18 mar. 2007


Debe haber límites para a liberdade de expresión? Cales son estes? (Tema para debate)
O PP de Estremadura desenterrou, con claros fins electorais, unha polémica de hai anos (2003) a propósito duns catálogos editados por unha editorial da Consellería de Cultura da Junta de Extremadura con fotografías do estremeño J. A. Montoya.
Aquí teñen noticia da polémica; tamén poden coñecer as opinións ó respecto do fotógrafo, que di que non quixo ofender ós católicos de verdade; e mesmo a web do artista, onde están colgadas todas as súas fotos.
Hai uns meses discutimos neste foro sobre as polémicas caricaturas de Mahoma. Neste caso trátase dunhas imaxes que representan elementos típicos, manipulados, das iconas da Igrexa católica, consideradas blasfemas polo PP.
E o debate é o que enriba está anunciado: Debe haber límites na liberdade de expresión? Como e quen os fixa? Cal é o papel do artista ante a censura deste ou de calquera outro poder?

33 comentarios:

Anónimo dijo...

As imaxes teñen a forza de afirmar o negado. O censurado por seculos e seculos de poderío da institución católica. Como sucedía coa maxia, que resultaba unha inversión das practicas dos rituais relixiosos: Misa branca, misa negra, eucaristía, aquelarre. A forza das imaxes provén do tabú, da represión inducida e opera escandalizando ou aliviando. Liberar o sentido, darlle forma é unha proceso de coñecimento. Escandalizarse implica unha actitude fanática respecto do coñecimento, porque o que escandaliza e a impostura de non aceptar que o sentido non está dado xa dunha vez e para sempre, e que foi correctamente interpretado. Escandalizanse os fanaticos. E xa os coñecemos, están todos os días na rúa.
Jimy de Rairo

O Raposo dijo...

Todo deber ter límites, a liberdade de expresión tamén.
Agora ben, as críticas que fai o PP (nese caso e noutros moitos) responden, simple e llanamente, a estratexias electorais e co obxectivo de acadar un beneficio político a corto plazo, aínda a costa da mentira e da manipulación.
Non me merecen polo tanto níngún respeto. A credibilidade política do PP para min perdeuse hai tempo.

Leituga 1 dijo...

Os límites á liberdade de expresión fíxaos o Código Penal. Normalmente teñen que ver coa difamación, a calumnia, o dereito á intimidade e a protección de colectivos como os menores. Non sei se segue vixente o delicto de "blasfemia", que é unha transposición á esfera civil da idea relixiosa de "sacrilexio". Espero que non.
A consideración como "sagradas" de determinadas imaxes e crenzas é unha coartada que colectivos coma os católicos ou os musulmáns usan cada vez máis frecuentemente para limitar a crítica -discursiva ou icónica, razonada ou paródica, iso tanto ten- desas imaxes e crenzas. Este xeito de actuar está sendo imitado por colectivos laicos e de esquerdas, como as feministas, que exercen presións moi fortes para que se retiren determinadas campañas publicitarias que elas consideran ideoloxicamente lesivas ou apoloxéticas do machismo, como ocorreu hai pouco cunhas ambiguas imaxes de Dolce&Gabanna. Tamén o Seminario Galego de Educación para a Paz pediu hai uns anos a eliminación de "Shin Chan" da programación de TVG por estimar que eses debuxos fomentaban a violencia, o sexismo e moitas outras diabólicas e incorrectas actitudes.
Seguindo estas lóxicas, cada vez máis egocéntricas e disparatadas, non sería descabellado que algún día o PP denunciase ao PSOE por criticar as súas crenzas e "ofender" aos seus partidarios. E ao revés, claro. Todo depende do grado de sacralización das crenzas propias e da tendencia a sentírense "ofendidos" de determinados colectivos.
Na miña opinión, a liberdade de expresión debe ter os límites que lle marque a lei, en canto expresión consensuada da ética pública democrática. Pero sería un grave retroceso que houbese discursos e imaxes que, pola súa consideración como "sagradas" por parte do colectivo que as profesa, quedasen fóra da crítica e do debate públicos.
Outro tema é o da rotulación autodefensiva como "arte" de calquera cousa que non teña máis obxectivo que a ofensa, o vómito iracundo ou a incitación á violencia sobre persoas e colectivos. Este é un asunto moi complicado. En todo caso, eu remítome novamente ao Código Penal. E ao criterio máis permisivo posible. No referente á liberdade de expresión, é mellor pecar por exceso que por defecto.

Anónimo dijo...

Pois eu coido que eiquí hai dous temas moi diferentes que se mezclan (voluntaria ou involuntariamente).
Un é a da liberdade do pintor, músico, fotógrafo, escritor, etc., en temas como a relixión, as ideas políticas, a sexualidade, e cousas asi. Eu penso que a liberdade neste ámbito debe se total, e se alguén se sinte ofendido nas suas creenzas máis íntimas, pois que non vaia a exposición, á pelicula, que non merque o libro, e así.
Pero outra cousa moi, moi distinta (e a min paréceme que iste é o tema fundamental neste caso) e si o Estado ten dereito a gastar os cartos públicos subvencionando algo que ofende os sentementos dunha parte importante da poboación. Eu creo que non, sinceramente.

Leituga 1 dijo...

Ese tamén é un tema enormemente vidrioso e difícil, señor Anónimo. Como hai xente moi susceptible en todas partes e a tendencia de certas persoas a sentírense "ofendidas" é cada vez maior, imaxínese vostede que a un colectivo de ateos indomables lles dá por esixir que o Estado non gaste un can no mantemento das pinturas relixiosas ensalzadoras da superstición, o fanatismo e a intolerancia contrarreformista católica que hoxe se expoñen copiosamente no Museo do Prado.
Nin sequera fai falta que sexan ateos. Abonda con que uns evanxélicos susceptibles protesten por un cadro como, por exemplo, o retrato que fixo Tiziano de Carlos V na batalla de Mühlberg, de nefasta lembranza para luteranos e demais ralea reformadora.

anonimo 2 dijo...

Eu non sou cristiano, nin teño relixión, gracias a Deus, pero iso non me impide ver a pouca elegancia de certas actitudes supostamente transgresoras.
A relixión católica é hoxe coma un vello león xa sen dentes nin garras, que apenas ten forzas nin pra rosmar baixiño.
Non me parece cousa moi elegante sacar peito de lobo agora diante da fera envellecida. É coma poñerse farruco con un vello temblón poñendo cara de “qué atrevido sou, qué destemido”. Ridículo, ¿non?
Sería cousa de ver se ese que tan atrevido é ca relixión católica ten o que habería que ter pra mofarse nunha exposición pública de Mahoma, dos profetas do Islam, do Alcorán (e mira que hai material de mofa, xa o dicía o Houellebecq).
Que conste que eu non pido censura, nin nada de iso, Deus me libre. Limítome a comentar a ridiculez do que, cando a batalla terminou, e o mouro está morto e derribado, acércase a il e dalle “gran lanzada”, coma di o sarcástico refrán que todos conocemos.

marcel swann dijo...

Un comentario moi intelixente de anonimo 2, que suscribo. Eu non censuraría nada de ninguén, pero recoñezo que non ten sentido ridiculizar unhas crenzas que, estea un de acordo con elas ou non, me parecen moi respectables. Incluso positivas.
O que si vexo máis claro é criticar o comportamento dalgunhas das persoas e organizacións que din defender esas crenzas para provocar divisións, enfrontamentos e guerras.

Anónimo dijo...

Mesmas fotos, mesmas posicións, pero onde está Cristo Zapatero, onde está a virxe, a vicepresidenta....sería aceptable?

descrido dijo...

Se non me equivoco eu...neste caso engadíase unha volta mais o debate sobre os límites da liberdade de expresión e dos límites para auto-censura e que nos levaría a preguntarnos ¿cales deben ser os criterios para o financiamento público deste tipo de "produtos"? ¿Existen criterios para acoutar este financiamento? Todo elo, enténdase, nun marco de posibilidades de financiamento público restritivo claro...

arume dos piñeiros dijo...

Eu sonvos un pouco raro. Este tipo de manifestacións artísticas que buscan a provocación parécenme un pouco infantís. Ou un moito. Hai xente, mesmo de esquerdas, a quen este tipo de arte parécelle obsceno, quizáis porque a exhibición de penes erectos (perdón pola finura), fundamentalmente, resulta aínda pouco asumida, mentres a exhibición do corpo femenino (agás eses primeiros planos onde se poden advertir mesmo as amígdalas) resulta más aceptable. Ver a san Roque (ese do can sen rabo, que parece ter o propio santo) empalmado resulta extraño. Pero é cuestión de educación e resulta difícil, desde logo, tratar de convencer aos escandalizados de que non ten moita importancia. Efectivamente, como di Leituga 1, contemplar as chagas cruentas de san Francisco ou de Xesucristo, que san Ignacio recomendaba para padecer do mesmo xeito á dor da morte de Cristo, son noxentas para boa parte da humanidade. Sen embargo, a nós nin nos inmuta: estamos afeitos.
Outra cousa é a subvención. Pero tamén neste asunto, a regulamentación democrática debe ter explicación. Cómo decide a Consellería de Cultura de Extremadura as subvencións? Quen forma as comisións e con que criterios adoptan as decisións? Xa sei que en última instancia (ou non, depende do grado en que se delegue) a palabra do conselleiro pode ser definitiva, pero nese caso eu me preguntaría se a discrecionalidade dunha persoa pode determinar a política de subvencións dunha consellería de cultura. Este asunto, ao marxe da polémica, supón tamén unha toma de posición política sobre a transparencia e o sentido da representación democrática da cultura no goberno dunha nación ou dunha comunidade autónoma.

Xabier dijo...

Abrindo os xornais cada día podemos atoparnos con fotos que deberían ser moito máis escandalosas froito da guerra, da fame ou das inxustizas. Fotos ademáis feitas tal e como aconteceron e non resultado dunha máis u menos imaxinativa posta en escea. Concordo en que a igrexa católica xa non é nin por asomo, afortunadamente, o que foi polo que vexo xa moi mitigado ese caracter transgresor que o artista pretende. Tempo tuvo de facelo hai décadas. Por outra banda aínda está tempo de plasmar esa ansia transgresora que leva dentro pero co islam. Si se atreve, claro.

a.p-c. dijo...

Concordo con boa parte dos comentarios, en especial cos de don Leituga 1 e de don Arume dos Piñeiros. Coido que enmarcan perfectamente os termos do debate.

Polo demais, a min estes pintorescos intentos de epatar -e a estas alturas!- parécenme manidos e nada orixinais. O pretendido afán provocador limítase a conseguir que uns cantos se rasguen hipocritamente as vestiduras. Aos demais tan só nos parece unha carallada.

Larvós dijo...

Que conste que eu non gusto en absoluto dese tipo de arte (de feito, no que a min respecta nin tan sequera merece tal codición. Parécenme simplemente conachadas). Aínda así creo que un (presunto) artista den dereito a expresarse dese xeito na mesma medida na que os católicos teñen dereito a afirmar que os homosexuais van ao inferno e que son prácticas contra natura. Porque os sotanas e acólitos teñen unha grande facilidade para ofenderse, pero ningunha sensilidade cando son eles os que ofenden (por non dicir traumatizan). Así que, ou xogamos todos, ou rompemos a pelota. Así de sinxelo.

Anónimo dijo...

Entón falemos der bo ou mal arte, de pseudoarte e auténtico arte. Non todo o que se presenta como arte é arte, pero a discirnibilidade hoxe non é tarefa doada. As veces confúndese o arte coa sorpresa, coa experiencia de sorpresa, ou co impactante, coa estetización. En fin, fagan as súas hipóteses, se queren e xoguemos.
Jimy de Rairo

arume dos piñeiros dijo...

Carallada e conachadas: eu creo que non hai termo estético máis definitorio da arte de Montoya, que tamén menuda rima.

Roi queimado dijo...

Eu ó ¨peazo¨ artista subvencionado iste poriao á mesma altura co ¨artista¨ que envasou a súa propia merda ó vacio, creando escola... vese que ten imitadores!!! O tempo porá a istes carallans e artistiñas sen xeito no seu sitio... o arte non perdoa!!!

a.p-c. dijo...

É moi difícil -se non imposible- definir o que é verdadeiramente arte. Pero o que si está bastante claro é o que non-é-arte.

Etxeokai dijo...

Os límites da liberdade de expresión están no sentido comun... Máis que é o sentido común? Podemos chegar ás dificultades de definción de conceptos que todos manexamos con soltura. Felicidade, xenerosidade, xustiza... Por iso ten que actuar o código penal, para aclarar cousas que nos resultan confusas. Pero vaiamos ao sermo rusticus. Estos fotos son unha carallada que ofende a unha parte da poboación importante e polo tanto, non ten sentido que unha institución publica pague ao tipiño. Outra cousa é o uso que delas fai o Partido Pornográfico de Raxoi.

Anónimo dijo...

Non é nada facil definir o que non é arte, toda definición hoxe é dificil e en grande parte contraproducente, toda definición, ten que admitir non seu afán pola completude, a súa eventualidade. Lembrese a polémica das Brillo Box de Warhol, ou antes a fontana de Duchamp. O problema hoxe non está en definir, senón e dilucidar o que é arte do que se presenta como arte, se basta coa simple presentáción como apunta Dickei. Os enunciados de entrada semellan doados, pero metidos no asunto, ten a súa miga, e da para unha longa polémica ligada a política, a socioloxia, filosofía, a antropoloxía, a psicoloxia...no limite da nosa realidade, mediante a experiencia estética.

Señor o que hai, e onde está o sentido común?
Eu diría que como di vostede: "En conceptos que todos manexamos con soltura". O problea é a soltura, cando hai demasiada soltura, cando os conceptos se usan axilmente pero sen comprendelos, facilmente e sen darnos conta podemos estar no solipsismo, pola contra se afondamos neles moito, o seu uso farase duvidoso, pesado, complexo. A pragmática refirese sempre a medida, a proporción, pero esta é convencional, tópica e carece de novedade, tende ao rutinario. O sentido común precisa do exceso, da ruptura da medida.O sentido precisa do sinsentido para constituirse en sentido. Pretendo dicirlle que solucionar as diferencias co código penal atenta contra o sentido común, como o que é: unha idea regulativa capaz de percorridos extremos sen perder o seu procesamento dende o punto de orixe. O sentido común segundo Moore, tendería ao bó, ao amarelo e vostede tende ao negro, da democracia endurecida, ao autoritarismo da lei.
Por outra parte observo como se cargan vostedes ao artista, e reaccionan co gusto, aplicandolle o calificativo de "mal gusto". Semella que as imaxes- que para min teñen mais interés antropolóxico que artistico- ainda teñen a súa forza, a forza de escandalizar incluso a vostedes, refuxiados no decoro. Quizais nos escandalizariamos menos se estivesemos mais documentados en antropoloxia e historia das relixións, e soubésemos mais do sexo, o erotismo e o pornográfico na experiencia relixiosa. Pero a ´"mentalidade" opera na nosa conducta sen a nosa consciencia, ou en semiconsciencia. O escándalo como dí R. Girard, desencadena a percura do chivo expiatoria para calamar a violencia xenerada. Neste caso vostedes sinalan ao artista, e comezan a crucificalo. O peor que que ásí, curiosa paradoxa, ocultase a especificidade do cristianismo: A saida do mito, facendo consciente (visualizando), a violencia fundacional de todos os mitos.
Jimy de Rairo

Larvós dijo...

Se te quedas máis tranquilo, a min ségueme parecendo unha chorrada a fontana de Duchamp e a merda embotellada da outra lumbrera con nome de futbolista italiano. E eu non acho motivos para dicir que se "crucificou" ao artista, a menos que cos artistas todo o que non sexa aplaudilo xa sexa crucificalo. Escandalizar a quen? A min fíxome máis ben rir, non sei a vostede. No tocante a que os críticos ignoramos os vencellos do relixioso co sexo... a ver, home, sexamos adultos, que calquera sabe que até as mamoas do país son proto-simbolos sexuais. Apelar a nosa "ignorancia antropolóxica" paréceme un argumento pomposo na forma, pero moi pobre no contido. Carallo, faltouche espetarnos o clásico "o que vos pasa que lle tedes envexa".

Leituga 1 dijo...

A proposta que fai Jimmy de Rairo paréceme excesiva para este blog: dilucidar o que é ou non é arte. Dende Duchamp é, en boa medida, o que levan facendo críticos, estetas, historiadores e filósofos sen que puidesen chegar a acordos substanciais.
Non estou de acordo, polo que xa expuxen, co criterio dos colectivos "ofendidos" para decidir se hai ou non contribución pública a esta clase de obras. Xa postos, eu podería decidir sentirme "ofendido" se se expulsa do paraíso da subvención ao señor Montoya despois de que o Estado -con diñeiro de todos- axudase con xenerosidade a rematar unha obra de pésimo gusto como a madrileña Catedral da Almudena, propiedade do Arzobispado de Madrid. Eu creo, polo que se pode ver, que as obras de Montoya son bastante mellores que as de "Kiko", o neocatecúmeno pintor que ilustrou as paredes dese enxendro arquitectónico. E para min resultan moito menos ofensivas.
En todo caso, o que ten que haber para as axudas públicas, como sinala Arume dos Piñeiros, son criterios razonados, debatidos, o máis obxectivables posibles, transparentes e consensuados, non o gusto ou o disgusto persoal nin de Rodríguez Ibarra nin de Rouco Varela.
E para o Anónimo que pregunta que pasaría se en vez de San José fose Zapatero e en vez da Virxe María a vicepresidenta,a resposta é moi sinxela: Zapatero e a Vicepresidenta poderían exercer accións xudiciais -ou non- contra o autor desas imaxes, pois poderían -ou non- sentirse damnificados por elas na súa honra e na súa propia imaxe, bens morais que protexe a lexislación vixente. A Virxe María e San José son,a este respecto, como Caperucita ou o Ogro de Pulgarcito: personaxes de ficción sen capacidade para presentar unha denuncia.

Anónimo dijo...

Tan personaxes de ficción como Mahoma,pero coido que neste caso o artista non sería tan rachador. E non se trata de tribunais, de denuncias e de capacidade para facelas. Trátase de principios, do que está ben e do que non o está. Por certo; As obras de Montoya son espantosas; as de Kiko tamén; e a Almudena o mesmo....

Anónimo dijo...

Larvós, cun argumento tan formado e consistente como "sígueme parecendo unha chorrada a fontana de Duchamp". Quédame claro que poderei dialogar contigos sobre moitos asuntos que nos interesen aos dous, pero dende logo que de estética contemporanea non.
Leituga, non pretendo un congresos para chegar a acordos sustanciais, que para pouco serbirían, por certo. Pretendo simplemente unha mallor ilustración mútua sobre as diferentes percepción do fenomeno estético contemporneo, nos limites con que se pode dar neste blog. Ao fín é opinión. Pretendo evitar contradiccións fragantes, e paradoxas innecesarias. Vostede emite seu gusto sobre a Almudena e sobre Montoya, pero recoñecerá conmigo, que non hai xuizo nas súas apreciacións. Como pretende entón estabelecre un criterio obxectivo para as subvencións. Descalifica vostede o gosto persoal, pero vostede non fai que emitir ese gosto persoal, como criterio. A cuestión é sair de aí, do gusto, e pasar ao xuizo, é o que eu minimamente pretendín.
Jimy de Rairo

a.p-c. dijo...

Pois coido que, nesta ocasión, non foi quen de dar pasado ao xuízo, amigo Jimy, senón que se quedou no prexuízo ao xulgar aos intervintes como menores de idade, seica incapaces de apreciar todos os matices e planos.

Penso que a maioría dos intervintes non se escandalizou para nada e menos aínda amosou intencións de crucificar o artista, a pesar de que non esteamos "mais documentados en antropoloxia e historia das relixións, e [non saibamos] máis do sexo, o erotismo e o pornográfico na experiencia relixiosa".

Pero para iso o temos a vostede, para ilustrarnos.

Anónimo dijo...

Pasar ao xuizo é o que pretendín dende un principio. Pero para ese paso é preciso exercitar a razón, o uso da razón fainos maiores de edade. Pero o proceso de formación dos argumentos racionais é diáloxico, e o que pretendín e non dialogar conmigo mesmo, senón con vostes, para formar mellores xuizos, e sair do mero exercicio do gusto estetico, que é o que aquí ata de agora se exercitou.
É neceario partir dunha previa aclaración: a que nos referimos cando falamos de arte?. É a arte susceptibel dunha definición esencial?. Varia historicamente o que entendemos por arte?.
É arte o que o sitema da arte define como arte?
Non está nada claro...de feito é común para moitos sair dunha exposición, dunha instalación preguntánsose se o que acaba de contemplar é arte. Do século XIX para atrás se a alguén lle preguntaban que era arte, podía sinalalo co dedo. Hoxe presentase para a maioría cun grado de indiscernibilidade moi elevado.
Pois ben estas imaxes de Montoya presentanse como arte pero cunha peculariade, a temática elexida adoita un impacto iconoclasta. Un cristo crucificado empalmado é chocante, invirte a mirada piadosa e situa a ollada na paradoxa.
Hai que resolver o que a imaxe presenta. A saida mais doada e: O artista o que quere é escandalizarme, é unha tactica de promoción. o mundo está perdido con tanta chorrada.
Esta explicación é a tipica, que acostuma a facer por dicilo así o hemisferio cerebral esquerdo cando non entende o que sinte o dereito, pero ten necesidade de darlle unha explicación.
Paro aquí para ser mais dialóxico, mais racional, gostaria de seguir...pero paréceme que agora lle toca a alguén. Tocaría se quixer...
Jimy de Rairo

Anónimo dijo...

Outra percepción pode ser a de quen non se sorprende porque xa viu propostas similares, ou mais expectaculares e sitúa ao artista nun baixo grao de novidade.
Independentemente do grao de novedade e escandalo, se o que se presenta faise como unha obra de arte, teríamos que dirimir se é arte ou o intenta.
Aquí é onde comezaría o debate.
Pero obviase, ainda que implicitamente as diferentes posicións van dándose a conocer. Dende a denuncia de oportunismo expectacular do artista, ata a indiferencia, todas as posicións neganlle a categoría de arte.
Pero esa negación, que non digo que non sexa correcta, faise dende o exercicio do gusto. Esa negación compría facela con razóns, e por tanto con argumentos. Argumentos que non sairon por ningures, e que mostra o grao de inopia respecto ao fenómeno estético contemporaneo, cousa moi común e corrente, pero ca que saíu o tema poidereíase aprobeitar un pouco, mais como se sabe...as cuestión do gusto teñen unha desmontaxe dicicil e complicada porque o que o exercita pensa que se compromete personalmente no seu pronunciamento, porque o cree propio, o mais propio, algo que non se lle pode expropiar con interpretacións nin analises, porque é consubstancial a súa persoa. Por eso se di con tanta seguridade, me gusta, ou non me gusta, como se aí, nese pronunciamento rematara todo, e os argumentos se estrelasen contra unha trascendencia irreductibel. Pero non é así.
Jimy de Rairo

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Unha das cousas que me parecen máis extraordinarias deste asunto é como puido atopar uns tipos con ese nivel de empalmamento, en circunstancias tan hostiles. Eu poño esa estameña de cartuxo e desde logo tería o mismísimo coma se estivera no medio medio do río Eume en pleno inverno. É mérito que convén salientar.

Anónimo dijo...

pois por aí semella que é por onde comezar. Ese falo erecto na crucifixión, resuta chocante. A morte por crucifixión e lente, moi lenta, unha amorta por esgótamento. Dende unha perspectiva realista rompe a versosimilitude. Acrucifixión de Cristo non nos presenta precisamente a un Cristo triunfante, se non ao Cristo mais humano, que pronunciou aquelo de..."Meu Deus porqué me abandoaches". O cristo triunfante é o da resureccións. Pero hai que ter en conta que as pinturas da crucifixión teñen un grande compoñente simbólica. A mesma composición ten na pintura xa un alto valor simbólico. O falo é pois interpretabel como simbolo, como simbolo de algo. Non quero extenderme demasiado, pero se o pintor colocase unha pomba por riba da cabeza de Cristo, ninguén se escandalizaría. O falo simboliza o espíritu, o espíritu da vida que no momento da morte redíme. O falo espande o semén que é a vida que prosigue aínda que o corpo morra. Neste sentido hai que orientarse para comprender a obra, o simbolo como dícia Ricoeur," da que pensar" E no co exercicio do pensamento poderemos interpretar. Obvamente chegaremos a algunhas conclusións. Conclusión que non teñen a precisión e unanimidade da razón teórica, de proposicións lóxicas ou enunciados ciéntificos, tampoco teñen a forza vinculante das razóns practica, pero indudabelmente son razóns, porque a arte ten as súas razóns e non se dirime simplesmente con cuestións de gusto. A miña valoración da obra é moi limitada e incipiente, co que vexo non me chega. Unha obra de arte ten certas caracteristicas que non sei es esta a cumple, tería que ter mais información e facer a contemplación axeitada, in situ ou cunha boas reproduccións e información suficiente. Pero o que si teñen é certo interés antropolóxico. O problema e que o caracter reflexioante dos xuizos estéticos da pe a grandes malentendidos e tende a negarselle as razón a arte.
Jimy de Rairo

Anónimo dijo...

pois por aí semella que é por onde comezar. Ese falo erecto na crucifixión, resuta chocante. A morte por crucifixión e lente, moi lenta, unha amorta por esgótamento. Dende unha perspectiva realista rompe a versosimilitude. Acrucifixión de Cristo non nos presenta precisamente a un Cristo triunfante, se non ao Cristo mais humano, que pronunciou aquelo de..."Meu Deus porqué me abandoaches". O cristo triunfante é o da resureccións. Pero hai que ter en conta que as pinturas da crucifixión teñen un grande compoñente simbólica. A mesma composición ten na pintura xa un alto valor simbólico. O falo é pois interpretabel como simbolo, como simbolo de algo. Non quero extenderme demasiado, pero se o pintor colocase unha pomba por riba da cabeza de Cristo, ninguén se escandalizaría. O falo simboliza o espíritu, o espíritu da vida que no momento da morte redíme. O falo espande o semén que é a vida que prosigue aínda que o corpo morra. Neste sentido hai que orientarse para comprender a obra, o simbolo como dícia Ricoeur," da que pensar" E no co exercicio do pensamento poderemos interpretar. Obvamente chegaremos a algunhas conclusións. Conclusión que non teñen a precisión e unanimidade da razón teórica, de proposicións lóxicas ou enunciados ciéntificos, tampoco teñen a forza vinculante das razóns practica, pero indudabelmente son razóns, porque a arte ten as súas razóns e non se dirime simplesmente con cuestións de gusto. A miña valoración da obra é moi limitada e incipiente, co que vexo non me chega. Unha obra de arte ten certas caracteristicas que non sei es esta a cumple, tería que ter mais información e facer a contemplación axeitada, in situ ou cunha boas reproduccións e información suficiente. Pero o que si teñen é certo interés antropolóxico. O problema e que o caracter reflexioante dos xuizos estéticos da pe a grandes malentendidos e tende a negarselle as razón a arte.
Jimy de Rairo

Anónimo dijo...

pois por aí semella que é por onde comezar. Ese falo erecto na crucifixión, resuta chocante. A morte por crucifixión e lente, moi lenta, unha amorta por esgótamento. Dende unha perspectiva realista rompe a versosimilitude. Acrucifixión de Cristo non nos presenta precisamente a un Cristo triunfante, se non ao Cristo mais humano, que pronunciou aquelo de..."Meu Deus porqué me abandoaches". O cristo triunfante é o da resureccións. Pero hai que ter en conta que as pinturas da crucifixión teñen un grande compoñente simbólica. A mesma composición ten na pintura xa un alto valor simbólico. O falo é pois interpretabel como simbolo, como simbolo de algo. Non quero extenderme demasiado, pero se o pintor colocase unha pomba por riba da cabeza de Cristo, ninguén se escandalizaría. O falo simboliza o espíritu, o espíritu da vida que no momento da morte redíme. O falo espande o semén que é a vida que prosigue aínda que o corpo morra. Neste sentido hai que orientarse para comprender a obra, o simbolo como dícia Ricoeur," da que pensar" E no co exercicio do pensamento poderemos interpretar. Obvamente chegaremos a algunhas conclusións. Conclusión que non teñen a precisión e unanimidade da razón teórica, de proposicións lóxicas ou enunciados ciéntificos, tampoco teñen a forza vinculante das razóns practica, pero indudabelmente son razóns, porque a arte ten as súas razóns e non se dirime simplesmente con cuestións de gusto. A miña valoración da obra é moi limitada e incipiente, co que vexo non me chega. Unha obra de arte ten certas caracteristicas que non sei es esta a cumple, tería que ter mais información e facer a contemplación axeitada, in situ ou cunha boas reproduccións e información suficiente. Pero o que si teñen é certo interés antropolóxico. O problema e que o caracter reflexioante dos xuizos estéticos da pe a grandes malentendidos e tende a negarselle as razón a arte.
Jimy de Rairo

Leituga 1 dijo...

Amigo Jimmy de Rairo: ten vostede razón no de que eludín -conscientemente, engado eu- emitir o que vostede chama un xuízo estético sobre as obras en cuestión. Limiteime, certamente, a dicir, pois viña ao caso diante das protestas católicas, que non as consideraba esteticamente inferiores ás do neocatecúmeno Kiko na Catedral da Almudena. E tratei de razonar sobre a non sacralidade das imaxes relixiosas nunha sociedade laica. Isto non quere dicir que eu rexeite a súa proposta de discusión sobre a arte, aínda que me pareza asunto interminable e non facilmente discernible, mesmo escasamente suxeito a definición, pois unha definición é sempre abstracta, racionalista e deductiva, conxeladora do que, no caso da arte, é un proceso, un fluxo en continua e asombrosa evolución. Sígolle dicindo que non me nego a esa discusión, pero pareceume que a discusión que propoñía o post do señor Valcárcel era "outra", relacionada non tanto cunha especie de "ontoloxía da arte" como coas relacións entre arte, sociedade e poderes públicos. Vostede propón unha discusión ontolóxica e o señor Valcárcel propuña unha discusión política. Eu, guiadiño como son, optei polo asunto que indicou o xefe. Por desgracia segue sendo un asunto que merece a pena discutir, pois se deixamos de facelo os "crentes" de toda caste ideolóxica e condición nacional van acabar coméndonos as papas.

Anónimo dijo...

Vostede sempre tan axeitado e sabio, Leituga. Pretendín simplesmente que se tomara mais en serio esa proposta artistica. Que non fose so comtemplada como un mero pretexto para a liorta entre bandos políticos. Paréceme, que a esquerda e a dereita ilustrada teñen que atender a argumentos e non só a transformación en arma política de todo o que caiga nas mans, como observamos que fai a dereita española. Se non profundizamos caemos na súa paranoia, temos que ilustralos, na medida en que a súa racionalidade de base,nesta crispada situación o permita. Polo demais, polo desacordo ou omisión que se puido malinterpretar aquí, xa sabemos que os deportes moderados, o matrimonio, a amizade e os desacordos intelectuais son os nosos mellores medicamentos.
Jimy de Rairo

Xosé M. González dijo...

Comezou este debate comigo lonxe. Outras urxencias afastáronme de tan suxestivo titular. Vexo agora que o número das entradas se mutiplicou, intensificando ademais a referencia semántica.

Como o fío está a punto de marchar, e o tema sen dúbida volverá dalgún modo, renuncio a expoñer a miña prescindible achega en pormenor. Quede só resposta lacónica: si, debe haber límites.