28 mar 2007


Dos plaxios.
Pan por Pan 28 marzo (Imaxe do artista británica Julian Opie)
Xa amosei no meu blog a miña solidariedade con “Chesi”, plaxiado nin máis nin menos que por Bryce Echenique. O tema é desagradable, dende logo, pero tamén é toda unha honra que un grande das letras se dedique a copiar os teus artigos. En todas partes cocen fabas. Leo en Internet un traballo de Germán Santiago sobre os plaxios na literatura dominicana. O expresidente Balaguer acusou a Ernest Hemingway de inspirarse, para “O vello e o mar”, nunha novela do escritor daquel país Juan Bosch, titulada esta “Rumbo al puerto de origen”. Peor foi o do lugués, exiliado aló, José Almoina Mateos, a quen se lle atribúen, como “negro” literario, varios “best sellers” asinados pola esposa do ditador Trujillo, María Martínez “La españolita”. Despois Almoina publicaría “Una satrapía en el Caribe” e marcharía a México: acabou sendo asasinado en 1960 por uns pistoleiros do propio sátrapa.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Deste Pepe Almoina quedan moitos parentes en Ourense que teñen cousas moi interesantes del.
Cumpría un estudo a este tipo tan interesante, e con el á emigración-exilio de republicanos e demócratas ata esas satrapías.
Almoina foi consul en Burdeos, etc. A súa morte, como a súa vida preto dos sátrapas, foi de película... E despois só se fala do posterior caso Galindo, por andar os vascos polo medio...

Anónimo dijo...

Utilizo este medio, xa que non teño outra forma, para poñerme en contacto con vostede e poder transmitirlle o meu interese pola da plataforma para convertir O Banco de España nun museo. Gustaríame, como cidadán desta cidade, acceder a máis información e aportar (na medida do posible) as miñas ideas para convertir ese edificio nun espazo de todos.

Se é posible póñase en contacto conmigo nesta dirección.

martingonzalezcidre@yahoo.es

Motas grazas e noraboa polo blogg

Anónimo dijo...

Resbaladizo terreo este, tanto polas acusacións como polas defensas. Un dos mellores poetas contemporaneos Paul Celan foi acusado de plaxio en varias ocasions. Tendo por exemplo diante o seu poema Todsfuge e o de Er de Immanuel Weibaglas, estou seguro que alguén que non coñecese a obra do poeta o acusaría de plaxio. Nada mais lonxe da realidade cando se coñece ao poeta. As modificaicións, as disposicións, as aportacións por pequenas que parezan son nestes casos substanciais, definitivas.
No caso de Cesi, semella que que Brice, ambicioso non soubo dicir que non a moito traballo que lle viña encima e votou man dun atigo que estaba ben, de alguén descoñecido, co que poideiría tapar o burato. Pero as viaxes por Internet, permiten as veces pescudas inverosimeis, o que noutro tempo sería unha prodixiosa casualidade, a identificación deste plaxio, alimento, porque non para unha novela. Agora resulta posibel, cun pouco de astucia. Neste caso, hai clarisimante roubo. Se fose diñeiro, a cousa estaría ben orientada cara unha resolución, pero os valores intelectuais e os artísticos, xa se sabe, so se valorarán cando sexan moi escasos.
Jimy de Rairo

Anónimo dijo...

Que é peor: o plaxio ou escribir máis de dez libros nun só ano? En Cabaret Voltaire din que o César Vidal é unha marca, unha factoría. Que só asina. Coñecen vostedes algún agora mesmo que faga iso en Galicia?

Anónimo dijo...

Os talleres literarios no XIX adicabanse a eso, igual que os talleres de pintura. O artista supervisaba e daba o acabado. Na crítica suceden tamén cousas curiosas, o cortar e pegar, facilmente perceptibel por un bó narrador está a orde do día nas publicacións secundarias. Fragmentos enteiros(a verdade é que lles pagan pouco). Na producción literaria hai autores prolíficos, ainda que a súa aportación se reduza a poucas páxinas, A orixinalidade ten pouco que ver coa cantidade, non por moito producir...
Pero algúns fanse ricos, toda unha orixinalidade.
Jimy de Rairo

Anónimo dijo...

Os talleres literarios no XIX adicabanse a eso, igual que os talleres de pintura. O artista supervisaba e daba o acabado. Na crítica suceden tamén cousas curiosas, o cortar e pegar, facilmente perceptibel por un bó narrador está a orde do día nas publicacións secundarias. Fragmentos enteiros(a verdade é que lles pagan pouco). Na producción literaria hai autores prolíficos, ainda que a súa aportación se reduza a poucas páxinas, A orixinalidade ten pouco que ver coa cantidade, non por moito producir...
Pero algúns fanse ricos, toda unha orixinalidade.
Jimy de Rairo

Anónimo dijo...

Eu creo que en Galicia, máis que talleres de negros literarios, o que realmente existe -cal remedo das tradicionais economías campesiñas de subsistencia- é unha "autoexplotación" por parte do autor. Ás veces con magros resultados, que todo hai que dicilo (no eido literario, enténdase, non do agrario).