Do xornalismo literario...
(...) Pola contra, nós, o resto, os que temos un oquiño nos xornais, normalmente somos un pouco, ou bastante, pesados. Porque non parece que queiramos falarlles aos lectores dese mundo e desa vida que todos os días compartimos eles e nós. Non sabemos contarlles as cousas que nos pasan ou que pensamos, como facía Carlos, que era como se lle pasasen a todos ou como se as pensásemos nós tamén. Parece que nós, moitas veces, queremos cambiar o mundo xa e de repente, e queremos analizar todo, e esa intención de transcendencia e mensaxe, retorce as nosas columnas ata que semellan as dos altares barrocos: cheas de dourados, sarmentos e acios que dificultan a percepción da pura arquitectónica comunicativa. Demasiados ringorrangos e reviravoltas. Demasiada importancia para un simple artigo. ¡Cantos lectores non se perderían para o galego desde que Carlos deixou de escribir! ¡Canta xente non se achega ao que escribimos por prexuízos... moitas veces certos! Falemos claro: moitos de nós, recoñezámolo, sobordamos presunción e transcendencia. E acabamos falando para as nosas parroquias, se as temos, ou para os veciños das columnas do lado. E perdemos lectores. Día a día. Se cadra pódolles parecer pesimista, pero é que lles estou falando dun morto ao que, pola quinta, aínda non lle tocaba. E iso, a min, revírame a alma. Aínda que logo pase.
("Cinco anos sen Carlos Casares", Afonso Monxardín, Galicia Hoxe 13 marzo. Imaxe de Hugo Pratt. Artigo completo)

4 comentarios:
Fermoso e sentido artigo.
Eu diría que tamén é un artigo intelixente e acertado na súa reflexión sobre a arte de opinar nos xornais. Experimento moitas veces as sensacións que expresa o señor Monxardín.
concordo con Afonso. Moito temos ainda que aprender os xornalistas. Se cadra, des-aprender e voltar aos tempos nos que se contaban historias que merecían a pena ser lidas.
A ver: o debate é sobre "artigo literario" fronte a outro tipo de artigo máis centrado no acontecer cultural e político diario e no que o autor ten que mollarse máis.
Os primeiros, se se escriben ben como facía Casares, son moi agradecidos para os lectores que buscan algo diferente. Os segundos tamén teñen interese, pois xeran debate e opinión pública, pero non son tan agradecidos ao lucimento.
Publicar un comentario