28 mar. 2007




TEORÍA DE GALICIA, de Otero Pedrayo
Creo que xa está nas librarías este libro que remata de publicar Editorial Alvarellos na súa colección de rescate do xornalismo literario: recolle a obra xornalística do escritor en Vida Gallega entre 1926 e 1963. Asegúrovos que hai algunhas xoias entre os 72 artigos axuntados nesta fermosa edición. Na mesma colección sairon antes libros de Vicente Risco, Leandro Carré Alvarellos, Camilo José Cela, Álvaro Cunqueiro e don Paco del Riego.
Presentámolo hoxe na Deputación, porque esta institución colaborou na súa edición. Baltar amosouse entusiasmado de axudar na publicación destes textos dun dos grandes do galeguismo e da cultura galega e asegurou que o libro chegaría a todas as bibliotecas e institutos da provincia. Mesmo chegou a dicir que o facilitarían na Deputación a quen o solicitase expresamente.
Ben, falo del non só por tratarse dun texto de Otero, senón porque lle fixen un amplo limiar sobre o xornalismo oteriano e tocoume presentalo hoxe (Enrique Alvarellos está na cama con febre e non puido acudir).
Dixen no salón da Deputación e vouno manter aquí que de autores como Otero Pedrayo, Blanco Amor ou Álvaro Cunqueiro interésanos todo, como no conto ese do xamón: sempre hai algo que aproveitar, sexa dende o plano literario, dende o plano histórico-cultural ou mesmo dende a lingua como forma de estilo. O libro xa chegou a algunhas mans (dixéronmo esoutro día en Trasalba) e sorprendeu gratamente: que teña agora unha boa viaxe...

3 comentarios:

Xosé M. González dijo...

Hai tempo que foi presentado, como primicia, en El Progreso; desde aquela sei que o limiar é teu. Bo agoiro para esta obra de eixo lucu-auriense que conto con ler no verán (antes véxoo imposible).

marcos valcarcel dijo...

Rescatando al Otero Pedrayo más pegado a la realidad
Cultura | Presentan el libro «Teoría de Galicia»

Medio centenar de institutos ourensanos y noventa bibliotecas recibirán la publicación fianciada por la Diputación y que recopila artículos de cuatro décadas

Enviar noticia Imprimir noticia

Autor de la imagen: MIGUEL VILLAR (Firma: Fina Ulloa | Lugar: ourense)
?na de las facetas menos conocidas de Otero Pedrayo por el gran público es la relacionada con los artículos periodísticos que esta figura singular de la cultura y las letras gallegas aportó de forma cotidiana a diversas publicaciones, prácticamente desde que comenzaron sus inquietudes literarias. Y es que, mientras sus novelas, poemas, ensayos, obras de teatro e inclusos sus guías de ciudades, pueden encontrarse en las librerías, no ha pasado lo mismo con los artículos para prensa de los que, según explicó el profesor Marcos Valcárcel «aínda queda por publicar o 50%».

En esa cifra están descontados ya los 72 artículos escritos para la revista Vida Gallega entre 1926 y 1963, con los que se ha elaborado el libro Teoría de Galicia , presentada ayer en la diputación de Ourense. La publicación, editada por Alvarellos, cuenta con 400 páginas en las que se incluyen fotos inéditas del periplo americano del escritor ourensano y también algunos trabajos manuscritos «de absoluta limpeza, sin apenas tachóns, porque Pedrayo nunca volvía sobre os textos, nin correxía», recordó ayer Valcárcel, que es el autor del prólogo de esta nueva publicación.

Los artículos seleccionados para el libro tienen además el interés añadido de encontrarse tanto en lengua gallega como castellana. Se da la paradoja de que el director de la revista en la que se publicaron -y que alcanzó una tirada de 70.000 ejemplares-, llegó a tener durante alguna etapa problemas con los galleguistas e incluso escribió artículos enfrentados a esa postura, pero a la vez invitó a muchos autores, como el propio Pedrayo a escribir en sus páginas. «Os escritores galegos daquela época, sobre todo a partir do 1939, na que publicar un libro era dificilísimo, tiñan un espíritu posibilista e escribían onde os chamaban ou lles deixaban», explicaba Valcárcel durante la presentación.

En la publicación pueden encontrarse artículos de temática muy variada, y varios de ellos dedicados a la provincia ourensana, desde la propia capital hasta Oseira o Ribadavia.

Se han editado 1.500 ejemplares y los primeros 150 ya tienen destino. La diputación, según confirmaba ayer su presidente, los entregará a los centros de enseñanzas medias de la provincia -medio centenar- y a las más de noventa bibliotecas públicas abiertas en los distintos concellos ourensanos.

a.p.-c. dijo...

Non sei a quen darlle os parabéns: se a vostede ou a Otero.

Pensándoo ben, e dado que Otero está na ultratumba e seguro que non se entera, pois terá que ser a vostede.

Parabéns, señor Valcárcel.