Vilas literarias
Luís González Tosar reclama para Galicia unha "vila literaria" como a que se está a crear en Valladolid (artigo completo):
E velaí que, en cousa de minutos, o comedor foise enchedo de seareiros, uns dez ou doce homes. Nada extraño, mais cando os escoitamos falar, comprobamos que a súa expresión coloquial era: en galego. Dirixímonos aos paisanos, case todos da comarca do Deza, e axiña nos informaron do seu oficio de canteiros e de que estaban traballando nas obras que convertirán ao vedraio burgo medieval na flamante Villa del Libro.
O proxecto Urueña, impulsado pola Deputación de Valladolid -dez librerías de novo e de vello, espacios para a lectura, a escrita e as súas aplicacións, áreas pedagóxicas, museísticas e para actividades, etc- ten os seus antecedentes no modelo Hay-on- Wye. Localidade do País de Gales que é referente mundial de até onde pode chegar unha iniciativa a prol do libro e de lectura respaldada pola administración e con participación veciñal. Aprobada a Lei galega do libro. Il non teremos nós a nosa Vila?
PAISAXES CON MÚSICA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
Someday Soon (1977)
Firefall
Hace 5 días
4 comentarios:
Coma sempre, antes de facelo, xa ten web esta xente de Urueña:
http://www.diputaciondevalladolid.es/villadellibro/inicio.shtml
Certo, boa idea.
Está ben esa vila. Pero que non fagan a Don Luís Glez Tosar alcalde... nin aos da Asocición de Escritores nin a outras zumezugas somellantes.
Home, non sei, son exceptico ao respecto. Non sei se funcionaría e tería éxito ou se sería outra tragadeira de cartos máis do diñeiro público. Ao mellor é que non damos para tanto. Non sei. En fin...
Desculpas pola mala redacción anterior.
Publicar un comentario