dunha dobre capitalidade das Hespañas: Madrid e Barcelona. Pero tal cousa, no mundo que vivimos, aínda que fose razoable, é territorio da máis arredada utopía. Como dicía outro comentarista no seu día, "este país" nin sequera sería capaz de aceptar, en moitos anos, a posibilidade dun presidente de goberno catalán.

Leituga 1 dijo...

A dobre capitalidade é un imposible: a continuación viría inmediatamente a reivindicación do mesmo estatus por parte de Vitoria, Santiago, Mérida, Valencia, Sevilla, etc.
A cuestión non é que a capital sexa Madrid ou Melide, o importante é que o papel político-mediático da capital está demasiado inflado. Agora incluso se empeza a dicir que onde se xoga o vindeiro goberno de España é na "batalla de Madrid", en peliculeira referencia á alcaldía desa benemérita cidade, como se fose determinante para o destino de todos que no concello de Madrid goberne Gallardón ou Sebastián. Son apreciacións moi artificiosas creadas dende os medios madrileños, que se autopensan como o embigo do mundo.

marcel swann dijo...

Creo que se está a crear un ruxe ruxe sobre supostos agravios comparativos entre unhas comunidades e outras que non ten base real. En Madrid viven 1 millón de persoas cuxa renda depende en maior ou menor medida da administración. Logo está o sector servizos e a construción, que dependen, e moito, dese millón de persoas, e logo hai un forte compoñente de industria, moita dela multinacionais que se implantan en Madrid por ser a capital do reino.
Desde esta perspectiva resulta moi difícil descentralizar Hespaña.
E xa que falo destes temas, quería comentar unha lectura: "La riqueza de las regiones", de Rafael Domínguez Martín (Alianza). Resulta que a postguerra lle sentou moi ben a algunhas rexións (Madrid, Cataluña, País Vasco, Navarra) e moi mal a outras. Adiviñan a quen lle sentou fatal?