



Algunhas imaxes de Pura Vázquez
As primeiras corresponden á Homenaxe que lle fixemos no Liceo, coincidindo co seu 80 cumpreanos: estaban presentes tamén Carme Blanco e Manuel Zabal e deste acto fala con detalle a propia Pura nas súas memorias (por certo, na foto do grupo de mulleres, detrás da súa irmá Dora está a miña nai, Carmen López). A outra corresponde a un recital poético organizado polo Clube Alexandre Bóveda e o Concello de Ourense, que me tocou presentar, no que tamén participaron, con Pura, Víctor Campio, Xosé Carlos Caneiro, Xosé Lois Rúa e Eduardo G. Ananín (Clicando nas fotos, xa sabedes, podedes velas nun tamaño moito máis grande).
2 comentarios:
¿Se non é moito preguntar, quén é ese mozo que está ó lado de Xosé Luis Rúa?
Disculpe, ampliei a foto, vese ben ó de Verín.
Publicar un comentario