18 mar. 2007







CEN ANOS DE HISTORIA CULTURAL. 1959: VIEIROS. A ESMORGA. PIMENTEL.

Aparece A esmorga en Buenos Aires.
Nace a revista Vieiros en México.
Luís Pimentel, Sombra de aire na herba
Emilio Pita. Luís Seoane. Xosé Conde. Obras completas de Ramón Cabanillas.
Poesía de Avilés de Taramancos, Fernández Ferreiro, Bernardino Graña, Ramón Lorenzo e Antón Tovar.
A petición da RAG, Cela pide que a RAE elimine a acepción de "gallego" como "mozo de cuerda" no Diccionario castelán.
Segunda viaxe de Otero Pedrayo a América.
Revista Escritos en Lugo. Franqueira. Academia Médico-Cirúrxica de Ourense.
Morren Ramón Cabanillas, Luis Brage Villar, Andrés Gaos e José Mª Fernández Colmeiro.
1959 é a quinta de Xosé Cid Cabido, M. Bragado, A. Baamonde, Camilo Valdeorras, Antón Castro, Blanca Andreu, Susana Fortes, Xela Arias, Anxo Quintana, Luís Menéndez Villalva, A. Durán "Morris", Carlos Blanco, Juan Cuesta, Carlos Amil, etc.
Cunqueiro e O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca
Galicia como tarea. Teoría de la Atlántida. Algar. Cantigas de novo xeito vello.
Ernesto Guerra Da Cal. Asociación Argentina de Hijos de Gallegos. Revista ‘Anduriña’, do Lar Gallego de Sevilla.
A revista literaria española ‘Ínsula’ editaba no verán un número especial monográfico (152-153) dedicado ás letras galegas.

E en Italia aparecía un relevante estudo da nosa lírica medieval: ‘Studi su trove e trovatori della prima lírica ispanoportoghese’ (Bari), de Silvio Pellegrini.
(Esta última nova vai dedicada ó noso italianista Arume dos Piñeiros)
(Nas imaxes, unha edición de A esmorga; primeira portada de Vieiros, e retrato de Cabanillas por Isaac Díaz Pardo)

6 comentarios:

Clara Flor dijo...

Tanta vida que tivo a diáspora e o exilio, cultural e politicamente por desgraciados feitos históricos. Saberemos artellala para que siga? ou terá que ser feito por si mesma?.

Saudos.

arume dos piñeiros dijo...

Este é o índice de Ínsula (152-153) que pode consultarse en http://www.insula.es/hemeroresultados.jsp

Rafael DIESTE / Camino de Santiago
Ramón CABANILLAS / Letras gallegas
Domingo GARCÍA SABELL / Europa desde Galicia
J.M. BOIX I SELVA / Ante la muerte del gran poeta catalán J.M. López-Pico
Ricardo CARVALLO CALERO / Personalidad literaria de Otero Pedrayo
Luis PIMENTEL / Galicia
Celestino F. De la VEGA / Pefil gallego de Valle Inclán
Anxel FOLE / Los afanes y los años. El nuevo ensayismo gallego
José FILGUEIRA VALVERDE / El retorno a la "forma inmóvil" de la lírica gallega
Manuel VIDAN TORREIRA / Raíz gallega del pensamiento filosófico de Amor Ruibal
M. RABANAL ÁLVAREZ / Un clásico gallego: Castelao
Aquilino IGLESIA ALVARIÑO / Abedoeiras
Ramón LUGRIS / Risco en las letras gallegas
Eduardo BLANCO-AMOR / Los poemas gallegos de Federico García Lorca
Juan ROF CARBALLO / El emigrante Ulises
Ramón PIÑEIRO / Factores esenciales de la literatura gallega
Emilio GONZÁLEZ LÓPEZ / La rehabilitación del idioma gallego
José María DÍAZ BORQUE / Monumento a ausencia
Xohán LEDO / Recuerdo de la pintura gallega
José Luis FRANCO GRANDE / Panorama de la poesía gallega actual
Ramón CABANILLAS / O carballo
José Ramón MARRA-LÓPEZ / Castro, Américo: Orígen, ser y existir de los españoles
José Luis CANO / Papini, Giovani: Juicio universal
Ramón PIÑEIRO / Carballo Calero, Ricardo: Contribución ao estudio das fontes literarias de Rosalía
José Luis CANO / Estudios sobre Unamuno y Machado
José Luis CANO / F. García Pavón: Antología de cuentistas españoles contemporáneos
Ramón PIÑEIRO / González López, Emilio: Grandeza y decadencia del reino de Galicia
José Luis CANO / Druon, Maurice: Alejandro el Grande
José Luis CANO / Cecchi, Darío: Tiziano y Venecia. Una vida y una ciudad
José Luis FRANCO GRANDE / Cunqueiro, Alvaro: Don Hamlet
REDACCIÓN ÍNSULA / Francisco García Pavón nos habla del cuento
José María CASTELLET / El primer coloquio internacional sobre novela
José LANDEIRA IRAGO / Carta-discurso a Ramón Piñeiro
Salvador LORENZANA / Notas sobre el teatro gallego
Salvador LORENZANA / Las letras gallegas en América
Sebastián RISCO / La literatura narrativa en gallego
Paulino GARAGORRI / Disputaciones orteguianas
José CORRALES EGEA / Entrando en liza. Cinco apostillas a una réplica
Giuseppe BELLINI / La poesía de Jorge Carrera Andrade
José CORRALES EGEA / El año teatral: Notas y comentarios
Manuel RABANAL TAYLOR / El hombre del traje gris de Nunnally Johnson
Ramón OTERO PEDRAYO / El recodo de Casdenón

marcos valcarcel dijo...

Para Arume: graciñas pola información; non sabía que se podían consultar os índices de INSULA na rede, un material ben valioso, por certo.
E para Clara Flor: tamén eu me estou a sorprender, facendo esta serie, do inmenso aporte cultural da Galicia americana dende 1936. Coñecía esa realidade, pero agora vexo que tivo moito máis peso, sobre todo nos anos 50, do que moitos pensan.

5:41 PM

Etxeokai dijo...

Non é o ano da segunda viaxe de Otero a América. É a terceira.
Sempre nos esquecemos da viaxe de
1956 a Venezuela. Cómpre que a estude alguén.

marcos valcarcel dijo...

Ten razón, sr.Etxeokai: un despiste porque case ninguén cita esa viaxe a Venezuela. Pero como esta serie aínda terá longo percorrido (no seu momento en libro-libros) aínda teño oportunidade de corrixir iso e outras cousas. Graciñas pola súa achega.

Leituga 1 dijo...

Fun rapidamente a Ínsula coa ilusión de consultar ese número e outros varios... Pero só se poden consultar os índices. Que desilusión!